Castelo de San Antón: concerto de 3 Azoteas, no ciclo “Son de Noite”

Venres Son de noite22
Castelo de San Antón
22:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Son de noite", concerto de 3 Azoteas, trío de músicos que beben do rock e o jazz progresivos, máis empeñados en contar unha historia que en limitarse a xogar cunha progresión harmónica estandarizada. O grupo está formado polo pianista Iago Mouriño, Miguel Queixas na batería e o baixista Pablo Pérez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Castelo de San Antón: concerto de Duplo Son, no ciclo “Son de Noite”

xoves, 14 xullo 2011, 9:38 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Venres Son de noite15
Castelo de San Antón
22:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Son de noite", concerto de Duplo Son. A fusión é a súa bandeira, e a lingua galega o vehículo de expresión, sen ningún tipo de prexuizo, onde os límites só se atopan na propia imaxinación de cada composición; os sons da música latina, o jazz, o funk, a mestizaxe e mesmo a tradición galega forman parte do seu abano sonoro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Son de Noite: concerto de Emilio Rúa

venres, 30 xullo 2010, 9:11 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Venres 30
22:30
Castelo de San Antón
Entrada libre até completar capacidade.

"Interior" é o terceiro traballo discográfico de Emilio Rúa, cantautor ourensán da terra das Vendas da Barreira (Riós). Emilio presenta un disco, gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes utilizados por Rúa, familiares e cercanos. Neste novo traballo, Emilio Rúa conta con coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quim Farinha, Marcos Teira, Xosé Manuel Budiño e a mesma Uxía. Adéntrase no mundo tradicional como ven sendo xa habitual e necesario nel e revisa cun aire novo e persoal o tema popular galego "Lela" reinterpretando tamén cancións de autores como Magín Blanco, Uxía e Sérgio Tannus. Asï mesmo utiliza a poesía de Manuel Rivas para porlle música a un dos seus poemas. É un traballo no que as harmonías gañan un amplo espazo e amósanse co necesario coidado, para dar forma e sentido ás doce cancións que conforman "Interior".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Son de noite: “Aló irmao”, de Fran Pérez-Narf e Manecas Costa

venres, 23 xullo 2010, 9:45 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Venres 23
22:30
Castelo de San Antón
Entrada libre até completar capacidade.

Proposta do dúo que integran Fran Pérez, Narf, e o africano Manecas Costa, dous grandes guitarristas e cantantes que se unen para presentar o seu novo espectáculo "Aló irmao", onde o potente latexo africano de Manecas Costa se xunta ao incansable espírito aventureiro do galego Fran Pérez, xurdindo desa faísca un regueiro de ideas que dá luz a un torrente de sensacións. Trátase dunha manchea de novas cancións compostas en exclusiva para este proxecto coa harmonía dos que queren entenderse, e celebrar con alegría a diferenza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Son de noite: Omar Souleyman, o rei do dabke

mércores, 14 xullo 2010, 13:59 | Category : concertos, música
Tags : ,

Mércores 14
21:00
Xardíns de Méndez Núñez (diante do Kiosko Alfonso)
Entrada libre.

Este concerto organízase en colaboración co Festival Sinsal. Omar Souleyman é un músico sirio que leva máis de 500 cassettes editadas no seu país e que só nos últimos anos se asoma ao circuíto occidental. A súa carreira comeza no 1994 mesturando diversos estilos nunha nova música festiva folk-pop coñecida como dabke que arrasa nos quioscos e gasolineiras do seu país e dos países veciños. Visita habitualmente Arabia Saudí, Líbano ou os Emiratos Árabes Unidos. Omar Souleyman transmite aplomo e seriedade mentres ao seu redor o mundo tolea nunha estraña sorte de delirio mántrico que podería estenderse sen final aparente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Son de noite: concerto de Tiruleque

venres, 9 xullo 2010, 13:50 | Category : concertos, música
Tags : ,

Venres 9
21:00
Escalinata da Domus
Entrada libre até completar capacidade.

Na primavera do 2002 nace como proxecto, consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias. O obxectivo do grupo é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección. Nas súas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo, reinterpretando en certa manera a tradición.

2010 07 Tiruleque foto

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Son de noite no mes de xullo

Durante o mes de xullo desenvolverase SON DE NOITE, ciclo de concertos en lugares singulares da cidade para gozar da música.2010 07 Son de noite cartaz

PROGRAMA DE SON DE NOITE

Venres 9
21:00
Escalinata da Domus
TIRULEQUE

Mércores 14
21:00
Xardíns Méndez Núñez (Diante do Kiosco)
OMAR SOULEYMAN

Venres 23
22:30
Castelo de San Antón
MANECAS COSTA–FRAN PÉREZ, NARF: “Aló irmao”

Venres 30
22:30
Castelo de San Antón
EMILIO RÚA (Cantautor)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google