Viñetas desde o Atlántico: exposicións na Casa da Cultura Salvador de Madariaga
Do
8 de agosto ao 4 de setembro
De luns a domingo, de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 22:00 h.
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10).
Entrada libre.
Exposicións do "VI Premio Castelao de Cómic: Brais Rodríguez" e do "VII Premio Castelao de Cómic: Iván Suárez e Ignacio Vilariño". Máis información aquí.
Casa da Cultura Salvador de Madariaga: exposición “Series nocturnas”, de Borja Mucientes
Do
martes 28 de xuño ao domingo 31 de xullo
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.
Exposición "Series nocturnas", de Borja Mucientes, dividida en dúas partes, separadas polos dous pisos da Casa da Cultura Salvador de Madariaga. "Espazos" estará na primeira planta e mostra 19 imaxes urbanas e nocturnas. "Túneles", a segunda parte da exposición, compóñena 18 fotografías, tamén tomadas de noite, que se colocarán na planta baixa do edificio. Borja Mucientes, nado en 1980, é un dos creadores galegos con máis proxección internacional. Na actualidade está instalado en Londres e traballa tanto no campo da fotografía coma no do cine, sempre con profundidade semántica e unha estética moi persoal.
Hoxe, recital de Ana Romaní e Carlos Marzal no Ciclo Poetas Di(n)versos
Luns
23
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
O Ciclo Poetas Di(n)versos, baixo a dirección de Yolanda Castaño, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña interrompe a súa actividade durante os meses estivais celebrando este luns 23 de maio o último dos seus recitais poéticos, dirixido a todos aqueles que queiran achegarse a escoitar poesía galega e non galega de balde. O broche de ouro desta programación poética mensual estable poñerano dous poetas nacidos nos primeiros anos 60:
- Ana Romaní naceu en Noia en 1962. Escritora e xornalista, dende 1990 dirixe o programa "Diario Cultural" da Radio Galega, unha completa e puntual axenda cultural diaria con máis de 20 anos de traxectoria, recoñecido xa con diversos galardóns. É autora dos poemarios "Palabra de Mar" (1987), "Das últimas mareas" (1994), "Arden" (1998), "Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música" (2005) e o aínda recente "Estremas" (2010), co que conseguiu o Premio AELG 2011 de poesía. A súa obra está ademais recollida en diversos libros colectivos e antoloxías. Creou e participou en distintos proxectos artísticos interdisciplinares, entre eles "Son Delas" coordinado por Uxía Senlle, "O outro extremo do paraíso" e "Lob*s" (1998) con Antón Lopo, "Estalactitas" (2002) con Anxos Romeo e Lupe Gómez, "Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade" (2002) en solitario, e "A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos" (2003) con Anxo Quintela. Todos eles supoñían novas maneiras de achegar a palabra ao público a través da música ou da escena. Realizou a "Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos" (2003). Ademais, cooordina e promove o volume de relatos "Narradio. 56 historias no ar" (2003) do "Diario Cultural" da Radio Galega e o "Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego dende o ano 2006.
- Carlos Marzal naceu en 1961 en Valencia e licenciouse en Filoloxía Hispánica –sección de Literatura- pola universidade da mesma cidade. Ademais de poeta é narrador, ensaísta e tradutor. O seu primeiro libro de poemas foi "El último de la fiesta" (1987), logo virían "La vida de frontera" (1991) e "Los países nocturnos" (1996). A consagración chegaría da man de "Metales pesados" (2001) –Premio da Crítica Española e Premio Nacional de Poesía- seguidos máis tarde por "Fuera de mí" (2004) –galardoado co Premio Loewe de Poesía- e "Ánima mía" (2009). "El corazón perplejo" reunira a súa poesía en 2005. Do mesmo xeito, en 2002 e 2003 editáronse dúas antoloxías da súa obra poética: "Poesía a contratiempo (Poéticas y prosas)" e "Sin porqué ni a dónde". Coa súa primeira novela, "Los reinos de la casualidad" (2005) obtivo o Premio da Crítica Valenciana, o pasado ano publicou tamén un libro de relatos: "Los pobres desgraciados hijos de perra", e proximamente verá a luz un volume de aforismos, "La arquitectura del aire". Ademais, é autor de dous libros de ensaio, "El cuaderno del polizón (Apuntes sobre arte)" (2007) e "Los otros de uno mismo" (2009). Conta tamén cunha traxectoria como tradutor de autores de lingua catalá, tales como Enric Sòria, Pere Rovira, Miquel de Palol, Joan Vinyoli ou Màrius Torres, para varias editoriais de prestixio. Foi co-director da revista de literatura e touros "Quites" durante a súa primeira década de existencia, e hoxe é colaborador habitual de revistas literarias tanto como columnista ou crítico literario en diarios como ABC, Levante ou El Mundo.
Dende que botara a andar en outono de 2009, este ciclo achegou ao público coruñés e galego un total de 26 dos máis salientables poetas nas 5 literaturas da Península: castelán, catalán, éuscaro, galego e portugués. Os actos, que sempre superaron o centenar de asistentes, significaron un xeito directo de achegar a escrita contemporánea máis diversa e de calidade a un constatable público interesado na poesía. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa Poetas Di(n)versos maio 2011.
Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Ana Romaní e Carlos Marzal
Luns
23
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
O Ciclo Poetas Di(n)versos, baixo a dirección de Yolanda Castaño, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña interrompe a súa actividade durante os meses estivais celebrando este luns 23 de maio o último dos seus recitais poéticos, dirixido a todos aqueles que queiran achegarse a escoitar poesía galega e non galega de balde. O broche de ouro desta programación poética mensual estable poñerano dous poetas nacidos nos primeiros anos 60:
- Ana Romaní naceu en Noia en 1962. Escritora e xornalista, dende 1990 dirixe o programa "Diario Cultural" da Radio Galega, unha completa e puntual axenda cultural diaria con máis de 20 anos de traxectoria, recoñecido xa con diversos galardóns. É autora dos poemarios "Palabra de Mar" (1987), "Das últimas mareas" (1994), "Arden" (1998), "Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música" (2005) e o aínda recente "Estremas" (2010), co que conseguiu o Premio AELG 2011 de poesía. A súa obra está ademais recollida en diversos libros colectivos e antoloxías. Creou e participou en distintos proxectos artísticos interdisciplinares, entre eles "Son Delas" coordinado por Uxía Senlle, "O outro extremo do paraíso" e "Lob*s" (1998) con Antón Lopo, "Estalactitas" (2002) con Anxos Romeo e Lupe Gómez, "Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade" (2002) en solitario, e "A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos" (2003) con Anxo Quintela. Todos eles supoñían novas maneiras de achegar a palabra ao público a través da música ou da escena. Realizou a "Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos" (2003). Ademais, cooordina e promove o volume de relatos "Narradio. 56 historias no ar" (2003) do "Diario Cultural" da Radio Galega e o "Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego dende o ano 2006.
- Carlos Marzal naceu en 1961 en Valencia e licenciouse en Filoloxía Hispánica –sección de Literatura- pola universidade da mesma cidade. Ademais de poeta é narrador, ensaísta e tradutor. O seu primeiro libro de poemas foi "El último de la fiesta" (1987), logo virían "La vida de frontera" (1991) e "Los países nocturnos" (1996). A consagración chegaría da man de "Metales pesados" (2001) –Premio da Crítica Española e Premio Nacional de Poesía- seguidos máis tarde por "Fuera de mí" (2004) –galardoado co Premio Loewe de Poesía- e "Ánima mía" (2009). "El corazón perplejo" reunira a súa poesía en 2005. Do mesmo xeito, en 2002 e 2003 editáronse dúas antoloxías da súa obra poética: "Poesía a contratiempo (Poéticas y prosas)" e "Sin porqué ni a dónde". Coa súa primeira novela, "Los reinos de la casualidad" (2005) obtivo o Premio da Crítica Valenciana, o pasado ano publicou tamén un libro de relatos: "Los pobres desgraciados hijos de perra", e proximamente verá a luz un volume de aforismos, "La arquitectura del aire". Ademais, é autor de dous libros de ensaio, "El cuaderno del polizón (Apuntes sobre arte)" (2007) e "Los otros de uno mismo" (2009). Conta tamén cunha traxectoria como tradutor de autores de lingua catalá, tales como Enric Sòria, Pere Rovira, Miquel de Palol, Joan Vinyoli ou Màrius Torres, para varias editoriais de prestixio. Foi co-director da revista de literatura e touros "Quites" durante a súa primeira década de existencia, e hoxe é colaborador habitual de revistas literarias tanto como columnista ou crítico literario en diarios como ABC, Levante ou El Mundo.
Dende que botara a andar en outono de 2009, este ciclo achegou ao público coruñés e galego un total de 26 dos máis salientables poetas nas 5 literaturas da Península: castelán, catalán, éuscaro, galego e portugués. Os actos, que sempre superaron o centenar de asistentes, significaron un xeito directo de achegar a escrita contemporánea máis diversa e de calidade a un constatable público interesado na poesía. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa Poetas Di(n)versos maio 2011.
“Baixo as estrelas”, o sábado 14 de maio, Día Internacional dos Museos
O
sábado 14 de maio celebraremos BAIXO AS ESTRELAS o Día Internacional dos Museos: un día de festa cun amplo conxunto de actividades: teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas... Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Este é o programa previsto: BAIXO AS ESTRELAS 14 DE MAIO 2011:
* BRANCAS: ITINERARIO ESCÉNICO URBANO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS:
Un equipo multidisciplinar de profesionais da danza, do mimo, da performance, do teatro, do cabaré ou do teatro de rúa crearán un espazo imaxinario en branco no medio da cidade que irá percorrendo diferentes prazas e Casas Museo. Formarán o elenco Bea Bravo, Cristina Casas Pou, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Inés Barcia, Iván Villar, María Polo, María Manero, Uxía Vázquez ou Yolanda Paz, de compañías como Femme Fatale, Contra2, A Pie Alzado, entre outras, nunha proposta coordenada por Nélson Quinteiro:
- 18:00 h. Xardíns de Méndez Núñez (25 minutos).
- 19:00 h. Praza de Pontevedra (25 minutos).
- 20:00 h. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (25 minutos).
- 21:00 h. Casa Museo María Pita (25 minutos).
- 22:00 h. Casa Museo Casares Quiroga (25 minutos).
* UN ENCONTRO ESPECIAL COAS PERSONAXES DAS CASAS-MUSEO:
Visitas dramatizadas ás catro Casas Museo realizadas por Crearte Servizos Culturais:
- CASA MUSEO PICASSO:
18:00 h. "María Picasso fai memoria". A nai de Picasso, Dona María, simpática andaluza, lévanos de viaxe ao tempo no que a familia vivía na cidade e cóntanos as aventuras do seu fillo. Familias e público xeral.
- CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN:
18:00 h. "Dona Emilia é moita Emilia". Dramatización lúdica sobre a escritora. A Sra. Condesa convídanos a particiar da súa paixón polos contos na súa ilustre casa.
"Esa chapa é moita chapa"... Obradoiro de chapas durante toda a xornada dos museos.
20:45- 21:00 h. Audiovisual "Autobiografía" de Ana Domínguez. A proxección será en bucle durante toda a xornada.
21:00-21:50 h. Obradoiro de Tammorriata, baile tradicional do sur de Italia (Rexión de Campania). Irene Gonzalez.
22:00-22:30 h. "Cidades de Vento e de Mar". Ruta temática sobre Xénova e A Coruña a través das imaxes, da literatura e da música. Irene Gonzalez y Rellero e Nadia Pilsinelli.
- CASA MUSEO MARÍA PITA:
18:00 h. "Coñece a María Pita e axúdaa a vencer ao alférez abandeirado!". María Pita, aguerrida coruñesa, amósanos a súa casa e convídanos a participar na emocionante persecución e loita contra os ingleses. (Familias e público xeral).
- CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
19:30 h. "I Encontro de personaxes históricos da Coruña". María Picasso, María Pita e Dona Emilia viaxan no tempo para acudir ao convite de Casares Quiroga na súa casa. Cada un trae consigo a súa memoria da cidade e todos comparten co público divertidas vivencias. Todos os públicos.
* MÚSICA:
- 19:00 h. Concerto do grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez (Diante do Kiosco).
- 23:00 h. Concerto de Melanie Marañón e Amaia Garrido (Conservatorio Superior de Música): "Dúos do repertorio de violoncello dos séculos XVIII, XIX e XX)". No xardín da Casa Museo Casares Quiroga.
* TEATRO:
- 19:00 h. Número de clown "Total training chair", de Marta Iglesias Martín. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- 19:30 h. Extracto da obra "In-comunicando", da Compañía Mequetrefes: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui. Na Casa Emilia Pardo Bazán (20 minutos).
- 21:00 h. Fragmento de "A noite vai como un río", de Álvaro Cunqueiro, pola Aula de Teatro do Forum Metropolitano. Casa Museo Casares Quiroga.
- 22:45 h. Número de clown "Desclowntrol", de Mónica Suárez e Marta Iglesias. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
* CINEMA (en colaboración co CGAI):
De 22:00 a 24:00 h. "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero" (Ramón Sáiz de la Hoya, 1965). Diante do Kiosco Alfonso.
* DANZA:
- "Fragmentos", unha obra composta por diferentes pezas coreográficas. Centro Coreográfico Galego. Diante do Kiosco Alfonso ás 20:00 h. (30 minutos).
- "Trop...PeZ...eime". Performance Danza-Teatro. Lía Pichel Garrido. Ás 23:00 h. na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- "Eu=x + (o resto)". Danza Contemporánea. Compañía Ciacisma Danza: Isabel Sánchez e Fiona B. McCuden. Ás 23:30 h. na Casa Emilia Pardo Bazán. (10 minutos).
* SALAS DE EXPOSICIÓNS:
- Kiosko Alfonso: "Quintana Martelo, escultor e pintor". Un dos nosos autores máis profundos cunha linguaxe moi persoal e moderno. Visita guiada por Tonecho Otero ás 18:00 h.
- Sala de exposicións do Concello: "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna" (Homenaxe a Lois Pereiro). Visita guiada por Xurxo Taxes ás 19:00 h.
- Casa da Cultura Salvador de Madariaga: "Elos". As visións fotográficas de Paula Gómez del Valle, fusiónanse con textos de distintos autores. Ven ler con nós ás 22:00 h. Lectura poética "Poesía e Nocturnidade".
- Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio): exposición "Action/Reaction: O Universo Creativo de David Lynch".
* VISITAS GUIADAS A OUTROS ESPAZOS:
- Casa do Concello / María Pita: Visitas guiadas á Pinacoteca e ao Museo dos Reloxos. Ás 20:00 e as 22:00 h.
- Teatro Rosalía de Castro: Ven coñecer o teatro por dentro: visita guiada ás 23:00 h.
- Museo Arqueolóxico de San Antón. Visita guiada ás 22:00 h.
- Torre de Hércules: entrada de balde a partires das 18:00 h.
- Museos Científicos Coruñeses: o Aquarium abrirá o día 14 até as 24:00 h. A entrada é de balde desde ás 18:00 h. Exposición "World Press Photo 2011".
* OBRADOIROS NA RÚA:
- Obradoiro de caligrafía artística, pola Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Na Praza das Bárbaras de 18:00 a 19:00 h.
- Encaixas: Artefacto plástico. Obradoiro didáctico para nenos e nenas de 1 a 10 anos nun espazo artístico e dinámico. Diante do Kiosco Alfonso. Unha proposta de Aula de Ideas desenvolvida por Anxela Caramés, Eva Alfonso e Adriana Pazos.
* MUSEO DE BELAS ARTES (Rúa Zalaeta, s/n). Aberto até as 23:30 h.
- Visita guiada ao Museo "O Museo en torno á memoria". Ás 20:30 h.
- Concerto de jazz de Quinito Mourelle-Roberto Somoza Dúo. De 21:30 a 22:30 h.
- Visita guiada "O que contan os cadros". Ás 22:30 h.
* FUNDACIÓN BARRIÉ (Cantón Grande). Aberto até as 02:00 h.:
- "A Cultura está máis cerca do que cres" é o lema baixo o cal a Fundación Barrié se suma o sábado 14 de maio á celebración da Noite dos Museos 2011 coa apertura especial do seu vestíbulo, no que amosará en imaxes a historia das exposicións da Fundación desde 2005 até a actualidade, para facer memoria e recordar as exposicións máis destacadas nas sedes da Coruña e Vigo, sobre arquitectura, deseño, fotografía e patrimonio. Ademais, a Fundación instalará un gran painel no que o público poderá deixar as súas mensaxe de apoio á cultura e a cambio levarse unha chapa commemorativa da celebración.
* FUNDACIÓN LUÍS SEOANE (Rúa San Francisco, s/n):
- Exposicións "Cabanas para pensar" e "Arquitectura escrita".
- Obradoiro para rapaces e rapazas sobre a figura de Luís Seoane: "Un edificio, un mar, un artista" (para maiores de 4 anos) ás 19:00 h.
* MACUF Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (Avenida de Arteixo, 171):
- Presentación da actividade "Académicos sen barba". A partir das 22:00 h. Nenos e nenas de 7 a 10 anos de idade descobren a Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa aos nosos visitantes, a través de comentarios gravados en dispositivos portátiles de vídeo.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias", de Eugènia Balcells, de Eugenia Ballcels.
* Sede Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24). Aberta até as 22:00h.:
- "Descubrindo outras culturas a través da arte". Obradoiros para rapaces e rapazas. Das 11:00 ás 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
- Exposición "Amelia Pérez, unha mirada retrospectiva".
* GALERÍAS DE ARTE. Anímate a visitar as súas exposicións:
- Galería 981 Style: "Pintura en directo" (Óscar Cabana). "Fotografía e retoque en directo" (Pablo Mella). "Proxección dun filme sobre arquitectura". (As actividades comezan a partir das 21:30 h.). Rúa Marqués de Pontejos 7. 981style at 981style.com
- Galería 9THE13: Inauguración ás 18:00 h. da exposición "Prometeo y la caja de Pandora", de Yolanda Relinque. Rúa Tabernas, 9-baixo. 9the13 at 9the13.com
- Galería A botica das artes: Horario ininterrompido de 11:00 a 24:00 h. "Exposición de pintura e escultura de Guada". Obradoiros para todo tipo de público a partir de 6 anos: "Actividade de pintado e esmaltado sobre pezas de cerámica" polo Obradoiro Androx de Tomiño (artistas: Patricia Cardoso e María Teresa Iglesias) de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. "Obradoiro de pintura pola artista Guada": realización dunha obra en acrílico de 18:00 a 20:00 h. Obradoiro de arte realizado por Emilio Celeiro de 20:00 a 21:30 h. Actuación de Xurxo Mares ás 21:00. Avenida da Pasaxe, Estrada do Burgo 37 - Parking privado Farmacia Rilo. info at boticaarte.com
- Galería Alen Klass (aberta até ás 23:00 h.): "Exposición da artista Serra Sanabra". "Obradoiro en directo de creación artística" a cargo de dous pintores. (Para todos os públicos. De 18:00 a 21:00). Realización do mural de creación libre "Pezas da Memoria" entre todos os visitantes da galería. De 18:00 a 23:00. Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9 – Zona Santa Margarida. Alenklass at yahoo.es
- Galería Ana Vilaseco (aberta até ás 22:00 h): Exposición "Frame", de Nico Munuera. "Obradoiro para nenos e nenas" ás 18:00 h. Rúa Padre Feijoó, 5 1ª. galeria at anavilaseco.com
- Galería ARGA: "Exposición Colectiva de ARGA" e "Mural colectivo" realizado coa participación dos visitantes. Horario especial de 10:00 a 13:30 h. e 17:30 a 24:00 horas. Rúa Real 34. Primeira Planta.
- Galería Arte-Imagen: Exposición "Músicos y vida cotidiana", de Juan Galdo. Rúa Ramón y Cajal, 5 baixo. Arimagen at ozu.es
- Galería Atlántica Centro de Arte: Aberta até ás 22:00 h. Rúa Federico Tapia 15 – baixo. Atlantica at atlantica-arte.com
- Galería de Arte COLECCIONan: Inauguración ás 21:00 h da mostra colectiva de 15 artistas que leva por título "De libros y de artistas". Travesía do Orzán, s/n. coleccionan at gmail.com
- Galería de Arte Julia Ares: "Exposición permanente". "Tertulia con artistas da cidade". Rúa Curros Enríquez 5, baixo. info at elreflejo.com; juliares at live.com
- Galería de Arte Xerión: Exposición "Jordi Isern". Rúa Modesta Goicouría 7. Galeriaxerion at hotmail.com
- Galería Monty4arte: Inauguración da exposición: "Obra seleccionada, Os nosos artistas" (Abelenda, Caruncho, Caneda, Benito Freire, Yolanda Dorda, Victoriano Fernández...). Obradoiros, Artistas na rúa (dirixidas a público de 7 a 13 anos. Precísase previa inscrición no 881-968519 begin_of_the_skype_highlighting 881-968519 end_of_the_skype_highlighting). De 18:00 a 20:30. Santiago Caneda, Victoriano Fernández (pintura); Colectivo Mano Izquierda (intevencións en cabezas de manequín); Mariola Romero (escultura en barro); Jorge Vázquez Carmona (xogos de pintura e luz). Montroig 4. Info at monty4.com. Actuación do grupo ÁNAGA.
- Galería Moret Art (aberto até as 20:00). Obradoiro didáctico "Unha viaxe a través da escultura: modela en Moret Art". De 12:00 a 13:30 h. (de 4 a 8 anos- inscrición previa en 981 927 376 – moretart at moretart.com). Rúa Olmos 12-14, 1º B.
Casa da Cultura Salvador de Madariaga: exposición fotográfica “Elos”, de Paula Gómez del Valle
Do
mércores 13 de abril ao martes 17 de maio
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
Exposición "Elos", de Paula Gómez del Valle, que recolle as fotografías incluídas no libro do mesmo nome de inminente publicación en Edicións Morgante. A inauguración terá lugar o mércores 13 de abril ás 19:30 h.
Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Eduard Escoffet e Estevo Creus
Luns
11
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Prosegue o Ciclo de Poetas Di(n)versos, iniciado en novembro de 2009 baixo a dirección de Yolanda Castaño, no que ten lugar un recital poético dobre entre unha voz en galego e outra en calquera das outras catro linguas da Península. Este 11 de abril teremos dous representantes da poesía máis experimental que se produce hoxe en día nos extremos do norte peninsular:
- Eduard Escoffet, nado en 1979 en Barcelona, é poeta e axitador cultural. Practicou diversas vertentes da poesía (visual, escrita, oral, instalación, performance), sempre cun espírito experimental e de investigación. As súas influencias van dende a poesía sonora dos anos cincuenta á poesía catalá medieval, pasando polo text/sound sueco, a poesía concreta e a experimentación do barroco español. Nos últimos anos tense centrado no traballo oral e sonoro. Á parte dun intenso movemento dentro da escena contracultural de Barcelona, ten presentado o seu traballo en festivais e programacións doutras cidades de España e sobre todo no estranxeiro: Italia, Francia, Bélxica, Alemaña, Portugal, Arxentina, Estados Unidos, China, Chile, República Checa, Nicaragua e República Dominicana. Por otra banda, dirixiu o festival internacional de polipoesía PROPOSTA (Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, 2000-2004) e comisariou, xunta a Eugeni Bonet, un ciclo de cine letrista para o MACBA (Museo de Arte Contemporánea de Barcelona). Actualmente colabora, entre outros, co festival Yuxtaposiciones (Casa Encendida, Madrid) e codirixe o Festival Internacional de Poesía de Barcelona. Tamén exerceu como asesor de política cultural. Ademais, traballa na súa tese doutoral sobre literatura barroca en Barcelona. Non fai libros.
- Estevo Creus naceu en Cee en 1971, deuse a coñecer como poeta nos anos 90 no seo do "Batallón Literario da Costa da Morte" e foi membro fundador da editorial de poesía Letras de Cal e mais do grupo de teatro Talía. Como poeta debutou con "Poemas da Cidade Oculta" (1996), ao que seguiu "Areados" (1996), gañador do Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña. Tres anos máis tarde sae do prelo "Teoría do Lugar", grazas ao Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, e en 2003 un novo libro, "Decrúa", faise co Fiz Vergara Vilariño. En 2007 concibe e publica xunto a David Creus "Facer merzbau", un proxecto que acolle textos, videocreación e performance, e, máis tarde, ve a luz "Máquina ou Móbil" (2009). Por último, "O libro dos cans", que se publicara orixinalmente no ano 2000, reedítase en 2010. Tamén ten publicados os relatos "E a catro patas quilómetros", recollido na publicación dos Premios Pedrón de Ouro (1994) e "Alguén matou a Bambi", compilado en "Historia da Pusilaminidade e catro contos máis" (1996). Ademais, colaborou como músico en espectáculos de danza como: "Cos pés na terra" -do grupo de teatro D2- e diferentes propostas escénicas da compañía de danza contemporánea Traspediante.
Será unha nova oportunidade libre e gratuíta de coñecer de primeira man algúns dos mellores autores/as das literaturas peninsulares, comprobando a proximidade, a conexión e a calidade da boa poesía contemporánea. Ao termo do acto, presentado pola directora do ciclo e poeta Yolanda Castaño, Escoffet e Creus poderán asinar exemplares da súa obra. Esta iniciativa de periodicidade mensual e impulsada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, continuará de xeito estable ata ao mes de maio. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Abril 2011.
Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Luis Muñoz e Emma Couceiro
Luns
21
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Prosegue o Ciclo de Poetas Di(n)versos, iniciado en novembro de 2009 baixo a dirección de Yolanda Castaño, no que ten lugar un recital poético dobre entre unha voz en galego e outra en calquera das outras catro linguas da Península. A cita deste luns 21 de marzo coincidirá precisamente co Día Internacional da Poesía, celebrando así de pleno a confirmación de que existe na Coruña e en Galicia un verdadeiro público para a poesía. Os participantes desta nova edición serán:
- Luis Muñoz naceu en Granada en 1966, en cuxa universidade completou as licenciaturas en Filoloxía Española e en Filoloxía Románica. Publicou os libros de poemas "Septiembre" (1991), "Manzanas amarillas" (1995), "El apetito" (1998), "Correspondencias" (2001) -polo que obtivo os premios "Generación del 27" e "Ojo Crítico"- e "Querido silencio" (2006). A súa obra poética ata 2005 está recollida no volume "Limpiar pescado. Poesía reunida 1991-2005" (2005). Ademais, en 1994 preparou o libro colectivo "El lugar de la poesía", e ten traducido, entre outros autores, a Giuseppe Ungaretti e a Eugenio Montale. Dende 1992 ata a súa desaparición en 2002 foi o director da revista de poesía "Hélice". Dirixiu tamén os cursos de verán "Neruda personal" (2004) na Universidade Complutense de Madrid en El Escorial e "Poesía española reciente" (2005) na Universidade Menéndez Pelayo en Santander. En 2008 comisariou a exposición "Gallo. Interior de una revista", sobre a publicación dirixida en 1928 por Federico García Lorca.
- Emma Couceiro naceu en Cospeito (Lugo) en 1977. En 1996 deuse a coñecer como poeta ao gañar o V Premio Espiral Maior co seu primeiro libro, "Humidosas" (1997), ao que seguirían "As entrañas horas" (1998, X Premio Eusebio Lorenzo Baleirón) e, xa no 2003, "(Cito)". A súa obra está recollida en antoloxías publicadas en Galicia como "Río de Son e vento" (1999), "dEfecto 2000" (1999), "A tribo das baleas" (2001), "25 Anos de poesía galega 1975-2000 III" (2002), e fóra de Galicia como "Mulher a fazer vento" (1998), "Mujeres de carne y verso" (2002), "Galeusca. Antoloxía poética (1990-2003)" (2004) ou "Das Sonorosas Cordas (15 poetas desde Galicia)" (2005), así como nos libros colectivos "Novas voces da poesía galega. Recital" (2000), "O trazo aberto. Poesías e debuxos" (2002), "O libro dos abanos" (2002), "Palabra de autor, Palabra de autora" (2005), "Os gozos e as Sombras" (2005) ou "Poética da Casa" (2006), entre outros. Paralelamente, ten colaborado en publicacións como Dorna, Xistral, Festa da Palabra Silenciada, A Xanela, Entellunu, Akadeemia, Zurgai, Piedra del Molino ou La Bella Varsovia.
Será unha nova oportunidade libre e gratuíta de coñecer de primeira man algúns dos mellores autores/as das literaturas peninsulares, comprobando a proximidade, a conexión e a calidade da boa poesía contemporánea. Ao termo do acto, presentado pola directora do ciclo e poeta Yolanda Castaño, Couceiro e Muñoz poderán asinar exemplares dos seus libros, postos á venta nesta ocasión pola libraría Nova Colón. Esta iniciativa de periodicidade mensual e impulsada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, continuará de xeito estable ata ao mes de maio. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Marzo 2011.
Casa da Cultura Salvador de Madariaga: exposición “Sen ataduras”
Do xoves
3 de marzo ao domingo 3 de abril
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
A exposición colectiva "Sen ataduras" recolle a obra de 16 mulleres artistas (Berta Ares, Julia Ares, Sabela Baña, María Xosé Díaz, Dorda, Yolanda Ferrer, Dolores Gálvez, María Gilino, Soledad Penalta, Ánxeles Penas, Isabel Pintado, Soledad Pita, Montse Rego, Emilia Salgueiro, María José Santiso e Carmen Senande) en coincidencia e comuñón coa conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres, que serve para comprobarmos como representan aquilo que as oprime e aquilo que as libera desas ataduras que, sen embargo, lles son propias. Propias en cada unha delas. Propias en cada unha ou un de nós. A inauguración terá lugar o xoves 3 de marzo ás 19:00 h. Deixamos á disposición de toda a cidadanía o catálogo da exposición: Sen ataduras, xunto á súa portada: Cuberta de Sen ataduras.
Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Miren Agur Meabe e Claudio Rodríguez Fer
Luns
21
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
O novo encontro de Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, reunirá aos amantes da poesía e mesmo a aqueles/as menos versados/as, que atoparán unha boa oportunidade para familiarizarse con este xénero considerado minoritario pero que está a conformar un nutrido público en Galicia. Os participantes desta edición son:
- Miren Agur Meabe. Nada en Lekeitio (Biscaia) en 1962, mestra e filóloga vasca, traballou no ensino e na elaboración de libros escolares en éuscaro. O seu primeiro libro editouse en 1986 e reunía contos baixo o título "Uneka… gaba" ("Por momentos… a noite"). Ata o pasado ano habería que agardar por unha nova entrega narrativa: "Zazpi orduak". Meabe é, ademais, autora dunha extensa e premiada obra de literatura infantil e xuvenil pola que é moi coñecida en Euskadi, e que adoita acadar tamén edicións en castelán e outras linguas do Estado ["Bisita" (2001), "Itsaslabarreko etxea (A casa do cantil)" (2001) e "Urtebete tsasargian (Un ano no faro)" (2007)]. Como poeta debutou en 1999 con "Oi, hondarrezko emakaitz", ao que seguiu, no 2000, o exitoso "Azalaren kodea (O código da pel)", Premio da Crítica Española 2001. O seu novo e esperado poemario saiu hai poucos meses, en 2010, co título "Bitsa eskuetan (Escuma nas mans)". Galardoada en 2007 co Premio Lauaxeta pola súa traxectoria literaria e profesional, ten participado en múltiples Encontros Literarios Internacionais, e textos seus teñen visto a luz en múltiples antoloxías e libros colectivos, ou foron traducidos a varias linguas europeas.
- Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956), é, ademais de poeta, ensaísta, narrador, autor de teatro e de poesía visual. Foi catedrático de Literatura en Galicia, así como profesor en universidades de Nova York, Bretaña e Santiago de Compostela, onde actualmente dirixe a revista literaria Moenia e a Cátedra Valente de Poesía e Estética. Coordina a revista Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou, disertou e recitou en numerosos lugares de Europa, América e África. Dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas. Como estudoso é autor de obras críticas, ensaios e edicións realizadas en torno a autores galegos e universais. Como poeta, traducido a unha decena de idiomas, publicou os poemarios eróticos "Poemas de amor sen morte" (1979), "Tigres de ternura" (1981), "Historia da lúa" (1984), "A boca violeta" (1987) e "Cebra" (1988), libros reunidos en "Vulva" (1990) e antologados en "A muller núa" (1992); así como "Cinepoemas" (1983), "Extrema Europa" (1996), "A unha muller descoñecida" (1997), "Moito máis que mil anos" (2000), "Viaxes a ti" (2006) e "Unha tempada no paraíso" (2010). "Lugo blues" (1987), "A loita continúa" (2004) e "Ámote vermella" (2009) compoñen a súa triloxía poética da memoria histórica.
Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Febreiro 2011.
Exposición homenaxe a Perfecto Estévez na Casa da Cultura Salvador de Madariaga
Do
mércores 19 de xaneiro ao domingo 27 de febreiro
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
Exposición en homenaxe á figura de Perfecto Estévez (Ourense, 1955-A Coruña 2010), quen se dedicou especialmente a tres campos fundamentais: o cartelismo, a pintura e a edición. Posiblemente este sexa un dos seus grandes méritos, achegar intimamente o cartelismo e a pintura, conseguindo calidade e forza estética para o primeiro e intensidade e proximidade á segunda. Esta fusión de tratamentos percíbese tamén no seu labor de edición, tan importante dende os anos oitenta. De fieis e comprometidas conviccións políticas e culturais, na súa pintura desenvolve unha longa evolución cara á abstracción das dúas últimas décadas, con pasos por arte dixital. Estes cambios reflectiranse nas súas outras facetas. A exposición pretende abranguer todos estas etapas. A súa obra pictórica móstrase na planta baixa, onde tambien se exhibe unha breve mostra da súa obra editorial. O primeiro andar dedícase á súa obra gráfica, tanto como estampador como os seus carteis. En palabras de Felipe Senén: "Por aquí e hoxe seguen ensombrecidos pola grandilocuencia imperante –a que tamén obnubila a nosa Historia- os creadores dos anos setenta, a súa e o seu compromiso, cando eles sementaron tantas cousas. Cómpre perspectiva histórica para entender que o século XXI comeza a abrirse nestes anos. Era imprescindible nese tempo e hoxe Perfecto Estévez. Seguímolo en diferentes empresas, como creador e axente publicitario, con encargos para a editorial "Espiral Maior", para a Universidade da Coruña... a súa ansia creadora non se paraba no lenzo, nos tubos de acrílico ou no que se merca nas droguerías. Sabía que o creador bástalle calquera cousa para improvisar algunha creación: o ordenador, as novas tecnoloxías abren a novos horizontes, e neso estaba, como sempre, re-creando sobre o enigma da liñas, as mesturas da cor, procurando impactar, comunicar, aguilloar. E sempre Galiza na espiral." A inauguración terá lugar o mércores 19 de xaneiro ás 19:00 h. Deixamos aquí, á disposición do público a portada (Portada Perfecto Estevez 2011) e o interior (Interior Perfecto Estevez 2011) do catálogo da exposición.
O domingo remata a exposición “Ars Ligatoria. Libros artesanais”
Do
mércores 17 de novembro ao domingo 9 de xaneiro
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10)
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Entrada libre.
Exposición de libros artesanais "Ars Ligatoria", encadernacións do Obradoiro Penumbra. A mostra reúne arredor de 40 pezas únicas elaboradas con distintas técnicas, desde pel con diferentes pigmentos e tintes, volume, incisións e a incrustación de diferentes materiais como óso, metal ou coral, así como diferentes peles.
Ciclo Poetas di(n)versos: recital de Andrés Neuman e Olga Novo
Luns
2
0
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
O ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, retoma as actividades coas que arrancara o ano pasado, con grande éxito de público. O obxectivo desta iniciativa céntrase en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico a través do que se busca animar a todo o mundo a achegarse a ela. Os protagonistas do recital deste día son:
- Andrés Neuman (Buenos Aires, 1977). O último Premio Alfaguara de Novela foi e será sempre, ademais, un lúcido poeta que se prodiga en múltiples formas dende o haiku ata o aforismo. Este arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do século XXI por mestres como Bolaño.
- Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, 1975). Autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo.
Pódese descargar máis información neste ficheiro en .pdf: Programa Ciclo DinVersos Decembro 2010.
Exposición de gravados de Diana Aitchison na Casa da Cultura Salvador de Madariaga
Do xoves
26 de agosto ao domingo 26 de setembro
Casa da Cultura Salvador de Madariaga
De 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h., todos os días
Entrada libre.
Exposición de gravados de Diana Aitchison. A súa referencia aínda que abstracta tamén, contén un concepto da realidade que esvae como a natureza mesma. Esta serie de gravados inspirados claramente nas súas ganas de experimentar e buscar novas técnicas para permitir considerar distintas impresións. Para renovar a paisaxe ata o punto que se dubida o feito de que os gravados son unha técnica de reprodución. Unha proxección do seu interior gozando dunha perspectiva fluída, unhas obras únicas que á súa vez mostran unha continuidade na súa estética. Xa estamos nunha era na cal todo é manipulable, explotado sen inventar e por iso mesmo agradécese aínda máis a súa liberdade nos trazos plasmando as súas ideas con distinción dun xeito sobrio, tráxico ou alegre e indiferente: unha capacidade persoal de Diana. Aquí se poden descargar a portada e o interior do catálogo.















