Caixanova na rúa: malabares con Javi Javichi e Roi Sixto

sábado, 4 xullo 2009, 21:00 | Category : circo, espectáculos
Tags : , ,

javijavichiJavi Javichi, coñecido como El Malabarista de la Pista, é un dos clowns máis polifacéticos do momento. Actor e malabarista, o seu espectáculo é unha mestura de humor e risco mediante o uso de malabares, diábolos, mazas ou pelotas; realiza equilibrios sobre cilindros e fusiona a técnica circense e o humor máis clásico. Con esta divertida produción de rúa, Javi Javichi logra conectar co público de xeito directo, cunha proposta artística fresca e orixinal que convence dende o primeiro momento.

JAVI JAVICHI: domingo 5 de xullo ás 12:30 no Obelisco e ás 17:00 no Paseo Marítimo.

roisixtoNo seu divertido espectáculo Roi Sixto crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden unha infinidade de aparellos cos que facer malabares e espectaculares xogos. A pesar da destreza que demostra, Roi non se deixa vencer polo fácil virtuosismo e combina as súas rutinas con outras técnicas artísticas, coma o clown ou o teatro de rúa. Pelotas, mazas, aros, diábolos e até un monociclo saen da súa maleta nun orixinal número que constata que estamos ante un dos mellores shows unipersoais da escena galega. Roi Sixto é un novo malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están conquistando as prazas e teatros galegos.

ROI SIXTO: domingo 5 de xullo ás 13:30 na Praza de Vigo e ás 18:00 no Paseo Marítimo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: Cat People e Krakovia en concerto na Torre de Hércules

sábado, 4 xullo 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

catpeopleEsta banda viguesa afincada en Barcelona converteuse en habitual na escena alternativa española e europea. A publicación do seu segundo disco en novembro de 2008 levounos a realizar unha xira por Europa, con concertos en países como Francia, Portugal, Alemaña ou a República Checa. Épico e melancólico son os dous primeiros adxectivos que se asocian ao falar de Cat People, unha auténtica referencia na escena indie nacional. De feito, foi portada da revista Mondo Sonoro, o referente máis indiscutible do panorama da música independente.

CAT PEOPLE: sábado 4 de xullo ás 22:30 na Torre de Hércules.

krakoviaKrakovia parece unha banda de rock sacada dunha película de Tarantino: a espectacular cantante e bailarina de burlesque Vinila Von Bismark, o cantante Petra Flurr procedente de grupos de punk underground de Berlín… Contrabaixo, dúas guitarras, moogs, coristas orientales… As cancións, compostas de noite, rodeadas dun ambiente de malicia enormemente sedutora, van dende o punk-rock adrenalínico, contundente de estribillos tan contaxiosos e emocionantes que son case himnos aos medios tempos profundos e escuros. Krakovia son a banda do momento: imaxe poderosa, son estremecedor, cancións perfectas e un directo que é unha experiencia de enerxía perigosa e adictiva.

KRAKOVIA: sábado 4 de xullo ás 24:00 na Torre de Hércules.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: música de todos os tempos ao son da guitarra portuguesa

sábado, 4 xullo 2009, 12:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

cuartetoO Cuarteto de Guitarras de Lisboa é un proxecto novo e ambicioso que naceu en xaneiro de 2006 realizando, dende entón, diversas actuacións por todo o territorio en Portugal e logrando gran aceptación por parte do público. O repertorio que presentan é moi completo, percorrendo varios períodos e estilos da historia da música: de Bach a Tchaikovsky, da música sudamericana á música contemporánea portuguesa. Nas súas actuaciónss versionan aos grandes mestres a través das cordas das súas guitarras. CUARTETO DE GUITARRAS DE LISBOA: sábado 4 de xullo ás 19:00 na Praza de Vigo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra

sábado, 4 xullo 2009, 11:30 | Category : concertos, música
Tags : ,

bandadegaitasA Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra é unha das formacións tradicionais con máis percorrido, non só en Galicia, senón en toda España. O sentimento popular común é o latexo do seu espectáculo: tambores, gaitas… Cun punto de diferenciación, a interacción co público. Non só se limita á interpretación da cultura musical galega máis ancestral, tamén fomenta a participación dos espectadores.

BANDA DE GAITAS DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: sábado 4 de xullo ás 19:00 no Paseo Marítimo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: humor sen palabras co mimo Maku Jarrak

venres, 3 xullo 2009, 20:30 | Category : teatro
Tags : ,

makujarrakMaku Jarrak recorre á linguaxe universal: a xestual ou mímica, que rompe as barreiras lingüísticas, algo que xa fixera no seu momento o xenial Chaplin. Os momentos lúdicos se suceden dinamicamente durante o espectáculo e son parte dun universo cheo de equilibrios, malabares e instantes cómicos e únicos que desencadean un final sorprendente e inesperado. Nos últimos anos estiveron xirando por festivais e prazas de Arxentina, España, Brasil, Venezuela e Bolivia e, ademais, dende o ano 2001 os seus números forman parte do popular CircoVachi. MAKU JARRAK: sábado 4 de xullo ás 12:30 na Praza de Lugo e ás18:00 na Praza de Vigo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: novo circo con Los Chatos

venres, 3 xullo 2009, 20:00 | Category : circo
Tags : ,

loschatosO dúo Los Chatos ofrece un show variado e de gran calidade no que o espectador é transportado a un fascinante mundo sen fronteiras: danza, teatro, acrobacia, lume e maxia mestúranse harmoniosamente creando unha atmosfera onde todo é posible. E sempre, cun mesmo obxectivo: a risa do público. Veñen de presentar o seu espectáculo en diversos festivais e cidades de España, Italia, Suiza, Austria e Alemaña onde recolleron un gran éxito. No ano 2006 resultaron gañadores do Festival degli artisti di strada di Aosta (Italia). En 2007, Los Chatos gañaron o Festival Et Voilà en Castell'Arquato (Italia) e quedaron segundos no Milano Clown Festival (Italia) .

LOS CHATOS: sábado 4 de xullo ás 12:00 no Obelisco e ás 19:30 na Praza de Lugo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: pasacalles pirotécnico con Kull D'Sac

venres, 3 xullo 2009, 13:30 | Category : espectáculos
Tags : ,

kulldsacUnha vez iniciada a noite, coa escuridade como pano de fondo, un pasacalles pirotécnico devolve a luz do día… Un espectáculo cheo de color e orixinalidade no que se usarán diversos elementos de lume como abanos, lanzadeiras e un gran vehículo de 4 metros de altura dende o cal os membros de Kull d'Sac realizarán acrobacias e técnicas circenses. Unha fusión sorprendente de lume e música que percorrerá os espazos urbanos coa pirotecnia e o malabarismo coma protagonistas.

KULL D'SAC: venres 3 de xullo ás 23:30 dende Praza de Mina ata Correos

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: hoxe e mañá, concertos da Mr Dixie

venres, 3 xullo 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

mrdixieUnha banda de jazz do Chicago dos anos 30 e 40. As súas notas evocan as beiras do Mississipi, o son dos metais lembra a xenios como Louis Armstrong, King Oliver ou Jelly Roll Morton. Mr. Dixie é unha banda que parece ter escapado de calquera club da mítica Nova Orleáns. Fundada no ano 1999 polo trompetista Guillermo Lancelotti, Mr. Dixie Jazz Band foi renovando algún dos seus membros, pero nunca deixou de xirar e dar espectáculo.

MR DIXIE:venres 3 de xullo ás 20:00 no Praza de Vigo; sábado 4 de xullo ás 20:00 na Rúa Real.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: pasacalles festivo con Hortzmuga

venres, 3 xullo 2009, 12:00 | Category : espectáculos, teatro
Tags : ,

hortzmugaEste grupo de teatro activo é responsable dun espectáculo dinámico, un pasacalles capaz de chegar a todos los públicos, independentemente da súa idade. Algarada e invasión nun regreso ao carnaval e á bufonería, unha gran festa na rúa onde todo paseante ou espectador é susceptible de converterse en protagonista mediante a mestura de diversas técnicas teatrais. Hortzmuga está máis cerca do activismo cultural que da mera expresión plástica, e une a animación artística coa manifestación social.

HORTZMUGA: venres 3 de xullo ás 18:00 dende o Obelisco ata os Cantóns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: os ritmos de Bollywood chegan ás prazas da Coruña

xoves, 2 xullo 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

bollywoodUnha voda india é unha das festas máis espectaculares ás que se pode asistir, polas súas cores e polo seu son… The Bollywood Brass Band recolle esta tradición e a leva aos escenarios e ás rúas mediante saxofóns, trompetas, trombóns, tubas, bombos e o tambor do Punjab utilizado na música Bhangra. Un espectáculo sen igual, como se pode comprobar no cine procedente de Bollywood ou en películas como A voda do Monzón ou na oscarizada Slumdog Millonaire. Cultura do "Bhangra" e arranxos de metal, con influenzas do jazz e outras músicas do mundo coma o samba, o reggae, o funk ou o jazz. Co seu estilo forte e enérxico son os perfectos animadores para unha gran festa. Non hai máis que asomarse ás salas de baile e concertos londinenses para darse de conta do gran empuxe que teñen os ritmos indios e esta banda é un bo exemplo disto.

THE BOLLYWOOD BRASS BAND: xoves 2 de xullo ás 18:00 dende Praza de Lugo ata Praza de Pontevedra e ás 20:00 na Praza de Vigo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google