No día de onte foi inaugurado o proxecto co que se completa a musealización da Casa Museo Casares Quiroga coincidindo coa celebración do Día da II República. No ano 2007 inaugurouse a Casa Museo Casares Quiroga deixando unha parte das estancias valeiras, sin contido museográfico, co obxetivo de resaltar o expolio que sufriu a familia Casares Quiroga co levantamento militar do 36. Co este obxetivo xa cumplido, decidiuse no 2009 completar a musealización desta casa que supón unha homenaxe aos valores republicanos. O proxecto de musealización actual é elaborado polo historiador Emilio Grandío quen centrou a musealización e dous aspectos fundamentais. Por unha banda a distribución temática que presenta a Casa Museo Casares Quiroga como un referente no contexto do Estado no referente aos Museos vencellados ao republicanismo, especialmente ao periodo da II República –só comparable á Casa Museo de Niceto Alcalá Zamora en Priego de Córdoba-. E por outra, realiza unha nova formulación do discurso permitindo ao visitante facer a súa propia interpretación dos textos. Así en cada habitación atopamos textos explicativos sobre a estancia en cuestión e o que nos quere trasmitir pero tamén frases textuais sen comentario para que cada persona atope o seu propio significado. Con este novo proxecto de musealización dotouse de contido ás dúas primeiras plantas:
* Primeira: adicada ó periodo da Segunda República, integrada por varias salas temáticas –a proclamación do novo réxime, política, cultura, ensino, traballo e vida cotidiana, ademais dun espazo para a cronoloxía dos cinco anos en España e Galiza
* Segunda: adicada a Casares Quiroga e a súa familia tamén integrada por varios espazos –o espolio, a persoa de Casares Quiroga e a súa familia –cunha sala especial adicada a súa filla Ester Casares, retida ata o ano 1955 na Coruña-, ; e o seu proxecto político: a ORGA-IR. Tamén eiquí nesta segunda planta hai un espazo para seguir a traxectoria cronolóxica do protagonista desta Casa Museo.
A vontade do proxecto desta fase de musealización é a de que cada quén se constrúa o seu propio discurso sobre a figura e a época representada a partir da interrelación de varios elementos que interveñen na definición museística como son as fotografías da época, videos con testemuñas directas como a realizada a sua neta Esther Varela Casares polo Proxecto Voces e Nomes-, sons, materiais da época e textos –breves presentacións das salas e no interior frases textuais da época para contextulizar os espazos.