Teatro Rosalía: “Unha hora na vida de Stefan Zweig”, pola Compañía Lagarta, Lagarta
Venres
2 e sábado 3 ás 20:30 h.
Domingo 4 ás 19:00 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
Dentro do Ciclo Principal, representación de "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Antonio Tabares, representado pola Compañía Lagarta, Lagarta. No espectáculo introducímonos nun día, nunha hora moi especial do matrimonio Zweig, Stefan e Lotte, que nos manterá en vilo sobre no que en realidade sucedeu na vida do grande escritor, ou no que puido suceder. O matrimonio Zweig toma unha gran determinación, calculada con meticulosidade, sobre as súas vidas. Pero no seu fogar preséntase un estraño e inoportuno visitante que nos permitirá profundar nas distintas posturas de todos eles ante a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras, o poder, a liberdade individual ou a fuxida permanente dun mundo que arrepía. E para iso, deixarán as súas almas ao descuberto, nunha hora, na que se pode dicir todo. Con Ernesto Chao, Belén Constenla e César Cambeiro, baixo a dirección de Rosa Álvarez.















