Teatro Rosalía: “Ordem e Progresso”, con Carlos Blanco e Sérgio Tannus Trio

Sábado Ordem e Progresso11
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 7 e 10 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: -20 %).

A frase Ordem e Progresso aparece na bandeira do Brasil. Ordem e Progresso: algo absurdo nun país aparentemente feliz, e caótico? Ordem e Progresso: unha mirada ao novo mundo, a ese Brasil recoñecible ... e non. O humor de Carlos Blanco chega con ritmo de pandeiro e de cavaquinho, e o fútbol, e o sexo, e as risas, acompañado por Sérgio Tannus Trío (Sérgio Tannus, Sérgio Sales e Paulo Silva).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monólogos no Fórum: Carlos Blanco

mércores, 22 setembro 2010, 11:07 | Category : espectáculos, humor
Tags : ,

Xoves2010 09 Monólogos no fórum 23
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (4 euros para persoas maiores de 65 anos, desempregados ou con carné xove).

O auditorio do Fórum Metropolitano transfórmase nun café teatro para acoller os monólogos dos mellores humoristas, logrando unha ruptura do espazo escénico que permitirá obter un ambiente máis relaxado e cercano entre o público e o monologuista. Este xoves contaremos coa actuación de Carlos Blanco. Organizado pola Asociación Cultural A Bufarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2010: Carlos Blanco presenta o espectáculo

venres, 22 xaneiro 2010, 10:00 | Category : teatro
Tags : ,

socarlosblanco

Dentro da programación do festival Iberojazz esta fin de semana poderemos disfrutar do espectáculo de Carlos Blanco no Fórum Metropolitano de A Coruña. As dúas funcións programadas son o sábado 23 de xaneiro, ás 20:30, e o domingo 24 de xaneiro, ás 19:00. O prezo das entradas é de 7 euros (5 euros as entradas de prezo reducido).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monólogos de Carlos Blanco, Avelino González e Cándido Pazó no Fórum Metropolitano

martes, 4 agosto 2009, 14:00 | Category : teatro
Tags : , , ,

Hoxe, mañá e pasadomañá no Fórum Metropolitano teremos ocasión de escoitar a tres grandes monologuitas galegos: Carlos Blanco, Avelino González e Cándido Pazó. As súas actuacións terán lugar os tres días a partir das 21 horas, e a entrada é de balde. Detallamos a seguir o programa desta actividade:

carlosblancoMartes 4 de agosto: CARLOS BLANCO
Autor, director, actor, monologuista, conta cunha ampla traxectoria teatral e é un dos actores galegos máis coñecidos. Como actor foi durante 3 anos parte do elenco Mareas vivas e participou en longametraxes como O lápis do carpinteiro e O alquimista impaciente. Como autor conta con varios guións escritos para Mareas vivas. Como monologuista destacamos que foi finalista do concurso El club de la comedia 2003 co monólogo titulado Guirilandia.

avelinoMércores 5 de agosto: AVELINO GONZÁLEZ
Actor, director e autor teatral comezou a súa carreira na compañía A Farándula (Vigo) ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro e Ollomol Tranvía é un home consolidado no noso panorama escénico. Participou en varias películas e conta con numerosas intervencións en series e programas de televisión. No seu repertorio como contador atoparemos historias verdadeiras e falsas, oídas e inventadas, tenras, graciosas, picantes, subversivas...

candidoXoves 6 de agosto: CÁNDIDO PAZÓ
Autor teatral, guionista de televisión e director de escea con numerosos espectáculos estreados, entre os que destacan: O Merlo branco (Premio Xeración Nós, 1989), Ñiqui-Ñaque (Premio Max ao Mellor Texto Galego, 2002), ou Bicos con lingua (Premio María Casares, 2004). É un dos referentes da nosa cultura, tanto como contador como autor teatral.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google