Casa das Ciencias: presentación do programa infantil de Planetario “La niña que sabía caminar al revés”

Venres mc21
Casa das Ciencias
11:30

Presentaración do programa infantil de planetario "La niña que sabía caminar al revés". É un conto boca abaixo, unha historia dada a volta que quere invitarnos a contemplar o que nos rodea desde un novo punto de vista. Aquí todo é diferente, e alí onde antes viamos soamente chan, agora quizá podamos ver o ceo. A estrea deste novo programa abre a campaña de verán na Casa das Ciencias, ampliando a oferta para os máis pequenos. É unha produción do Planetario de Pamplona adaptada ao planetario dixital da Casa das Ciencias, pensada para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa das Ciencias: presentación da exposición “Palabras da Ciencia”

Venres Casa das Ciencias10
Casa das Ciencias
12:00

Presentación na Casa das Ciencias da exposición interactiva sobre actualidade científica "Palabras da Ciencia", unha renovación completa da mostra da terceira planta deste centro. Coa presentación desta exposición complétase a renovación da Casa das Ciencias, que comezou no 2008 coa reforma das instalacións. "Palabras da Ciencia" presenta os seus contidos ao redor de seis ámbitos temáticos: "O clima cambia", "En busca da enerxía", "A tecnoloxía cambia a nosa sociedade", "A saúde é o que importa", "O inesgotable empurre da ciencia", e "Os desafíos da natureza".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inauguración dun monolito en honra a María Wonenburger no Paseo das Ciencias

Mércores MUSEOS CIENTIFICOS CORUÑESES1
Paseo das Ciencias (Parque de Santa Margarita)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Inauguración dun monolito en honra á matemática galega María Wonenburger no Paseo das Ciencias do Parque de Santa Margarita. A iniciativa, que se celebra con motivo do XXVI aniversario da Casa das Ciencias, dá continuidade á colocación hai un ano dun monolito homenaxe a Isidro Parga Pondal, co ánimo de establecer esa data como celebración anual de recoñecemento aos científicos galegos relevantes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“XVI Día da Ciencia na Rúa”, o sábado 7 de maio

O "XVIcartel_ciencia rúa Día da Ciencia na Rúa" pretende ser un acto lúdico arredor da Ciencia que se desenvolve o primeiro sábado do mes de maio, neste ano o 7, nun horario ininterrompido de 11:00 a 19:00 horas. Esta romaría científica ten no Parque de Santa Margarita o núcleo fundamental da celebración, con haimas e actividades paralelas. Asemade, pódense visitar a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, que ofrecen unha xornada de portas abertas aos visitantes, e o Centro Oceanográfico da Coruña.
Neste 2011 cúmprense dezaseis anos desde que en 1995 a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses puxemos en marcha o Día da Ciencia na Rúa. Unha iniciativa que acadou un notable éxito, o que nos estimula a perseverar na súa celebración. Co mesmo ánimo co que tentamos de ofrecer, durante todo o ano, ao público dos Museos Científicos unha oferta variada e actualizada de cultura científica.
As actividades previstas nos Museos Científicos Coruñeses son as seguintes (pódese descargar a información sobre todas as actividades e participantes neste arquivo .pdf: XVI Dia da Ciencia na Rua 2011):

Casa das Ciencias: Parque de Santa Margarita. Aberto de 10:00 a 19:00 horas. Actividades:
- Maratón de Planetario: as invitacións repartiranse en recepción media hora antes do comezo de cada sesión:
* 11:00 horas: "Invasores de Marte".
* 12:00 horas: "La noche del vampiro (infantil)".
* 13:00 horas: "El día de hoy".
* 16:00 horas: "Evolución".
* 17:00 horas: "Fugaz (infantil)".
* 18:00 horas: Programa sorpresa.
- "O asombro de Mr. Darwin". Exposición temporal dedicada a divulgar o labor de Charles Darwin. Entre os módulos das once unidades expositivas da mostra destacan elementos como un globo terráqueo a grande escala no que os visitantes poden observar o percorrido que fixo arredor do mundo, acompañado dun ordenador permite deterse nalgunhas das súas escalas; uns pupitres interactivos para descubrir as características evolutivas que comparten os seres vivos, como por exemplo os ósos das extremidades de diferentes grupos de vertebrados, e pezas históricas.

Domus: R/ Santa Teresa 1. Aberto de 10:00 a 19:00 horas. Actividades:
- Campionato de Powermind. Participa neste xogo mental que che revelará como se relaxa o teu cerebro. Canto máis te relaxes, máis rápido moverás o pequeno balón que tes diante de ti e poida que consigas marcarlle un gol ao contrario. Pódeste apuntar ao campionato na recepción da Domus. Horario: 12:30 e 17:30 horas
- Exploradomus "SOS Planet". Nesta edición, os pequenos exploradores ven a película "SOS Planet 3D" e, a continuación, fan experimentos con fenómenos importantes para a vida no noso planeta, como é o caso do efecto invernadoiro. ExploraDomus é unha actividade dirixida a nenos de entre 6 e 10 anos. Na Domus ás 16:45 horas.
- "Wild Safari 3D: Aventura en Sudáfrica" é unha aventura en tres dimensións tras os pasos dos animais mais perigosos e espectaculares de Sudáfrica. É a primeira vez que unha película retrata a vida salvaxe en 3D, situando ao espectador como copiloto dun safari que recorre as diversas reservas naturais de Sudáfrica e no que se enfrontará a impresionantes elefantes, esquivos leopardos ou famentos leóns.

Aquarium Finisterrae: Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. Aberto de 10:00 a 20:00 horas. O acceso péchase unha hora antes. Actividades:
* 12:00 horas: Espectáculo de alimentación das focas no Piscinarium.
* 12:30 horas: Sesión en directo na OceanoSfera e pase do programa "Blue Planet".
* 13:00 horas: Taller de bioloxía mariña en directo na Charca das Caricias.
* 16:00 horas: Taller de bioloxía mariña en directo na Charca das Caricias.
* 17:00 horas: Espectáculo de alimentación das focas no Piscinarium.
* 18:00 horas: Sesión en directo na OceanoSfera e pase do programa "Frozen".
- Zona-i. Entéirate, Informa, Participa, Choose, Imaxina, Descubre, Actúa. Novo espazo do Aquarium no que os visitantes poden recibir información, realizar actividades, e sobre todo votar e opinar sobre cuestións científicas que afectan á súa vida cotiá. Todo iso cunha infraestrutura moderna, utilizando ferramentas tecnolóxicas e dixitais.

- Especial mención merece tamén o concerto que a Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por Marcel van Bree, dará na Escalinata da Casa das Ciencias a partir das 12:00 h., co seguinte programa:
* La Bella Helena (Obertura), de Carl Mª von Suppé.
* La Revoltosa (Fantasía), de Ruperto Chapí.
* La Dolorosa (Selección), de José Serrano.
* Estrasantico, de Simón Couceiro.
* El baile de Luis Alonso (Intermedio), de G. Giménez.

- Este programa complétase coas múltiples actividades que desenvolverán estudantes, profesores e membros de diversas entidades (centros educativos, Universidade, Agrupación Astronómica Ío ou as Bibliotecas Municipais da Coruña), nas 29 carpas e espazos de ocio ao aire libre instalados á beira da Casa das Ciencias, xunto ao desfile de cabezudos, a actuación de malabaristas e xogos e concursos para todas e todos.

Adxuntamos tamén o plano de situación das actividades: Plano Dia da Ciencia na Rua 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aberta a convocatoria 2011 dos Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os Premios mc2"Prismas Casa das Ciencias á Divulgación" son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballan neste campo.
Nesta convocatoria introduciuse unha importante novidade, como é a reorganización da modalidades a concurso, que avanza na liña de adaptarse ás novas tecnoloxías e formas de comunicación científica. Así, nesta edición concederanse os "Prismas de Bronce" aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de audiovisuais, artigos xornalísticos, sitios web, dotado cun premio de 4.000 euros para o que se conta coa colaboración da revista Mètode, e "Prisma Especial do Xurado", modalidade dotada pola empresa PharmaMar grupo Zeltia cun premio de 9.000 euros.
Os traballos presentados deberán tratar sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.
O prazo de presentación de traballos finaliza o 31 de agosto.
As bases completas poden descargarse aquí: Bases Premios Prismas Museos Cientificos Coruñeses 2011.

23 ANOS PREMIANDO A DIVULGACIÓN
Os "Prismas Casa das Ciencias" tiveron a súa primeira entrega no 1988, co ánimo de fomentar o exercicio da divulgación científica, así como apoiar e estimular a persoas e colectivos na tarea de crear productos útiles para a educación social da ciencia.
Inicialmente só contemplaba un premio de vídeos científicos, pero en convocatorias posteriores, pasouse en diferentes etapas a engadir outras modalidades: en 1993 foron os libros editados e os textos inéditos,; en 1994 incluíronse os traballos en soporte informático; en 1996 contemplouse por primeira vez a modalidade de artigos xornalísticos; no ano 2000 incorporouse o "Prisma Especial do Xurado", e en 2001 presentouse a modalidade de traballos multimedia, que supuxo unha reorganización das modalidades existentes para recoller nunha todos os soportes audiovisuais, así como os CD-ROM, páxinas WEB ou programas informáticos.
A sucesión de adaptacións aos formatos e tecnoloxías de que se serve a comunicación científica culmina en 2011 coa presentación das catro modalidades que agora se convocan: audiovisuais, artigos xornalísticos, sitios web, e "Prisma Especial do Xurado".
Nas 23 edicións pasadas permiten ofrecer algún datos. Recibíronse máis de 2.500 traballos, predominando as presentacións en multimedia e artigos xornalísticos. En canto á temática dos traballos, a máis frecuente é a zoología, a botánica, a saúde, a astronomía, a física e a química. E no referente aos participantes, un 90% son españois, e máis de 300 traballos son galegos.
A cerimonia de entrega dos Premios celébrase cada ano o sábado máis próximo ao 15 de novembro, festividade de San Alberto Magno, patrón das Ciencias. En 2011, esta reunión de divulgadores na Coruña será 12 de novembro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre “Enerxía nuclear”

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre "Enerxía nuclear". Solicitan para iso a participación dos cidadáns mediante o envío das súas preguntas á seguinte dirección de correo electrónico: mc2responde@casaciencias.org. Tamén poden deixalas por escrito na recepción da Casa das Ciencias, Domus ou do Aquarium Finisterrae. Recolleranse preguntas ata o 11 de abril.
Na segunda metade do século XX moitos países apostaron pola enerxía nuclear como alternativa ao petróleo, o carbón e outros combustibles fósiles. En España as centrais nucleares achegan aproximadamente a quinta parte da electricidade que consumimos, e ademais apenas emiten gases que contribúan ao quentamento do planeta. Non obstante, sempre existiu preocupación pola súa seguridade, tanto pola perigosidade dos seus residuos coma polas graves consecuencias dos accidentes nas centrais, tal e como se viu estes días en Xapón. Os Museos Científicos Coruñeses desexan responder á demanda social de información científica-tecnolóxica sobre a enerxía nuclear publicando un documento que recolla as preocupacións, curiosidades e intereses de todos os cidadáns. É por iso que solicitan e invitan a todos a participar nesta iniciativa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos Coruñeses: Que cuestión lle interesaría coñecer sobre a enerxía solar?

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre "Enerxía solar".
- Solicitan para iso a participación dos cidadáns mediante o envío das súas preguntas á seguinte dirección de correo electrónico: mc2responde@casaciencias.org
- Tamén poden deixalas por escrito na recepción da Casa das Ciencias, Domus ou do Aquarium Finisterrae.

A necesidade por buscar enerxías alternativas aos combustibles fósiles, que resultan altamente contaminantes e inciden en incrementar a cantidade atmosférica de dióxido de carbono, provocou a investigación e o desenvolvemento de fontes alternativas como a solar, eólica, biomasa, xeotérmica, etc. Unha das que suscita certa polémica nestes momentos, por exemplo en canto á súa rendibilidade, é a enerxía solar. Os Museos Científicos Coruñeses desexan responder á demanda social de información científica-tecnolóxica sobre esta cuestión publicando un documento que recolla as preocupacións, curiosidades e intereses de todos os cidadáns. É por iso que solicitan e invitan a todos a participar nesta iniciativa. Recolleranse preguntas ata o 4 de abril.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O martes de Entroido a entrada as Museos Científicos Coruñeses é gratuíta

Este martes 8 de marzo, martes de Entroido, o público poderá acceder de xeito gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nova edición de “Música baixo as estrelas”, con Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández, no Planetario da Casa das Ciencias

Mércores 5 e venres 7 de xaneiro
Planetario da Casa das Ciencias
Dous pases: ás 20:00 e ás 20:45 h. cada día
Entradas: 5 euros (á venda nas oficinas do IMCE na praza de Ourense, abertas en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas, así como no teléfono 902-504500 begin_of_the_skype_highlighting              902-504500      end_of_the_skype_highlighting, e en Servinova). ESGOTADAS XA AS ENTRADAS PARA O DÍA 7.

O Planetario da Casa das Ciencias acolle unha nova edición dos concertos "Música baixo as estrelas", onde os artistas Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández interpretarán pezas musicais acompañadas de imaxes dixitais proxectadas na cúpula do Planetario. Nos mismos días dos concertos, se non se completase aforo (79 prazas) poderán comprarse tamén na recepción da Casa das Ciencias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos Coruñeses: programación e horarios xaneiro-febreiro 2011

Estas son as principais actividades e horarios dos Museos Científicos Coruñeses para os meses de xaneiro e febreiro:

* Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita, s/n. Tlf. 981-189844. Novos horarios: de  luns a venres de 10:00 a 18:00 h. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 h.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- O asombro de Mr. Darwin.
- As palabras da ciencia.

- Proxeccións no Planetario Dixital:
Sábados, domingos e festivos:
- 12:00 h: "A noite do Vampiro" (galego)
- 13:00 h: "Evolución" (castelán)
- 17:00 h: "El mundo de Fugaz" (castelán)
- 18:00 h: "Evolución" (galego).
Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro:
- 12:00 h: "A noite do Vampiro" (galego)
- 13:00 h: "Evolución" (castelán)
- 17:00 h: "El mundo de Fugaz" (castelán).

Actividades:
- "O ceo está máis preto do que pensas". O último sábado do mes dobre sesión de planetario en directo:
- 11:00 h: "O ceo para enterados". Para profundizar nos coñecementos astronómicos.
- 12:00 h: "O ceo do mes". Para iniciarse na observación do ceo.

- 5 e 7 de xaneiro. "Música baixo as estrelas", concerto de Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández no Planetario da Casa das Ciencias. Dous concertos cada día, ás 20 e 20:45 horas. As entradas, de 5 euros, están á venda nas oficinas do IMCE na praza de Ourense, abertas en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas, así coma no teléfono 902 504 500. Nos mismos días dos concertos,  de non terse completado o aforo (79 prazas), poderán comprarse tamén na recepción da Casa das Ciencias.

Domus. Rúa Santa Teresa, 1. Teléfono: 981 189 840. Novos horarios. Aberto de luns a venres de 10:00 a 18:00 horas. Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 horas.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- Eureka!. Ciencia e creatividade.
- Homínidos e homínidas. A familia presumida.
- Éufrates. Un río de historia. Exposición fotográfica sobre a expedición arqueolóxica da Universidade da Coruña en Siria. Do martes 21 de decembro ao luns 31 de xaneiro.
- "Familias. Xenéticas de parecidos". Exposición fotográfica de Xosé Teiga. Do martes 1 de febreiro ao venres 13 de marzo.

Proxeccións:
- Cine 3D
-Do 3 ao 7 de xaneiro:
12:00 h: "SOS Planet" (castelán)
13:00 h: "Wild Safari" (galego)
17:00 h: "Wild Safari" (castelán).

A partir do 8 de xaneiro:
- De luns a venres, "SOS Planet" ás 17:00 h.
- Sábados, domingos e festivos:
12:00 h: "SOS Planet" (castelán)
13:00 h: "Wild Safari" (galego)
17:00 h: "SOS Planet" (galego)
18:00 h: "Wild Safari" (castelán).

Actividades
- Taller de Manitas. Experiencia piloto na que o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. O "Taller de manitas" destinarase a dous tipos de público: público xuvenil (17-23 anos) e público sénior (a partir de 55 anos). Ambos os dous talleres discorrerán de forma paralela durante cinco meses, con sesións semanais de 4 horas, a concretar segundo a dispoñibilidade de horario dos participantes. O "Taller de manitas" xuvenil orientarase cara á robótica. Por outra parte, o "Taller de manitas" sénior orientarase a proxectos de modelismo. Ao finalizar a actividade, os traballos realizados presentaranse ao público na Domus. A actividade comezará o 31 de xaneiro, logo de inscrición.

- Exploradomus. Os pequenos exploradores verán a nova película en 3D "SOS Planet", e a continuación farán experimentos con fenómenos importantes para a vida no noso planeta. Unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, e que ten lugar na Domus os sábados ás 16:45 horas. Inscricións no teléfono 981 189 840. A tarifa é de 1 euro por neno.

* Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34. Tel.: 981 189 842. Novos horarios. Aberto de 10:00 a 18:00 de horas, de luns a venres. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 20:00 horas.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- Oceanosfera. Nunha esfera de gran diámetro instalada na sala Maremagnum o público poderá ver presentacións de fenómenos oceanográficos que suceden a escala global: impacto do cambio climático e acción humana, correntes, migracións de animais mariños.
- "Traspasar fronteiras. Un século de intercambio científico entre Alemaña e España". Exposición de fotografías na sala Isabel Castelo sobre a ciencia e Alemaña. Do 19 de xaneiro ao 24 de febreiro.
- "Novas conversas con Atlante", exposición de fotografías de 6 autores que reflicten as pegadas que a marea negra do Prestige deixou na sociedade galega. Ata o 18 de xaneiro.
- "Viaxe polar". Exposición de fotografías da expedición de Carlos Caraglia á Antártida.
- "Charca das Caricias". Nova instalación na sala Maremagnum que combina diferentes recursos: un acuario con animais vivos que os visitantes poden tocar, unha pantalla xigante, un ordenador, microscopios e lupas binoculares.
- "Darwin e o mar". Módulos interactivos sobre evolución marina e o estudos de Darwin sobre os arrecifes de coral. Na sala Maremagnum.
- "Farmacuáticos. A botica do mar". Exposición sobre os medicamentos de orixe mariña e os seres vivos que os producen. Na sala Humboldt.
- "Mare Oceanum". Ciencia e tecnoloxía da exploración submarina. No túnel de acceso ao Nautilus.

Actividades
- "Bioloxía con-tacto". Na "Charca das Caricias", obradoiros de bioloxía mariña para coñecer en vivo e en directo aos inquilinos do Aquarium Finisterrae. Os obradoiros "Tiburóns en familia" e "Proxecto Santiaguiño" realízanse:
- Sábados ás 13:00 horas
- Domingos e festivos ás 13:00, 16:00 e 18:00 horas.
- Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro ás 11:00, 13:00 e 16:00 horas.
- "Alimentación de focas". No exterior do acuario, todos os días ás 12:00 e 17:00 horas.
- "Alimentación de tiburóns" Os luns, mércores e venres ás 12:30 horas, na sala Nautilus.
- "Merendas no Aquarium". Pensadas para nenos de entre 4 e 13 anos, a actividade combina a realización dunha investigación científica cunha merenda de chocolate con churros. Todos os sábados do curso escolar ás 17:00 horas.

Máis información na web dos Museos Científicos Coruñeses: Horarios e prezos, Como chegar, Que ver, Axenda de actividades, Materiais divulgativos (descarga gratuita): monografías, cadernos de actividades, vídeos, conferencias, unidades multimedia.
Novo espazo de participación en Facebook: Faite seguidor dos Museos Científicos Coruñeses, opina sobre as exposicións e actividades, comparte e valora as nosas novidades e materiais divulgativos.
Subscríbete e recibe as novidades:
Lista de correo: http://www.casaciencias.org/gl/ayuda.htm...
Canle RSS: http://feeds.feedburner.com/mc2novidades
Avisos en Twitter: http://twitter.com/casadasciencias/.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Planetario da Casa das Ciencias: Curso de iniciación á astronomía

Do luns 22 ao xoves 25
Planetario da Casa das Ciencias
De 19:30 a 21:30 horas.
Prezo: 40 euros (inclúe a matrícula no curso, materiais e a Tarxeta 20, que dá un ano de acceso aos Museos Científicos Coruñeses). Hai unha tarifa reducida de 20 euros para membros da Asociación de Amigos de Casa das Ciencias, da Agrupación Astronómica Io, menores de 14, maiores de 65 e Carné Xove.

O Planetario de Casa das Ciencias organiza, en colaboración coa Agrupación Astronómica Io, un Curso de iniciación á astronomía, dirixido a persoas sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a simple vista. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento. Tamén se mostrará o uso de prismáticos e pequenos telescopios para descubrir obxectos celestes espectaculares, sen esquecer unha referencia aos últimos achados científicos sobre o Universo. Se as condicións o permiten, o último día do cursiño realizarase unha saída nocturna para ver o firmamento. A inscrición realizarase na Na Secretaría da Casa das Ciencias, teléfono 981-189844.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: Mesa redonda sobre “A ciencia na prensa escrita”

Venres 12
Domus (rúa Santa Teresa, 1).
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades dos Museos Científicos Coruñeses con motivo da Semana da Ciencia, e englobada ademáis na celebración da entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, celébrase unha mesa redonda sobre "A ciencia na prensa escrita", na que se debatirá sobre algúns retos que se presentan no xornalismo científico nos medios impresos., e que contará coa participación de:
- Patricia Fernández de Lis, redactora xefe da sección de ciencia do diario Público, galardoado co Prisma Especial do Xurado 2010.
- Elena Sanz, xornalista científica especializada en contidos dixitais, multimedia, gañadora do Prisma Casa das Ciencias 2010 por un artigo publicado no suplemento Tercer Milenio do Heraldo de Aragón, e
- Raúl Romar, xornalista especializado en medioambiente, ciencia e investigación de La Voz de Galicia.

Lembramos que os Museos Científicos Coruñeses continuarán con xornadas de acceso gratuíto ata o domingo 14, nas que os visitantes poden coñecer estes días as exposicións e actividades dos tres museos de maneira gratuita. Na Domus proxectáse unha nova película en 3D, SOS Planet, un documental de animación que invita a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. Hai sesións ás 18 horas de luns a venres, e os sábados, domingos, festivos ás 12 e 17 horas (versión en galego), ás 13 e 18 horas (versión en castelán). No Aquarium pódese asistir a unha sesión da Charca das Caricias, na que a diario se ofrecen obradoiros de bioloxía mariña para coñecer en vivo e en directo aos inquilinos do Aquarium Finisterrae: "Tiburóns en familia", ás 13:00 e 18:00 horas e "Proxecto Santiaguiño" ás 11:00 e 16:00 horas. Entre as propostas da Casa das Ciencias están a nova exposición de ilustracións de natureza, "Unha ollada natural", ou as sesións de planetario que se ofertan o sábado e o domingo: ás 12:00 horas "A noite do Vampiro" (galego), ás 13:00 horas "Evolución" (castelán), ás 17:00 horas a sesión infantil "El mundo de Fugaz" (castelán), e ás 18:00 horas "Evolución" (galego).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia

O programa de actividades ábrese con xornadas de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, do 8 ao 14 de novembro, días nos que os visitantes poderán coñecer as exposicións e actividades dos tres museos de maneira gratuíta. Na Casa das Ciencias atoparán a mostra de ilustracións científicas "Unha ollada natural", ou as experiencias interactivas da primeira planta; na Domus a exposición "Eureka!" adentra aos visitantes na creatividade como parte da ciencia; e no Aquarium se pode asistir a unha sesión da Charca das Caricias, ou á alimentación das focas, entre moitas outras propostas.
Ademáis, haberá outros actos programados para a Semana de Ciencia.
O luns 8 presentarase na Domus unha nova película en 3D, titulada "SOS Planet". Desde as profundidades do océano ao frío glacial do Ártico e a espesura da xungla de Borneo, "SOS Planet" convida a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. E para iso propón tres temas de actualidade: o quecemento global, a destrución dos hábitats oceánicos e a deforestación. A partir do luns 8 haberá sesións ás 18 horas de luns a venres. Os sábados, domingos, festivos ás 12 e 17 horas (versión en galego), ás 13 e 18 horas (versión en castelán)
A Semana da Ciencia nos Museos Científicos Coruñeses rematará cos actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2010. A ceremonia de entrega será o sábado 13 de novembro no salón de plenos do concello. Ademáis, con motivo deste acto, celebraranse os seguintes abertos ao público:
- Venres 12 de novembro, ás 20 horas na Domus: Mesa redonda sobre "A ciencia prensa escrita", coa participación de Patricia Fernández de Lis (Público), Elena Sanz (Heraldo de Aragón), Raúl Romar (La Voz de Galicia).
- Sábado 13 de novembro, na Domus:
- 11:30 horas. Presentación do documental "En busca do mexillón de río", Prisma ao mellor traballo multimedia 2010. Lugar: sala Leonardo da Vinci, Domus (r/ Santa Teresa 1).
. 12:00 horas. Presentación do libro "Vivir dos vidas: un viaje por la metamorfosis de los insectos", de Xavier Bellés, Prisma ao mellor texto inédito 2009, editado en colaboración con La Voz de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa das Ciencias: exposición “Unha ollada natural”, de Calros Silvar

martes, 2 novembro 2010, 12:54 | Category : exposicións, fotografía, museos científicos
Tags : , ,

Do cartel Ollada defxoves 4 ao martes 30 de novembro
Casa das Ciencias
De 10:00 a 19:00 todos os días.
Entrada xeral: 2 euros (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 euro).

Na exposición "Unha ollada natural" Calros Silvar presenta vinte cadros que ofrecen aos visitantes pinceladas da biodiversidade de Galicia. Aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas, e árbores representados pola súa man profesional. Son unha escolma das ilustracións feitas para guías de natureza e outros libros da mesma temática. Tamén hai debuxos de cadernos de campo, onde se poden observar bosquexos a apontamentos do natural, a cara oculta do traballo de ilustracións da natureza. O seu autor, Licenciado en Belas Artes, é ilustrador, naturalista e afeccionado á ornitoloxía. Ten publicados máis de cen libros, e foi galardoado con varios premios de ilustración, debuxo de humor e banda deseñada. A inauguración realizarase o mércores 3 ás 19:00 h., estando aberta ao público desde o xoves 4.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

III Mostra de Ciencia e Cinema: proxeccións do xoves 28 (suspéndese a proxección no Teatro Rosalía)

Xoves Mostra de Ciencia e Cinema 2010 28. Actividades da III Edición da Mostra de Ciencia e Cinema.

- Domus. Proxección de filmes a concurso. Vídeo. Sala Leonardo da Vinci.
De 16:00 a 19:00 h.
Darkened horizons (Karen Aqua & Ken Field, 2010) 4 min. Esta película animada reflicte o derrame de petróleo da plataforma petrolífera Deepwater Horizon no Golfo de México e o seu impacto medioambiental. Foi creada por estudantes de entre once e trece años da escola secundaria Sidney Gutierrez de Roswell, Novo México, Estados Unidos, baixo a dirección da animadora Karen Aqua e o compositor Ken Field. Os estudantes realizaron os debuxos a man e crearon todo o deseño artístico, os efectos de son, a música e a narración da curta.
Cellular movie (Xurxo González, 2010) 4 min. (Ficción) Un filme vai cambiar o destino da humanidade…
Black rain (Ruth Jarman & Joe Gerhardt, 2009) 3 min. Black Rain nace de imaxes compiladas polo satélite solar stereo; o que vemos é froito dos datos obtidos polo HI (Heliospheric Imager) no seu seguimento do vento solar e as execcións de masa da coroa en dirección á Terra. Igual que nunha curta anterior dos Semiconductor, Brilliant noise (segundo premio na Mostra 2008) Joe Gerhardt e Ruth Jarman traballan con datos de satélites científicos que aínda non foron limpados e procesados para o consumo público.
Beste Steve (Herman Asselberghs, 2010) 45 min. Dear Steve amosa a desmontaxe suave e desapiadada dun Macbook-Pro do trinque e o acto de mirarlle as tripas a esta ferramenta de traballo dixital.
Higgs, into the heart of imagination (Hannie van den Berg & Jan van den Berg, 2009) 54 min. Este documental trata da curiosidade, a paixón e o poder da creatividade na ciencia. Amosando ao longo de catro anos o traballo dos físicos do CERN os directores crearon unha viaxe ao corazón da imaxinación. Seguen a Stan Bentvelsen, xefe do grupo de investigación holandés do CERN, e observan como el prepara ao seu equipo para a posta en marcha do LHC, así como a competición científica por atopar a esquiva partícula de Higgs.
The ancient astronomers of Timbuktu (Guy Spiller, 2009) 60 min. Científicos de hoxe en día exploran por primeira vez o gran arquivo de manuscritos de Tombuctú. Os donos dos manuscritos e os expertos en conservación enfróntanse ao espectacular clima de Tombuctú para preservar os documentos mentres os investigadores actuais descobren o coñecemento astronómico dos eruditos africanos de hai séculos.

- Planetario (Casa das Ciencias)
16:30 h. Heard laboratories, de Ernst Karel. Audición colectiva do seu traballo de etnografía sonora nos espazos de investigación científica da Universidade de Harvard. 30 min.

- CGAI
18:00 h. Secrecy. Peter Galison e Robb Moss, 2008. 85 min. Un achegamento ao amplo e invisible mundo da seguridade e os segredos de goberno. A película explora o seu papel e consecuencias, da necesidade ou procura de garantías democráticas ao deterioro das liberdades civís. Participa no Festival de Sundance e gaña premios en Newport e Boston.
21:00 h. Twist of fate (Karen Aqua, 2009). Proxección en 35mm + sesión Lois Patiño. 90 min. Esta curtametraxe experimental de animación explora a transformadora experiencia de ser diagnosticado cunha enfermidade que pon en perigo a vida. Esta peza expresionista captura impresións derivadas desta experiencia: convulsión, incerteza, a sensación de intromisión física, a perda de control. Ao explorar esta paisaxe física e emocional, o filme visualiza un mundo interno dentro do corpo, imaxinado a nivel celular.

- Teatro Rosalía de Castro
20:30 h. Son & moon. Manuel Huerga, 2009. 90 min. ESTA PROXECCIÓN SUSPÉNDESE POR PROBLEMAS TÉCNICOS. TODAS AS DEMAIS ACTUACIÓNS PREVISTAS ATÉ O SÁBADO MANTÉÑENSE.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google