Carteleira de cinema no Fórum
"Japón",
de
Carlos Reygadas (España-México, 2003, 135 minutos, V. O. en castelán), dentro do ciclo Cine e Natureza. Un home (Alejandro Ferretis) abandona a Cidade de México para irse ao campo a preparar a súa morte. Alí alóxase cunha vella viúva india na súa deteriorada casa con vistas a un abatido canón. Fronte á potencia da natureza que o rodea e a infinita humanidade da muller, os adormentados sentidos do home emerxen de novo, espertando o seu desexo pola vida. Proxeccións: xoves 25 ás 20:15; venres 26 ás 20:15 e 22:45; sábado 27 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 €). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 €.
"The shadow of the vampire", de E. Elias Merhige (Reino Unido, 1999, 93 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo Terror e ciencia ficción. 1921. F. W. Murnau está rodando "Nosferatu" na Europa do Leste. O director está decidido a facer a película máis auténtica xamais vista. Para este fin Murnau contratou a un vampiro auténtico. Proxeccións: xoves 25 ás 20:30; venres 26 ás 20:30 e 23:00; sábado 27 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 €). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:30 e a do sábado ás 17:30, 1,50 €.














