Carteleira de cinema no Fórum

"Enky xa Scheherazade (Mulleres do Cairo)", de Yousury Nasrallah (Exipto, 2009, 135 minutos, V. O. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo Retallos de muller, na Sala Marilyn Monroe. Karim e Hebba son un matrimonio de xornalistas. Un día a el prométenlle un ascenso no seu diario se ela non fala máis de política en televisión. Hebba acepta de mala gana e empeza a tratar temas femininos, con consecuencias imprevisibles. Proxeccións: Debido ao longo prazo de duración da película, proxectarase unicamente o xoves 3, venres 4 e sábado 5 ás 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).
"En la ciudad", de Cesc Gay (España, 2003, 117 minutos, V. O. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Valores cívicos, na Sala Fernando Rey. Un grupo de amigos dunha gran cidade reúnense a miúdo. Con todo, a pesar desta proximidade, o coñecemento duns e outros non vai máis aló das aparencias; entre eles descoñécense. Cada un co seu desencanto, coas súas cousas fóra do grupo, cada un cunha vida propia que só os espectadores coñecen. Proxeccións: xoves 3 ás 20:30; venres 4 ás 20:30 e 23:00; sábado 5 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 23:00 e a do sábado ás 17:30, 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: V.O.S.

xoves, 4 marzo 2010, 15:30 | Category : cinema
Tags : ,

V.O.S. de Cesc Gay, esta semana na Sala Fernando Rey dentro do ciclo Colleita española.

Horario: xoves 4 ás 20:30, venres 5 ás 20:30 e 23:00; sábado 6 ás 17:30 e 20:30. Os pases do venres ás 23:00 e o sábado ás 17:30 son "sesións do espectador" con entrada reducida (1,5 €). O resto de sesións teñen o prezo de 3 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Colleita española

xoves, 4 marzo 2010, 14:30 | Category : cinema
Tags : , , , ,

O cinema español parece gozar boa saúde. A recente cerimonia dos Premios Goya foi a máis vista da historia con case quince millóns de televidentes que conectaron coa gala nalgún momento e uns cinco millóns de media pendentes do duelo entre Ágora e Celda 211 que se saldou con vitoria (máis cualitativa que cuantitativa) para o filme de temática carceraria. A película de Daniel Monzón leva xa recadados doce millóns de euros e xerou arredor de si unha poderosa corrente de simpatía; o seu contrincante Amenábar, pola súa parte, venceu algúns malos agoiros e conseguiu que a súa superprodución histórica supere amplamente a cifra de tres millóns de entradas vendidas.

Non son os dous únicos filmes dos que se falou, abofé que non. Unha película de animación, Planet 51, leva recadados uns cen millóns de dólares en todo o mundo. Isabel Coixet e Pedro Almodóvar colocaron os seus novos traballos, Mapa de los sonidos de Tokio e Los abrazos rotos, a concurso na sección oficial do Festival de Cannes, o certame que marca a axenda cinematográfica do ano. Los abrazos rotos tivo unha acollida desigual, mais non é nin moito menos o fiasco que a moitos lles gustaría e demostra unha vez máis que Almodóvar é un dos poucos directores en España que ten asegurada a repercusión internacional das súas obras. A coprodución arxentina El secreto de sus ojos foi acumulando seareiros aquí e acolá e Juan José Campanella acabou por competir cos traballos de Michael Haneke e Jacques Audiard nos Oscars ao mellor filme en lingua non inglesa, unha categoría na que ademais achou un oco un título modesto pero modélico de Claudia Llosa, La teta asustada, tamén con participación española. Consecuencia destes bos sinais é o feito de que certa prensa tradicionalmente belixerante co cinema feito en España pareza ter asinado duns meses para acá un pacto de non agresión coa industria e algunhas das súas institucións máis destacadas, por exemplo a Academia del Cine.

Coma sempre, nin tanto nin tan pouco. Máis alá de éxitos puntuais vencellados con certos nomes e certas fórmulas segue habendo unha morea de filmes con severas dificultades para facerse notar e que pasan de maneira efémera polas salas. Filmes acollidos con entusiasmo por programadores e críticos do estranxeiro que aquí pelexan por reunir uns poucos miles de espectadores. Sabemos que hai outro cinema español e tamén sabemos que hai outro público, e por iso no Fórum Metropolitano insistimos en crear oportunidades para que se encontren. Baixo a etiqueta Colleita española a Sala Fernando Rey ofrécenos no mes de marzo os últimos filmes de Cesc Gay e Marc Recha e o debut na longametraxe de dúas directoras, Roser Aguilar e Mar Coll.

Sala Fernando Rey
Xoves 4, venres 5 e sábado 6: V.O.S. (Cesc Gay, 2009)
Xoves 11, venres 12 e sábado 13: Petit indi (Marc Recha, 2009)
Xoves 18, venres 19 e sábado 20: Tres dies amb la família (Mar Coll, 2009)
Xoves 25, venres 26 e sábado 27: Lo mejor de mí (Roser Aguilar, 2009)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google