Museos Científicos: horarios e actividades a partir de setembro

Estas son as principais actividades e horarios dos Museos Científicos Coruñeses desde este mes de setembro:

Casa das Ciencias. Horario: de 10:00 a 19:00 todos os días. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €). Entrada ao Planetario: 2 € (menores de 14, maiores de 65, carné xove e tarxeta Vinte: 1 €).

Proxeccións no Planetario (sábados, domingos e festivos):
- 12:00 h. A noite do vampiro (infantil, galego)
- 11:00 h. O ceo para enteirados (só o último sábado de cada mes)
- 12:00 h. O ceo do mes (só o último sábado de cada mes)
- 13:00 h. Evolución (español)
- 17:00 h. El mundo de Fugaz (infantil, español)
- 19:00 h. Evolución (galego)
(Contido e idades recomendadas)
Exposicións
:
- O asombro de Mr. Darwin.
- Palabras de la ciencia.
- Da Terra ao Universo. Exposición fotográfica.
- Unha ollada natural, exposición fotográfica. De Calros Silvar. Do 4 ao 30 de novembro.

Aquarium Finisterrae. Horario: de 10:00 a 19:00 todos os días (até as 20:00 h. os sábados, domingos e festivos. O acceso péchase unha hora antes do peche do Aquarium). Entradas: xeral: 10 €; (menores de 14, maiores de 65, carné xove e tarxeta Vinte: 4 €).

Exposicións:
- Farmacuáticos. A botica do mar.
- Mare oceanum.
- Charca das Caricias.
- O Ártico e o cambio climático en Groenlandia, exposición fotográfica de Carlos Caraglia. Desde o 28 de setembro até finais de decembro.
- Cardume de sardiñas na Sala Maremagnum. A partir do 7 de outubro.

Domus. Horario: de 10:00 a 19:00 horas. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €).

Proxeccións:
- "Sos Planet" 3D. De luns a venres ás 18:00 h. Sábados, domingos e festivos: 12:00 e 17:00 en galego; 13:00 e 18:00 en castelán. Do 21 de decembro ao 9 de xaneiro do 2011 ás 12:00 h. (versión en castelán) e 17:00 h. (versión en galego).
- Wild safari. Do 21 de decembro ao 9 de xaneiro do 2011, ás 13:00 h. (versión en galego) e 18:00 h. (versión castelán).
Exposicións:
- Eureka!. Ciencia e creatividade.
- Homínidos e homínidas.
- Albinismo. Unha condición xenética, dúas realidades: España e Senegal. Desde o 1 de outubro.
- Éufrates. Un río de historia. Do martes 21 de decembro ao sábado 29 de xaneiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos: actividades e horarios de verán (do 1 de xullo ao 31 de agosto)

Estas son as principais actividades e horarios dos Museos Científicos Coruñeses durante o verán (desde o 1 de xullo até o 31 de agosto):

Casa das Ciencias. Horario: de 11:00 a 21:00 todos os días. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €). Entrada ao Planetario: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €).

Proxeccións no Planetario:
- 12:00 h. A noite do vampiro (infantil, galego)
- 13:00 h. Evolución (español)
- 17:00 h. El mundo de Fugaz (infantil, español)
- 18:00 h. O ceo de hoxe (directo, bilingüe)
- 19.30 h. Evolución (galego)
(Contido e idades recomendadas)
Exposicións
:
- O asombro de Mr. Darwin.
- Palabras de la ciencia.

Aquarium Finisterrae. Horario: de 10:00 a 21:00 todos os días. Entradas: xeral: 10 €; (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 4 €).

Exposicións:
- Farmacuáticos. A botica do mar.
- Mare oceanum.
- Wildlife Photographer of the year (Fotógrafos da natureza).
- Peixes electrónicos, de Wolfgang Trettnak.
- Charca das Caricias.

Domus. Horario: de 11:00 a 21:00 horas. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €). Entrada ao cinema: 4 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove, 2 €).

Proxeccións:
- Monstros mariños 3D. Todos os días: 12:00, 17:00, 19:00 en galego, 13:00, 18:00, 20:00 en español.
Exposicións:
- Eureka!. Ciencia e creatividade.
- Un anaquiño de Nicaragua. Exposición fotográfica de Fernando Bellas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Ciencia continua”: intervencións de investigadores e divulgadores na Casa das Ciencias

xoves, 3 xuño 2010, 10:00 | Category : ciencia
Tags :

Xoves 3
10:00 a 19:00
No exterior da Casa das Ciencias

"Ciencia continua" consistirá en diversas intervencións curtas de investigadores e divulgadores da ciencia ao longo de todo o periodo de apertura da Casa das Ciencias (XXV Aniversario). Portas abertas na Casa das Ciencias do 31 de maio ao 6 de xuño. Máis información en www.casaciencias.org.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XXV ANIVERSARIO DA CASA DAS CIENCIAS

venres, 28 maio 2010, 17:37 | Category : música
Tags : , , ,

Sábado 29
Planetario

*AVISO da organización: a entrada é libre e de balde para o CONCERTO DAS 22:00 diante do Palacete da Casa das Ciencias*

21:00.- RECITAL DE GUADI GALEGO, GUILLERMO FERNÁNDEZ E XABIER DÍAZ no Planetario (entrada libre até completar capacidade)
22:00.- CONCERTO DE GUADI GALEGO, GUILLERMO FERNÁNDEZ E XABIER DÍAZ, no exterior da Casa das Ciencias
23:00.- OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA POLA AGRUPACIÓN ASTRONÓMICA ÍO

Programa completo aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Premios Prisma Casa das Ciencias á divulgación 2010

luns, 10 maio 2010, 10:47 | Category : ciencia, premios
Tags : ,

Xa está aberta a convocatoria 2010

O certame é una iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballaban neste campo. Concederanse os Prismas de Bronce aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de multimedia, textos inéditos, artigos xornalísticos, (dotadas cun premio de 6.000 euros), libros editados e un Prisma Especial do Xurado. Esta última modalidade está dotada cun premio de 9.000 euros, para o que se conta coa colaboración da empresa PharmaMar grupo Zeltia
Os traballos presentados deberán tratar sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.

Máis información e bases da convocatoria na web da Casa das Ciencias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Planetario conectará este venres co Instituto de Astrofísico de Canarias

mércores, 21 abril 2010, 0:05 | Category : 1
Tags : , ,

O Planetario da Casa das Ciencias conectará este venres co Instituto de Astrofísica de Canarias para ver traballar en directo os seus telescopios. As persoas que desexen asistir a esta actividade, que é gratuíta, deben reservar praza chamando ao teléfono 981 189 844.

Será este venres, 23 de abril, ás 21:45 horas, e durante un par de horas realizarase unha conexión dende o Planetario da Casa das Ciencias co Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC). Durante a sesión o público poderá ver traballar en directo os técnicos do telescopio IAC80 e charlar con eles a través de webcam e chat, o que permitirá pedirlles imaxes dalgún obxecto. Tamén se ensinará aos asistentes a localización do telescopio e, se as condicións o permiten, conectarase coa sala de control do Gran Telescopio Canarias (GTC) para saudar aos astrónomos que estarán a traballar esa noite no que actualmente é o telescopio de maior tamaño instalado no mundo.

Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarida - A Coruña).
Entrada gratuíta. Aforamento limitado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Martes de Entroido, xornada de portas abertas dos Museos Científicos Coruñeses

xoves, 11 febreiro 2010, 13:30 | Category : Entroido, museos científicos
Tags : , ,

O martes de entroido a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta para todos os visitantes.

A oferta de ocio da Casa das Ciencias inclúe a exposición O asombro de Mr. Darwin, que recibe ao público no exterior do edificio con unha reprodución de Harriet, a tartaruga das Galápagos recollida por Darwin. A maqueta, realizada a tamaño natural, permitirá ao público, especialmente ao infantil, coñecer máis de preto este animal.

Na Domus pódese asistir a unha sesión de cine 3D, coa película Monstros mariños. Unha aventura prehistórica. Trátase dunha producción co aval científico de National Geographic sobre os incribles animais que dominaron os mares da Terra hai millóns de anos. Haberá sesións ás 12 e 17 horas (versión en galego), ás 13 e 18 horas (versión en castelán)

No Aquarium é unha boa ocasión para asistir á actividade de alimentación das focas, que se celebra ás 12 e ás 17 horas, ou para visitar unha das últimas incorporacións da sala Maremagnum, o acuario cilíndrico de 10.000 litros de capacidade no que se representa un ecosistema litoral. Neste tanque o nivel de auga baixa e sobe cada catro horas simulando as mareas e as situacións que se producen durante este proceso (formación de pozas, escorrentías, ondada, correntes, etc), permitindo visualizar magníficamente o espazo intermareal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O asombro de Mr. Darwin, nova exposición da Casa das Ciencias

venres, 4 decembro 2009, 15:00 | Category : ciencia, exposicións, museos científicos
Tags : ,

libros_darwin

Con motivo da celebración do Ano Darwin, e coincidindo co 150 aniversario da publicación do seu libro A orixe das especies (24 de novembro), os Museos Científicos Coruñeses presentan unha exposición que constitúe a intervención estrela deste aniversario. A mostra pretende trasladar ao público o labor do protagonista dun descubrimento científico que transformou a nosa forma de comprender o mundo: a teoría da evolución biolóxica por medio da selección natural. A nova afirmación de que os seres vivos actuais, incluído o ser humano, proceden doutros anteriores, dos que se orixinaron por mor de mecanismos naturais, revolucionou a ciencia e moitas outras cousas.

viaxe_darwin

O asombro de Darwin é o dun mozo atraído polo coñecemento e goce da natureza e fascinado polo que observa na súa singular viaxe. Tamén é o do home que constrúe unha teoría revolucionaria, conmovido pola consciencia da súa transcendencia e impacto. Un asombro intelixente que vai parello coa estrita aplicación dunha metodoloxía científica, mostrando, así mesmo, o aspecto creativo da ciencia, un estimulante camiño de preguntas e respostas, no que Darwin percorreu un bo treito.

O equipo dos Museos Científicos Coruñeses é autor do guión da exposición así como da súa producción.

Descargar dossier de prensa da exposición: OpenOffice, PDF

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Esta fin de semana haberá Cosmicontos no planetario da Casa das Ciencias

venres, 4 decembro 2009, 13:00 | Category : ciencia, museos científicos
Tags : , , ,

O sábado 5 e o domingo 6 de decembro os máis novos teñen unha cita ás 17 horas na Casa das Ciencias. Da man do grupo Chévere celebraranse Cosmicontos, sesións especiais de teatro co planetario como fondo pensados para nenos entre 4 e 10 anos. É unha actividade co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O sábado 21 e o domingo 22, entrada de balde na Casa das Ciencias

venres, 20 novembro 2009, 10:00 | Category : ciencia, museos científicos
Tags :

Esta fin de semana a entrada á Casa das Ciencias será de balde, unha medida adoptada para paliar o feito de que a fin de semana pasada non fose posíbel o acceso ao museo tralo peche do Parque de Santa Margarita pola alerta de temporal. Os visitantes terán oportunidade de participar nas experiencias interactivas das súas plantas de exposicións e asistir ás sesións de planetario:

12 h. La noche del vampiro (infantil, versión castelán)
13 h. Evolución (versión galego)
18 h. Evolución (versión castelán)

Ademáis, eses dous días, ás 17 horas celebraránse Cosmicontos, sesións especiais de teatro co planetario como fondo para nenos entre 4 e 10 anos. É unha actividade co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia. O horario de apertura da Casa das Ciencias é de 10 a 19 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mércores 7 de outubro os Museos Científicos Coruñeses celebran xornada de portas abertas

martes, 6 outubro 2009, 9:00 | Category : ciencia, museos científicos
Tags : , ,

Tal como recolle a ordenanza municipal reguladora de taxas o 7 de outubro, festividade da Virxe do Rosario, patroa de A Coruña, a entrada será gratuíta para todos os visitantes á Casa das Ciencias, Domus e ao Aquarium Finisterrae. Ademais dos contidos habituais, as persoas que os visiten terán oportunidade de coñecer algunhas das últimas novidades presentadas.

Na Domus será unha das últimas ocasións para visitar a exposición World Press Photo 09, que será clausurada o 10 de outubro. A mostra contén as mellores fotografías de fotoxornalistas de todo o mundo, premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa. Tamén na Domus se poderá asistir a unha sesión de cine 3D, coa película Monstros mariños. Unha aventura prehistórica. Trátase dunha producción co aval científico de National Geographic sobre os incribles animais que dominaron os mares da Terra hai millóns de anos. Unha viaxe submarina polos océanos máis perigosos de todos os tempos. O mércores 7 haberá sesións ás 12 e 17 horas (versión en galego), e ás 13 e 18 horas (versión en castelán).

No Aquarium Finisterrae pódese visitar estes días Darwin e o mar, unha colección de módulos e acuarios sobre evolución marina e o estudos de Darwin sobre os arrecifes de coral. Un dos elementos máis espectaculares da exposición é un acuario cilíndrico de 10.000 litros de capacidade no que se representa un ecosistema litoral, no que o nivel de auga baixa e sobe cada catro horas simulando as mareas e as situacións que se producen durante este proceso (formación de pozas, escorrentías, ondada, correntes, etc), permitindo visualizar magníficamente o espazo intermareal. É tamén unha boa ocasión para asistir á actividade de alimentación das focas, que se celebra ás 12 e ás 17 horas, ou para baixar ao Nautilus para ver como lles dan de comer aos tiburóns, ás 12:30 horas.

O Planetario da Casa das Ciencias proxecta un programa infantil, A Noite do vampiro, pensado para nenos e nenas de entre 4 e 10 anos. É unha historia sobre o Conde Von Siro, un encantador vampiro que hai moito decidiu ser vexetariano, porque o sangue lle daba ardor de estómago. Decidiu coñecer o ceo, e agora, cóntanolo a todos. Haberá sesións ás 12 e ás 17 horas. E na segunda planta da Casa das Ciencias os visitantes atoparán Anfibios, a vida entre dous mundos, unha exposición temporal que celebra o Ano Internacional da Ra. A mostra contén unha selección de ras, sapos e outros anfibios vivos de diferentes partes do mundo, aloxados en terrarios acondicionados ás súas características.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A noite do vampiro, novo programa de planetario para nenos

xoves, 2 xullo 2009, 13:30 | Category : museos científicos
Tags : , ,

cartelvampiroO Conde Von Siro é un encantador vampiro que hai moito decidiu ser vexetariano e alimentarse só de zume de tomate. Vive nun remoto castelo dedicado ás súas afeccións preferidas: ler, tocar o órgano do seu bisavó e observar o firmamento. Canso de tantas noites anubradas nas que non pode ver as estrelas, decide contratar un científico para que constrúa un simulador de ceo. Tras pasar varias semanas encerrado no laboratorio, Dagoberto, que así se chama o seu axudante, completa a máquina e preséntalla ao conde: o Kinké Catódico Bicéfalo, un artefacto espectacular que lle permite reproducir un ceo estrelado ou viaxar a outros planetas.

Esta divertida produción do Planetario de Pamplona foi adaptada ao novo sistema de proxección dixital da Casa das Ciencias, e é o primeiro programa infantil da nova carteleira. Con este planetario dixital, instalado a comezos de ano co patrocinio de Caixanova, o programa pode incorporar panoramas e ceos completos e proxeccións de imaxes en movemento en toda a cúpula. Deste xeito, os espectadores entrarán nas dependencias do castelo do Conde Von Siro, recreadas a toda cúpula, e descubrir o ceo da noite, no que se poden observar as estrelas, planetas e constelacións. O público tamén poderá viaxar ata paisaxes de Marte, a Terra e a Lúa, representados en panoramas de 360º, ou achegarse a Saturno para ver como son os seus aneis, formados por anacos de xeo.

A noite do vampiro é un programa pensado para nenos e nenas de 4 a 10 anos, e proxéctase durante xullo e agosto de luns a domingo ás 12 (versión en galego) e ás 17 horas (versión castelán).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Casa das Ciencias celebra un curso de iniciación á astronomía

O Planetario da Casa das Ciencias organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Agrupación Astronómica Io, un curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 23 ao 26 de marzo. En plena celebración do Ano Internacional da Astronomía, este curso práctico diríxese a persoas sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a simple vista. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento. Tamén se mostrará o uso de prismáticos e pequenos telescopios para descubrir obxectos de ceo profundo, sen esquecer unha referencia aos últimos achados científicos sobre o Universo. Se as condicións o permiten, o último día do curso realizarase unha saída nocturna para ver o firmamento.

Datas do curso: Do 23 ao 26 de marzo de 2009
Horario: de 19:30 a 21:30 horas
Lugar: Planetario da Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita. A Coruña.
Inscrición: 40 € (xeral), 20 € en tarifa reducida (menores de 14 anos, maiores de 65, titulares do Carné Xoven, membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e da Agrupación Astronómica Ío). A inscrición inclúe todos os materiais do curso e unha Tarxeta Vente de acceso anual aos Museos Científicos Coruñeses.
Información e inscricións: Secretaría da Casa das Ciencias. Teléfono 981189 844.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornada de portas abertas nos Museos Científicos

luns, 23 febreiro 2009, 11:33 | Category : ciencia
Tags : , , ,

Mañá 24 de febreiro, martes de entroido, é o primeiro dos nove días de portas abertas que ao longo de 2009 ofrecerán os Museos Científicos Coruñeses. O acceso á Casa das Ciencias, á Domus e ao Aquarium Finisterrae será, pois, de balde durante a xornada do martes. Os Museos Científicos estarán abertos no seu horario habitual de 10 a 19 horas (unha hora máis, até as oito do serán, no caso do Acuario).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Importante: acceso restrinxido ao Parque de Santa Margarita

mércores, 28 xaneiro 2009, 18:01 | Category : comunicados
Tags : ,

Por mor dos danos que no arboredo causou o temporal o acceso ao Parque de Santa Margarita seguirá a ser moi restrinxido durante os próximos días, para garantir a seguridade dos cidadáns e evitar posíbeis percances derivados da caída de follaxe e pólas. Os traballos de limpeza e retirada de ramas nas zonas de risco continuarán nos próximos días, polo cal até que a situación non volva á normalidade todas as entradas ao Parque quedarán pechadas agás a que dá ás rúas Vista Alegre e Padre Sarmiento. Para achegarse á “nova” Casa das Ciencias, que foi reinaugurada oficialmente hoxe, deberán acceder preferentemente por esa entrada e continuar cara o edificio polo camiño habilitado e sinalizado. Non se poderá circular libremente polo Parque, mais si será posíbel visitar a Casa das Ciencias, cuxa entrada desde hoxe até o domingo será de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google