“Encontro Internacional: Conservando a Riqueza da Vida na Terra” no Aquarium
O
mércores 13 de abril comeza o "Encontro Internacional: Conservando a Riqueza da Vida na Terra", organizado polo Ceida e os Museos Científicos Coruñeses, que se celebrará do 13 ao 15 de abril no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e no Aquarium Finisterrae (A Coruña). A sesión inaugural terá lugar no Castelo de Santa Cruz ás 9:45 horas, coa intervención de José Jiménez García-Herrera, director xeral de Medio Natural e Política Forestal do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, que falará sobre "O desafío de conservar a riqueza da vida na Terra". Neste Encontro participarán expertos internacionais e representantes de relevantes institucións relacionadas coa conservación e xestión dos recursos naturais. O obxectivo é dar a coñecer os desafíos aos que se enfronta a conservación da riqueza da vida na Terra, tanto desde unha perspectiva global como facendo referencia a diferentes lugares emblemáticos do planeta. Así mesmo, preténdese divulgar actuacións e traballos de investigación que se están a desenvolver desde distintas institucións a prol da biodiversidade, así como amosar distintas ferramentas e instrumentos que nos capacitan para a conservación dos valores naturais e das áreas protexidas. O Encontro está dirixido a xestores de espazos naturais, estudantes universitarios, educadores ambientais, guías de espazos naturais protexidos, grupos ecoloxistas, técnicos medioambientais, axentes de desenvolvemento local, público en xeral. Coa colaboración da Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, e o patrocinio de Nova Caixa Galicia e o Programa "Bo para o mar, bo para ti".
10 de decembro – Castelo de Santa Cruz, sede do
Os días 10 e 11 de decembro terá lugar na Coruña e en Santa Cruz o seminario A conservación en acción. O desafío de conservar os océanos, organizado polo 
















