Exposición “E ata aquí podo ler”, da AGPI

31 de xullo - 22 de agosto
De luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10)
Entrada libre

A Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga 10) acolle a exposición «... E ata aquí podo ler», organizada pola AGPI en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. A mostra, desenvolvida co gallo da Feira do Libro da cidade herculina, recolle as ilustracións feitas por 87 autores e autoras galegos co fin de serviren como marcapáxinas ou puntos de lectura.

Ditos marcapáxinas poden ser obtidos por separado coas compras nas casetas da Feira do Libro, mais tamén pode mercarse a colección completa (aparafusada por unha esquina, ao estilo dunha guía de cores ou un abano) na caseta da AGPI que se instalará na feira da banda deseñada do Festival Viñetas desde o Atlántico entre o 9 e o 15 de agosto.

A montaxe dos exemplares da colección foi un arduo traballo que desenrolaron os socios e membros da Xunta Directiva de AGPI, Manel Cráneo e Almudena Aparicio, e podemos ver unha mostra do seu traballo no vídeo que preparou o propio Manel.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: exposicións de Daniel Montero e “Galimatías”/El Patito Editorial

Do 9 ao 22 de agosto
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10)
Entrada libre.

Exposicións de: Daniel Montero e "Galimatías"/El Patito Editorial. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “E ata aquí podo ler”, da AGPI

sábado, 31 xullo 2010, 10:00 | Category : exposicións, ilustración
Tags : , ,

Do 31 de xullo ao 222010 08 aida alonso_marcapaxinas de agosto
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10)
Entrada libre.

Organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Aquí se pode descargar a listaxe de Participantes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Fotos da apocalipse”, por Lola García Garrido, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

Do xoves 8 de xullo ao 1 de agosto
De luns a domingo, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00Foto portada
Casa da Cultura "Salvador de Madariaga"
Entrada libre

Ábrese a exposición de Lola García Garrido, "Fotos da apocalipse". A Apocalipse é o momento da verdade. Como a morte. Como unha enfermidade que te deixa en cama sen poderes moverte durante moito tempo. Como unha crise. É o momento no que desaparece o cotián, a rotina, o predicíbel. Todo o que até agora era dunha maneira, supetamente vólvese doutra. Na sensación de fin áchase o esclarecemento. O que onte era importante, crucial, imprescindíbel, nos días de apocalipse ou enfermedade é insignificante. Desaparece a nebulosa de trivialidades e descóbrese o mundo simple, básico e sólido. Despois da apocalipse ou a enfermidade chega a paz e a aprendizaxe. A apocalipse é descontextualización: unha persoa nunha balsa na intersección de dúas avenidas anegadas de Bos Aires, unha galiña sentada sobre unha cociña rodeada de cascallos logo dun terremoto. A descontextualización lévanos á reflexión. Despéganos da nosa lóxica diaria e obríganos a tratar de descifrar o mundo desde outra perspectiva onde as causas e os efectos non son tan mecánicos como semellan. Nesta serie de fotos encontrei na descontextualización un xeito de expor un diario íntimo e universal. A técnica da fotomontaxe permite que convivan nunha mesma imaxe elementos que pertencen a diferentes dimensións temporais e espaciais. O resultado é unha fotomontaxe atemporal, que xoga cos pontos dunha liña de tempo, salteándose planos e atravesando oceanos. Que perde a noción de tempo e espazo e acha a liberdade na idea. Que desintegra, cando menos por un intre, a forma de lóxica mecánica que reina na rotina. Un recreo surrealista, apocalíptico, que nos permita mergullarnos nun mundo onde a lóxica non é tan lóxica.

Aquí se poden descargar a portada e o interior do catálogo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MULLERES X MULLERES, exposición na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

martes, 2 marzo 2010, 13:00 | Category : Arte, exposicións
Tags :

MXM

mulleresxmulleresDesde o pasado 25 de febreiro e até o 21 de marzo pode verse na Casa da Cultura Salvador de Madariaga a exposición MULLERES X MULLERES, a homenaxe artística dun grupo de creadoras a unha selección de figuras destacadas en diferentes disciplinas, "entrelazadas todas elas pola distorsión das desigualdades da nosa historia, mais liberadas xa, por fortuna, das correas dos estereotipos sociais que tiñan determinado outro pasado para si, outro futuro para nós". Podedes descargar aquí mesmo o catálogo da exposición (PDF, 11 MB).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposicións sobre Ramón Piñeiro e Eduardo Blanco Amor

olladas

Até o 26 de xullo a Casa da Cultura Salvador de Madariaga acolle dúas exposicións da editorial Galaxia: RAMÓN PIÑEIRO OLLADAS NO FUTURO, un percorrido pola vida e obra da figura a quen este ano se lle adicou o día das Letras e a A OLLADA DO DESEXO, unha mostra de fotografías de Blanco Amor, testemuñas da súa faceta de viaxeiro incansable.

Ademais, a Biblioteca de Estudos Locais organiza coincidindo co 50 aniversario da primeira edición d'A Esmorga unha mostra bibliográfica a modo de homenaxe á novela de Blanco Amor que inaugura o realismo social e marca un fito na narrativa galega contemporánea.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Paisaxes íntimas, nova exposición na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

Onte inaugurouse na Casa de Cultura Salvador de Madariaga (Durán Loriga, 10) a exposición Paysages intimes. Ikuspegi goxoak (Paisaxes íntimas), que reúne fotografías de Gabrielle Duplantier e textos de Bernardo Atxaga, artistas vascos nacidos a un e outro lado dos Pirineos que nos amosan dende Euskadi unha paisaxe intima que podería pertenecer a calquera outro lugar do mundo. A exposición permanecerá aberta até o domingo 29 de marzo, e pode visitarse todos os días de 12 a 14 e de 18 a 21 horas. Está organizada pola rede de Alliances Françaises de España, o Concello da Coruña e o Institut Culturel Basque-Euskal Kultur Erakundea.

Gabrielle Duplantier naceu en Baiona (Francia) en 1978. Cursou estudos de pintura e Histora da Arte na Universidade de Burdeos e logo instalouse en París como asistente de fotógrafos, mais despois dun breve tempo regresou ao seu País Vasco natal, onde desenvolve o seu traballo artístico mediante evocadoras fotografías en negros e brancos profundos que exploran a pureza dun rostro, a sensualidade das formas, a potencia da luz e o misterio da vida escondido na aparencia dos seus personaxes, case sempre femininos, agachados en espazos reducidos ou en paisaxes improbábeis na procura da súa identidade.

Bernardo Atxaga (Asteasu, 1951) é o pseudónimo de Joseba Irazu. Novelista, dramaturgo e poeta, recibiu en 1989 o Premio Nacional de Narrativa por Obabakoak. Obtivo tamén o Premio Euskadi de Literatura (1989, 1991, 1996, 1997), o Premio da Crítica (1979, 1985, 1988, 1993) e o Premio SM de Literatura Infantil e Xuvenil (1995). A súa obra está traducida a 24 linguas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google