Seis meses de música, teatro e danza na Coruña

xoves, 31 decembro 2009, 15:00 | Category : danza, música, teatro
Tags :

Despedimos o ano cun adianto da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2010 que realiza a Concellaría de Cultura coa colaboración de Caixanova. Que teñades unha feliz noitevella e un aínda máis feliz aninovo. Vémonos o ano que vén!

Programación cultural xaneiro-xuño de 2010: descargar PDF (3,6 MB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música con raíces: concerto de Mariem Hassan

luns, 6 abril 2009, 14:00 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá abre ao público a nova Casa das Ciencias

martes, 27 xaneiro 2009, 11:09 | Category : ciencia, museos
Tags : , ,

Mañá mércores 28 de xaneiro ás 12:00 terá lugar o acto de reapertura da Casa das Ciencias, despois dun proceso de remodelación que contou co patrocinio de Caixanova. O planetario incorpora un sistema de proxección dixital que achega unha maior definición e permite empregar imaxes en movemento en toda a cúpula, como poderemos comprobar no novo programa Invasores de Marte. Doce novos módulos de experiencias desenvolvidos polo Exploratorium de San Francisco renovan por completo a primeira planta, mentres que na segunda, a das exposicións temporais, disfrutaremos da exposición Anfibios, a vida entre dous mundos. A reforma da Casa das Ciencias supuxo tamén algúns cambios estruturais de singular importancia, como a creación dun novo ascensor que facilitará o acceso dos discapacitados até o planetario.

Para celebrar a reapertura, desde o mércores 28 até o domingo 1 de febreiro a entrada á Casa das Ciencias será de balde. O horario de funcionamento é de 10:00 a 19:00. Máis información, na web dos museos científicos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google