Castelo de San Antón: concerto de 3 Azoteas, no ciclo “Son de Noite”
Venres
22
Castelo de San Antón
22:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro do ciclo "Son de noite", concerto de 3 Azoteas, trío de músicos que beben do rock e o jazz progresivos, máis empeñados en contar unha historia que en limitarse a xogar cunha progresión harmónica estandarizada. O grupo está formado polo pianista Iago Mouriño, Miguel Queixas na batería e o baixista Pablo Pérez.


O ciclo
Ao longo da súa vida foi adquirindo unha magnífica formación teórica e depurando as súas excepcionais aptitudes coma intérprete para se converter nunha das artistas máis singulares no panorama da música con raíces, e non só noso país. Grazas á súa persoalísima voz e a súa poderosa actitude no escenario Mercedes Peón ofrece sempre uns espectáculos inesquecíbeis pola súa impresionante forza e enerxía. 



















