Real Academia Galega: conferencia “Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética”, de Antonio Gamoneda nos “IV Encontros Cidade da Coruña”, e entrega do Premio Escritor Galego Universal pola AELG

Venres CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA29
Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Última conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Antonio Gamoneda falará sobre "Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética", e a continuación ofrecerá unha lectura poética. A presentación do acto correrá a cargo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, contando tamén coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e da Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo.
Gamoneda recollerá neste acto o galardón "Escritor Galego Universal", concedido pola AELG, que destaca a altísima poesía e o insubornábel compromiso ético do autor, para quen o individuo, e por tanto o poeta, se realiza na poesía como forma de coñecemento.  A obra de Antonio Gamoneda (nado en Oviedo en 1931) esténdese desde o 1960 con "Sublevación inmóvil" até hoxe, marcada por unha fonda pegada ética que gaña forza nun exemplo de coherencia e verdade poética. Premio Cervantes en 2006, reivindícase como pertencente á cultura da pobreza: o sufrimento social penetra na súa conciencia lingüística, conferíndolle unha linguaxe poética e semanticamente subversiva. Combina un poderoso dominio do idioma coa permanente actualidade do seu mundo poético nacida da asunción da propia historia persoal e colectiva. O recoñecemento europeo e americano revélase na tradución da súa obra a distintas linguas. Foi tamén Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana en 2006 e Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía en 1988.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez na Biblioteca de Estudos Locais

Xoves perfecto17
Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura, mostrando así o agradecemento a Perfecto Estévez, deseñador referencial do noso país, e que ten colaborado coa AELG en tempos difíciles. O acto, presentado por Dores Tembrás, contará coa presenza de: Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Marica Campo, Diana Varela e Cesáreo Sánchez. Haberá unha actuación musical de César Morán e Xosé Taboada. Lembramos que segue aberta, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, tamén en Durán Loriga, 10, "Exposición homenaxe a Perfecto Estévez".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Lúas de outono. Homenaxe a Manuel María

Martescartaz manuel maria 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

LÚAS DE OUTONO pretende ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia, comemorando o sexto aniversario do pasamento do poeta Manuel María. Nesta gala de homenaxe Uxía cantará poemas do autor chairego, acompañando un recital no que participan Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto está organizado pola Fundación Manuel María e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Terra Berger: homenaxe poético-musical a John Berger

Mércores 302010-06-30 Terra Berger
20:30
Antigo Cárcere Provincial da Coruña
Aforo limitado. Entrada con convite (repártense desde o luns 28, no recinto do Cárcere. Horario: de 12:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00)

Recital poético-musical coa actuación en directo de Berrogüetto. Participan: Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto da AELG no Día de Rosalía

A Asociación de Escritores en Lingua Galega promove para mañá mércores día 24 de febreiro a lectura dun manifesto conmemorativo do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, a celebrar en varias cidades do país. Na Coruña a lectura terá lugar ás 18:00 no monumento a Curros Enríquez e contará coa participación de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Luz Pozo. Colabora a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google