CGAI: “Los pasos dobles”, de Isaki Lacuesta
Venres
23
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).
Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Los pasos dobles" (Estados Unidos-Alemaña-Francia-Bélxica-Gran Bretaña-Holanda, 2011, 86 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Isaki Lacuesta. A mellor maneira de fuxir dos teus perseguidores sen deixar pisadas é camiñar cara atrás, sobre as túas propias pegadas. Iso cría François Augiéras, que cubriu de pinturas un búnker militar no deserto e logo deixouno afundirse na area para que ninguén o atopase ata o século XXI. Pero quen é Augiéras? Lexionario, pintor, escritor, pistoleiro, santo, ladrón, demo ou unha mestura de todo isto?








10

















