Martes
15
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas para a sesión das 18:00 h.: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove). A sesión das 20:45 h. será de entrada libre até completar capacidade, e coa presentación a cargo do seu director.
Dentro do ciclo "Matías Piñeiro / Carta Branca", proxección de "A propósito de Buenos Aires" (Arxentina, 2006, 80 minutos). Experiencia de filme colectivo con todas as súas consecuencias a cargo de alumnos da Universidad del Cine, entre eles Matías Piñeiro. Unidade no fragmentarismo, anonimato nas diversas partes (cinco: trampas, cartos, deserto, luces, mortos), montaxe de Alejo Moguillansky nun relato cheo de ideas, capaz de amosar outro Buenos Aires e de dialogar co seu pasado; e "El hombre robado" (Arxentina, 2007, 90 minutos). Dirección e guión: Matías Piñeiro, sobre textos de Domingo F. Sarmiento e J. M. de Rosas. Mercedes traballa nun museo e Leticia noutro situado enfronte. Leticia decide entre Pablo e Andrés. Escolle a éste último. Mercedes quere deixar a Leandro pero é incapaz. Porén, escolle entre os obxectos do museo (de Música) e cámbiaos por outros. O seu mozo vende os orixinais nalgunha feira de San Telmo. En correspondencia coa trama, unha audaz narración de cruces, desencontros e traspasos, que remite na súa lograda posta en escea a Rivette ou Godard.