Fórum Metropolitano: “Memoria das Memorias dun neno labrego”, espectáculo de Cándido Pazó

Sábado Memoria das Memorias dun neno labrego15
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).

Na conmemoración do 50 aniversario da primeira edición das "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas, Cándido Pazó ofrece este emotivo espectáculo no que combina a súa experiencia como autor, actor e director coa súa coñecida traxectoria como contador de historias, apoiado por un coidado traballo de videocreación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monólogos no Fórum: Cándido Pazó

luns, 20 setembro 2010, 11:42 | Category : espectáculos, humor
Tags : ,

Martes2010 09 Monólogos no fórum 21
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (4 euros para persoas maiores de 65 anos, desempregados ou con carné xove).

O auditorio do Fórum Metropolitano transfórmase nun café teatro para acoller os monólogos dos mellores humoristas, logrando unha ruptura do espazo escénico que permitirá obter un ambiente máis relaxado e cercano entre o público e o monologuista. Este martes contaremos coa actuación de Cándido Pazó. Organizado pola Asociación Cultural A Bufarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro e danza esta fin de semana no Rosalía

venres, 26 febreiro 2010, 17:00 | Category : danza, teatro
Tags : , , ,

Tres_8Bn

Pisando ovos é unha compañía de danza contemporánea liderada pola coreógrafa Ruth Balbís que se caracteriza por centrar os seus espectáculos en elementos que definen e condicionan a vida das persoas, procurando novos e persoais rexistros que van dende os movementos máis radicais aos máis minimalistas. Chegan mañá 27 de febreiro ao Rosalía coa súa última produción, Tres, na que amosan os encontros e desencontros de tres mulleres condicionadas pola súa sexualidade. Encontros que se definen entre o individual e o común, a fantasía e as obsesións, o mimetismo dos corpos, e todo iso nun mundo novo no que se redescobren as tres nelas mesmas. Nesta montaxe estarán con Ruth Balbís as bailarinas Janet Novás e Andrea Quintana. A función comezará ás 21 horas no Rosalía. O prezo das entradas é de 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €).

APiraguaWeb

Tres años despois da súa estrea, o director, equipo artístico e reparto que participou na montaxe que o Centro Dramático Galego fixo de A piragua de Cándido Pazó, volven reunirse para dar vida a esta historia que aborda o tema da violencia de xénero. A peza levou catro premios María Casares en 2007 (mellor texto orixinal, mellor actriz protagonista, mellor iluminación e mellor música orixinal), e conta coas actuacións de Xosé Manuel Olveira “Pico”, Susana Dans, Marcos Orsi, Iolanda Muíños, César Martínez “Goldi”, Ricardo de Barreiro e Mariam Bañobre. Dirixe Cándido Pazó. A función será o domingo 28 de febreiro ás 19:00. O prezo das entradas é de 9 € (usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monólogos de Carlos Blanco, Avelino González e Cándido Pazó no Fórum Metropolitano

martes, 4 agosto 2009, 14:00 | Category : teatro
Tags : , , ,

Hoxe, mañá e pasadomañá no Fórum Metropolitano teremos ocasión de escoitar a tres grandes monologuitas galegos: Carlos Blanco, Avelino González e Cándido Pazó. As súas actuacións terán lugar os tres días a partir das 21 horas, e a entrada é de balde. Detallamos a seguir o programa desta actividade:

carlosblancoMartes 4 de agosto: CARLOS BLANCO
Autor, director, actor, monologuista, conta cunha ampla traxectoria teatral e é un dos actores galegos máis coñecidos. Como actor foi durante 3 anos parte do elenco Mareas vivas e participou en longametraxes como O lápis do carpinteiro e O alquimista impaciente. Como autor conta con varios guións escritos para Mareas vivas. Como monologuista destacamos que foi finalista do concurso El club de la comedia 2003 co monólogo titulado Guirilandia.

avelinoMércores 5 de agosto: AVELINO GONZÁLEZ
Actor, director e autor teatral comezou a súa carreira na compañía A Farándula (Vigo) ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro e Ollomol Tranvía é un home consolidado no noso panorama escénico. Participou en varias películas e conta con numerosas intervencións en series e programas de televisión. No seu repertorio como contador atoparemos historias verdadeiras e falsas, oídas e inventadas, tenras, graciosas, picantes, subversivas...

candidoXoves 6 de agosto: CÁNDIDO PAZÓ
Autor teatral, guionista de televisión e director de escea con numerosos espectáculos estreados, entre os que destacan: O Merlo branco (Premio Xeración Nós, 1989), Ñiqui-Ñaque (Premio Max ao Mellor Texto Galego, 2002), ou Bicos con lingua (Premio María Casares, 2004). É un dos referentes da nosa cultura, tanto como contador como autor teatral.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google