“Charca das Caricias” no Aquarium Finisterrae
A “Charca das Caricias” é a nova instalación na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae que combina diferentes
recursos: un acuario con animais vivos que os visitantes poden tocar, unha pantalla xigante, un ordenador, microscopios e lupas binoculares.
Nesa instalación realizase unha actividade: “Bioloxía con-tacto”. Todos os días obradoiros de bioloxía mariña para coñecer en vivo e en directo aos inquilinos do Aquarium Finisterrae:
- “Tiburóns en familia”: ás 12.30 e 18 horas.
- “Proxecto Santiaguiño”: ás 13.30 e 19 horas.














