Fórum Metropolitano: actuacións do mércores 15 na ‘Mostra de Escolas de Teatro 2011′

Mércores MANICOMICOSmostra201115
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 3 euros.

Dentro da "Mostra de Escolas de Teatro 2011", representación das seguintes obras:
- CasaHamlet: "Travesía" , sobre textos de Manuel Lourenzo e outros autores.
- Teatro do Andamio: "El aniversario", de Anton Chekhov, dirixida por Tatiana Likhacheva.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: ‘Mostra de Escolas de Teatro 2011′, organizada pola A. C. Manicómicos

A MANICOMICOSmostra2011Mostra de Escolas de Teatro é un proxecto que coordina Manicómicos coa colaboración da Concellaría de Cultura e o Fórum Metropolitano. Trátase dun punto de converxencia de distintas escolas de teatro de Galicia. Un viveiro de artistas das artes escénicas e unha grande oportunidade de amosar a evolución de novos intérpretes e creadores de teatro, clown, mimo, circo… Este é o programa previsto, con entradas a 3 euros, salvo a sesión do xoves 16 de xuño ás 16:30 horas, en que custarán 2 euros:

- Mércores 15 de xuño, 20.30 h.
* CasaHamlet: "Travesía" .
* Teatro do Andamio: "El aniversario".

- Xoves 16 de xuño:
17:00 h. (Para nenos: entradas a 2 euros).
* O Baixiño: "Circo Alegre".
* Manicómicos: "Os vagabundos" e "Patasarriba".
20:30 h.
* Espazo Aberto: "Poema visual".
* Manicómicos: "Mostra colectiva".

- Venres 17 de xuño, 20.30 h.
* T. E. N. (Teatro Escola de Narón): "Pasatempo".
* Escola de Artes Ardebullo: "Unha de vaqueiros".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa ACtúa: obradoiro “A voz na expresión teatral”, con Santiago Fernández e Manuel Lourenzo

Do luns 9 BANNER-ACtuaao xoves 12 de maio
CasaHamlet (Rúa Alfonso VII, 11, baixo)
De 16:00 a 19:00 h., un total de 12 horas.
Prezo: 15 euros.

Finaliza o Programa "ACtúa", de formación teatral para profesionais, organizado pola CasaHamlet, Manicómicos e Teatro do Andamio, en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, co obradoiro "A voz na expresión teatral", por Santiago Fernández e Manuel Lourenzo. Do estudo da voz do actor –un dos eixos da expresión teatral- á súa implicación na personaxe, eixe da acción escénica:
- 1. A voz do actor: Respiración; Relaxación e movemento; O arco vocálico. Orixe dos sons; Os ritmos. Acentos, pausas, minoración, etc.; e Exercicios prácticos: lectura, improvisación.
- 2. A voz da personaxe. Da voz do actor á voz da personaxe; A personaxe. Contexto e características: época-momento, tempo-situación, psicoloxía, episodio-conflito; e Exemplos prácticos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“ACtúa”, programa de formación teatral para profesionais

O Programa BANNER-ACtua"ACtúa", de formación teatral para profesionais, organizado pola CasaHamlet, Manicómicos e Teatro do Andamio, en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, ten o seguinte calendario de actividades:
- 19, 20, 21, 26 e 27 de xaneiro: "A arte do actor e o proceso creativo", por Óscar Codesido. O programa centrarase no traballo sobre diferentes elementos imprescindibles para a creación escénica que esencialmente se basean no tempo dramático: tempo, duración, repetición e resposta escénica e o espazo dramático: forma corporal, xesto, ... Relación espacial, arquitectura e topografía escénica.
- Do 7 ao 10 de febreiro: "Da interpretación teatral á interpretación para cámara", por Mariana Carballal. O tránsito dende o teatro ao audiovisual pasa por coñecer e recoñecer as características e técnicas específicas que requiren ambos medios, para poder cruzar a ponte dun ámbito ao outro aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrecen. Por iso, partindo das técnicas teatrais en canto á utilización psicofísica destas polo actor ou actriz, descubriremos as similitudes e diferenzas da súa utilización na interpretación ante a cámara.
- Do 21 de febreiro ao 4 de marzo: "Curso de interpretación", por John Strasberg. Traballo sobre unha escena escollida por cada alumno ou grupos de alumnos coas seguintes premisas: Una vez feita a inscrición condicional a organización poñerase en contacto coas persoas interesadas para solicitarlles o seu curriculum e a escena ou escenas que queiran traballar para formar un grupo cohesionado. As persoas que queden fóra do grupo poderán asistir como oíntes; cada alumno/a trae a escena coa que vai traballar, estudada de memoria e analizada; nos casos en que varios alumnos traballen xuntos unha mesma escena, dedicaráselles un tempo maior.
- Do 14 ao 17 de marzo: "O teatro en espazos alternativos", por Alberto Romero. Este obradoiro aborda técnicas aplicadas á creación teatral en espazos pechados ou abertos non convencionais, con público expectante ou improvisado, quieto ou en movemento, traballando de modo diferencial aqueles elementos técnicos que o actor e a actriz manexan no seu quefacer interpretativo: expresión, movemento, enerxía, proxección... en consideración a diversos ámbitos escénicos máis alá do clásico escenario á italiana.
- Do 28 de marzo ao 1 de abril: "Do monólogo ao diálogo", por Olga Magaña. Este curso, dirixido a profesionais do teatro, aborda e afonda diversas técnicas de investigación e expresión co obxectivo de servir de utilidade no traballo de creación de actores e actrices á hora de enfrontarse a un monólogo dende os seus diversos formatos, así como a aplicación, desenvolvemento e concreción das devanditas técnicas en escenas dialogadas. En virtude das características peculiares que configuran o interlocutor escénico (público, personaxe presente, ausente, real ou virtual) abordaranse tratamentos específicos do ritmo, a cadencia, o movemento e o espazo discorrendo do texto á escena, da acción á palabra... do monólogo ao diálogo. Direccionalidade, técnica e a combinación dos diferentes rexistros posibilitaranos transmitir organicamente o discurso interpretativo.
- Do 11 ao 16 de abril: "Obxecto, espazo, acción", por José Luis Raymond. Este curso está destinado a actores, actrices ou artistas plásticos que queiran traballar cos conceptos espaciais contemporáneos, así como cos elementos e materiais que xorden das dramaturxias visuais. con estes obxectivos: coñecer a acción teatral a través do obxecto como desenvolvemento visual, conceptual e estético de situacións que pasan pola abstracción , a narración e o simbolismo, e creación de espazos persoais, onde os apéndices corporais forman parte da prolongación da personalidade artística e visual. Tadeus Kantor, coas súas mochilas e apéndices corpóreos.
- Do 27 de abril ao 1 de maio: "A expresión do clown", por Michele Dallaire. O programa deste curso consiste en desenvolver e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena con un mesmo e co público tendo en conta a técnica do Clown. Os temas que se van tratar son: a personaxe a través do corpo: disociacións, silueta, pesos, expresividade, transferencias de enerxía, xeitos de camiñar e comportarse, ritmo, marcas, actitudes físicas, tics; o xogo escénico e as técnicas de actuación: a relación co público, a urxencia, o ritmo, o gag, a sorpresa, a reactivación, a escoita, o espazo; e a construción: a entrada a escena, o pretexto, a reacción, a graduación das emocións, o tempo do público, o risco, as bromas, o fracaso, a saída…
- Do 9 ao 12 de maio: "A voz na expresión teatral", por Santiago Fernández e Manuel Lourenzo. Do estudo da voz do actor á súa implicación na personaxe, eixe da acción escénica: A voz do actor: respiración, relaxación e movemento, o arco vocálico, os ritmos e exercicios prácticos; e A voz da personaxe: da voz do actor á voz da personaxe, a personaxe, contexto e características e exemplos prácticos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Domus celebra os 150 anos da publicación do libro "A orixe das especies"

luns, 23 novembro 2009, 17:51 | Category : ciencia, museos científicos
Tags : , ,

O 24 de novembro cúmprense 150 anos da publicación dun dos libros máis importantes da historia da humanidade, A orixe das especies, de Charles Darwin, e os Museos Científicos Coruñeses queren celebrar a data dun xeito singular.

Para iso programáronse dous actos na Domus, que comezarán ás 20 horas

- A estrea dunha peza de teatro realizada especificamente para este evento pola compañía teatral CasaHamlet. A peza, titulada Encontro no xardín, fai referencia a Alfred Wallace, o amigo de Darwin e investigador da evolución das especies.

- A conferencia Como a xenética nos conta a historia das poboacións humanas, a cargo de Dr. Antonio Salas Ellacuriaga, investigador do Instituto de Medicina Legal, Universidade de Santiago de Compostela.

A entrada é libre e gratuita.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google