Festas María Pita 2011: actividades do xoves 18 de agosto

Xardíns de Méndez Núñez
18:00
Entrada libre.
Actuación da Banda de Gaitas Padroado de Narón.
19:00
Festival Internacional de Folclore. Gala inaugural.
Entrada libre.
- Nativos de Macondo (Colombia).
- Balafón (Togo).
- Cancioneiro de Agueda (Portugal).
- Izmir Folklor Arastirma Merkezi (Turquía).
- Panji Kilapawarno (Indonesia).
- Abuela Santa Ana (Albacete).
- Asociación de Coros e Danzas Eidos (A Coruña).

Xardíns da Rosaleda. Ao lado da Delegación do Goberno.
19:00
Entrada libre.
Teatro infantil: De quen quen, "Parrulo".

Praza de María Pita
22:00
Entrada libre.
Actuación do Centro Coreográfico Galego: 3DTres.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Colón Novacaixagalicia: representación da ópera “La clemenza di Tito”, de W. A. Mozart, dentro do Festival Mozart 2011

Sábado BANNER_festival_mozart_castellano215px18
Teatro Colón Novacaixagalicia
20:00
Entradas: 15, 29, 42 e 55 euros (máis información aquí).

Prosegue o Festival Mozart 2011 coa ópera en semi-representación "La clemenza di Tito", de Wolfgang A. Mozart, con libreto de Pietro Antonio Domenico Bonaventura Trapassi (Metastasio), quen se baseou na obra "Vida dos Césares" de Suetonio para escribir o libreto desta ópera. Trátase dunha historia de amores, traizóns e vinganzas na corte imperial romana, situación que non deixaba de ser moi real en Roma, sobre todo na Roma do Baixo Imperio. Xusto ao revés do que adoitaba suceder nestes casos na Roma imperial, o libreto desta ópera ten un final feliz porque Tito fai gala da súa clemencia (a "clemenza" que lle dá título á ópera) e perdoa os conspiradores.
Interpretada pola Orquestra da Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia (baixo a dirección de Joan Company) e o seguinte reparto:
- Lucia Cirillo, mezzosoprano (Sesto, amigo de Tito e namorado de Vitelia).
- Véronique Gens, soprano (Vitelia, filla do deposto emperador Vitelio).
- Shawn Mathey, tenor (Tito Vespasiano, emperador de Roma).
- Marta Matheu, soprano (Servilia, irmá de Sesto e namorada de Annio).
- Pilar Vázquez, mezzosoprano (Annio, amigo de Sesto e namorado de Servilia).
- Maurizio Muraro, baixo (Publio, prefecto pretoriano).

A dirección musical corre a cargo de Fabio Biondi, a dirección escénica de Marco Carniti, coa asistencia á dirección musical de Adrián Chamorro e Leonardo Morini no baixo continuo (cémbalo).

En coprodución co Consorcio de Santiago, coa colaboración do Centro Coreográfico Galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Colón Novacaixagalicia: ‘3D3′, do Centro Coreográfico Galego

Sábado 3dtres_cabecera11
Teatro Colón Novacaixagalicia
20:30
Entrada: 10 euros xeral (de 10 a 14 euros reservada).

"3D3" é un espectáculo do Centro Coreográfico Galego, con coreografías de Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun, baixo a dirección de Mercedes Suárez. Diferentes músicas, temas, vestiarios e postas en escena presentan cada una destas coreografías, que teñen non obstante o denominador común da técnica empregada polas cinco parellas de intérpretes -un estilo contemporáneo sobre unha sólida base de danza clásica- e o traballo integrador de Mercedes Suárez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do fin de semana no Festival Espazos que danzan

Sábado Espazos que danzan12 e domingo 13
Dentro do Festival Espazos que danzan 2011, terán lugar as seguintes actuacións:

- Sábado 12 de marzo.
- Domus. A Coruña.
* 20:00 h. "Mostra Obradoiro", por Leo Rodríguez. Prezo: gratuíto.
* 20:30 h. Natalia Jiménez, danza contemporánea e teatro. Prezo: gratuíto.
* 21:30 h. "Mostra de traballos: dúos e sós", do Centro Coreográfico Galego. Prezo: gratuíto.

- Sábado 12 e Domingo 13 de marzo.
Expocoruña.
* De 10:00 a 15:00 h. Clases técnicas e obradoiro de danza, dirixido a bailaríns e actores de teatro físico. Imparte a bailarina e coreógrafa Natalia Jiménez. De 10:00 a 12:00 h. clase técnica e de 12:00 a 15:00 h. obradoiro. Información e reservas en: experimentadanza at yahoo.es e o teléfono 663301765. Máximo: 20 persoas. Prezo: 50 euros.

O programa completo pódese consultar aquí: Espazos que danzan 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Etheria, a viaxe soñada”, do Centro Coreográfico Galego

venres, 2 xullo 2010, 9:54 | Category : danza
Tags : , ,

Sábado 3 e domingo 4
21:30
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 7, 10 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, desconto dun 20%).

Con: Irene Rubio, Ariel Caramés, Miguel Ángel Ponte, Astrid Molinero, Beatriz Garrido, Elena Chamorro, Fátima Fernández, Lucía Antonella, Carlos Ugarriza, Juan Miguel Hernández, Pablo Aradillas, Pastor R. Feal.
Música: Isaac Garabatos
Coreografía e dirección: Mercedes Suárez.

Etheria, a viaxe soñada, da directora e coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez, relata o regreso a Galicia dunha figura histórica galega, Etheria, despois dunha longa peregrinación que nos séculos IV ou V d.C. a levou a Xerusalén a través de Europa Meridional e Oriente Próximo. Muller culta e pertencente ás castas nobres, Etheria inicia a súa viaxe levada pola súa fe e polas súas crenzas nas máximas do priscilianismo. Da súa odisea apenas quedan referencias documentadas, converténdose así a súa historia en mito.
A Etheria de Mercedes Suárez amósase coas características que definiron o personaxe e o seu contexto, coa súa forza na fe e co seu carácter incisivo, para transcender as referencias históricas e realizar así unha representación de carácter atemporal, onde se pon de manifesto a importancia da viaxe como medio en si mesmo e como vía de coñecemento interior das propias persoas.
Seguindo a estética dos relatos de grandes viaxes na historia da humanidade e da mitoloxía, non pasan desapercibidas as alusións a Ulises e o seu regreso a Ítaca. A odisea de Etheria no seu regreso a Galicia represéntase a través dunha coreografía dinámica, cun acompañamento musical que marca o ritmo de cada escena e do seu relato, e cun tratamento estético que afonda nas inquietudes vitais dos personaxes
protagonistas e no propio acto da peregrinación.

Pódese descargar o tríptico con máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actuación do Centro Coreográfico Galego e Xacarandaina

sábado, 25 xullo 2009, 13:30 | Category : danza, música
Tags : ,

danza
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Giseliña do Centro Coreográfico Galego, esta fin de semana no Teatro Rosalía

venres, 6 marzo 2009, 10:00 | Category : danza
Tags : , , ,

O sábado 7 e o domingo 8 de marzo chega ao Teatro Rosalía Castro unha produción do Centro Coreográfico Galego, Giseliña, concibido, coreografiado e dirixido por Cisco Aznar. As funcións serán o sábado ás 21:00 e o domingo ás 19:00. As entradas custan 6 e 10 € (os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un desconto dun 20%).

Máis información: dossier de prensa en PDF

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google