A Caixiña dos mistos: proxeccións de cinema para os máis pequenos

mércores, 8 setembro 2010, 9:03 | Category : cinema, obradoiros
Tags :

Por segundo ano consecutivo, a Caixiña dos Mistos achegará aos máis novos o cinema, en forma dunha caravana ambulante cunha sala de proxeccións de películas curtas sobre rodas que percorrerá distintos barrios da cidade. Este ano cóntase cunha oferta moi atractiva e variada, na que se inclúen películas de todo o mundo. México, Arxentina, Portugal, Australia, Eslovaquia... son algúns dos países de procedencia destas curtas infantís. Sen esquecer o mellor da produción galega e estatal, con moita presenza tamén neste amplo abano de filmes. Os horarios e lugares previstos son:
Sábado 11
12:00 h. Parque de Oza.
17:00 h. Parque de Pablo Iglesias.
Sábado 18
12:00 h. Xardíns de Méndez Núñez.
17:00 h. Campo de Marte.
Sábado 25
12:00 h. Praza das Conchiñas.
17:00 h. Praza Elíptica (Os Rosales).

Como novidade deste ano, os nenos e nenas de máis de sete anos poderán facer unha curta, nun obradoiro de animación con plastilina seguindo a técnica de stop-motion a través do cal farán o guión, o deseño de personaxes e a modelación, fotograma a fotograma, dunha pequenísima curta de animación, que cada participante poderá levar logo para a súa casa. O resultado será unha curta que se estreará pola tarde na Caixa de Mistos.
As inscricións previas realizaranse nestes lugares e horarios:
Sábado 11. De 10:00 a 14:00 h. na Biblioteca do Castrillón. Inscrición na Biblioteca.
Sábado 18. De 10:00 a 14:00 h. na Asociación de Veciños de Monte Alto (no Campo de Marte). Inscrición na Biblioteca de Monte Alto.
Sábado 25. De 10:00 a 14:00 h. na Biblioteca dos Rosales. Inscrición na Biblioteca.

Todas as actividades son de balde. Aquí se pode descargar o dossier da Caixiña dos Mistos co programa completo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continúan as proxeccións de cinema na rúa

venres, 18 setembro 2009, 11:00 | Category : cinema
Tags : ,

Festival de curtas: OfestivalON five. Venres 18 ás 22:30 na Praza de Azcárraga. Entrada libre. Programa: 0’8 milígramos (Imanol Ruíz de Lara), Continuará (Esther Fernández Carrodeaguas), Túneles en el río (Igor Galuk), On/Off (Avgousta Zourelidi), Runners (Marc Reixach), On the line (Jon Garaño), Pode ser (Carlos Seijo), Marruecos, un viaje de colores (Álvaro Sanz Alonso).

Cine para nenos nos barrios: a caixiña dos mistos
Sábado 19 no Campo da Leña (Praza de España) de 11:30 a 14:00 e no Campo de Marte de 16:30 a 20:00. Máis información na web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema na rúa para pequenos e grandes

venres, 11 setembro 2009, 9:40 | Category : cinema
Tags : ,

Festival de curtas: OfestivalON five.
Venres 11 ás 22:30 na Praza de Azcárraga. Entrada libre. Programa:
The Werepig (Sam Orti Marti)
Niño balcón (Pilar Palomero)
Tan preto e tan lonxe (Isabel Rey Fernández)
Socarrat (David Moreno)
En la otra camilla (Luis Melgar)
In the name of God (Julia Geker)
El Encargado (Sergio Barrejón)
Campás (Jairo Iglesias).

Cine para nenos nos barrios: a caixiña dos mistos
Sábado 12 na Praza Elíptica dos Rosales. Máis información na web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema, música e maxia para a fin de semana

FESTIVAL DE CURTAS OfestivalON five:
Programa do Venres 4: “Pánico a una muerte ridícula” (Rubin Stein), “No corras tanto” (César Díaz Meléndrez), “Ferro ardendo” (Miguel García Fernández), “C’est la vie” (Young gyu Lee), “Cores” (Jairo Iglesias), “Mariñeiros” (Óscar Rabuñal), “La Sortie” (Jesús Domínguez), “O raio transparente” (Pancho Lapeña). A partir das 22:30 na Praza de Azcárraga con entrada libre.

CINEMA PARA NENOS NOS BARRIOS: A CAIXIÑA DOS MISTOS
Na Praza das Conchiñas, con entrada libre, de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.

III FESTIVAL INTERNACIONAL MAXIA DE RÚA
Sábado 5: Actuacións dos magos “Malo, el malísimo” e Kayto na Praza de Vigo (12:30) e na Praza Salvador de Madariaga (18:00).
Domingo 6: actuacións dos magos “Malo, el malísimo” e Kayto en Novo Mesoiro (12:30) e Obelisco (18:00).

MESOIRO ROCK & FOLK
Venres 4: concertos de MIGUEL COSTAS, SEISSENSEIS, TST, DJ TRAPE, ARTE EN TINTA, DJ Héctor Morán e DJ Pablo Ferreiro. Exhibición de graffiti por AISER. Organiza A.VV. Novo Mesoiro. A partir das 20:30 con entrada libre.
Sábado 5: actuacións de RIFF RAFF, JACOBO PAZ & DOS MUNDOS, TONHITO DE POI (con RASA LOBA), ALANN-BIQUE e MUXAREGA. Organiza A.VV. Novo Mesoiro. A partir das 20:30 con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Caixiña dos Mistos, cinema para nenos nas prazas da Coruña

luns, 31 agosto 2009, 14:00 | Category : audiovisual, cinema, infantil
Tags :

a-caixina-dos-mistos

‘A Caixiña dos Mistos’ achegará aos máis novos da casa ao mundo dos contos e a fantasía durante o mes de setembro. A Caixa dos Mistos é unha sala de proxección sobre rodas que percorre os barrios e vilas galegas. Unha caravana ambulante máxica que leva ao público infantil aos mundos de conto e fantasía a través dunha oferta de contidos audiovisuais de curta duración. Os máis novos da casa son os verdadeiros protagonistas desta actividade interactiva, pois da súa idade e das súas preferencias depende a elección das películas a proxectar. Ademais, á saída son os encargados de votar ás súas pezas favoritas, así como participar en distintas actividades de entretenemento mentres esperan para entrar. Así, esta especial caravana percorrerá os distintos barrios da cidade durante o mes de setembro en horario de 11.30 a 14.00 horas e 16.30 a 20.00 horas:

Dia 5 de setembro- Praza das Conchiñas
Día 12 de setembro- Praza Elíptica de Os Rosales
Día 19 de setembro- Campo da Leña
Día 26 de setembro- Praza Salvador de Madariaga

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google