Kiosko Alfonso: homenaxe a Castelao no 125 aniversario do seu nacemento
Sábado
5
Kiosco Alfonso
12:00
Entrada libre até completar capacidade.
O acto de homenaxe a Castelao, no 125 aniversario do seu nacemento, forma parte dunha celebración organizada pola Federación de Asociacións Culturais de Galiza, Galiza Cultura, que, desde o 30 de xaneiro, está a se desenvolver polas principais vilas e cidades do país. Na Coruña, constará das seguintes intervencións:
- Colocación da lona conmemorativa do 125 aniversario do nacemento de Castelao.
- Intervencion de María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da Coruña.
- Intervención, no nome de Galiza Cultura, de Roberto Catoira, presidente da entidade promotora da homenaxe na cidade, a A. C. Alexandre Bóveda.
- Lectura de textos de Castelao referidos á lingua galega a cargo de Xoán Carlos Mexuto.





















