Pista de xeo no Coliseum

venres, 2 decembro 2011, 9:00 | Category : 1, xogos
Tags :

Coliseimage039um
Horarios: de luns a xoves: de 17:00 a 21:00; venres de 16:30 a 22:00; sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 h.
Sesións nocturnas: Venres, sábados e vésperas de festivo: de 23:00 a 02:00 h.
Do 22 de decembro ao 8 de xaneiro: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 h. (todos os días)
Grupos escolares: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
Acceso recinto: gratuíto.
Aluguer patíns: 3 euros.
Acceso á pista: 4 euros (57 minutos).
Acceso á pista: 5 euros (tempo ilimitado).
Pista e patíns: 7 euros (57 minutos).
Patinaxe ilimitada: 9 euros (tempo ilimitado).
Hai distintas modalidades de bonos. Para máis información e reservas poden enviar un correo electrónico a  reservas at paeventos.com ou chamar aos números 881897790 e 669811705.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: “Disney Live! Un viaje inolvidable”

mércores, 9 novembro 2011, 10:00 | Category : espectáculos, infantil
Tags : ,

Xoves Un viaje inolvidable10 ás 19:00 h.
Venres 11 ás 19:00 h.
Sábado 12 ás 16:00 e 19:00 h.
Domingo 13 ás 16:00 h.

Coliseum
Entradas: 18, 22 e 28 euros.

Volve Disney Live! cun novo espectáculo: "Un viaje inolvidable", onde os catro personaxes Disney, Mickey, Minnie, Donald e Goofy, emprenden un aloucado percorrido ao que se unirá o público para axudarlles a atopar as mellores actuacións artísticas. Durante a viaxe poderase cantar con Cincenta; dar grandes saltos con Tigger e lanzar o máis estrondoso berro de "yee-haw" nun baile divertidísimo con Woody, Jessie e Buzz Lightyear, personaxes de Toy Story (Disney/Pixar). Unha aventura que fará participar o público nun novo show que transmitirá a maxia e a emoción de Disney.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2011: actividades do venres 26 de agosto

Xardíns da Rosaleda. Ao lado da Delegación do Goberno.
19:00
Entrada libre.
Contacontos de Trinke Trinke: "Circo".

Coliseum
22:00
Entradas: 35, 40 e 45 euros.
Concerto de Isabel Pantoja.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: concerto de Judas Priest, Motörhead e Saxon

mércores, 27 xullo 2011, 10:30 | Category : concertos, música
Tags : , , , ,

Venres Judas Priest29
Coliseum
18:00
Entradas: 55 euros.

Judas Priest, unha das bandas de heavy metal máis grande de todos os tempos, despídese dos escenarios tras 40 anos de frutífera carreira cunha espectacular xira: "Epitaph Tour". Nesta actuación estarán acompañados por outros 2 grandes nomes, Motorhead e Saxon.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: ‘Del 1 al 7′ de CantaJuego

venres, 8 xullo 2011, 9:56 | Category : espectáculos, infantil, música
Tags : , ,

Sábado Del 1 al 7 Cantajuego9
Coliseum
17:30 e 19:30 horas
Entradas: 10, 16, 20 e 24 euros (os/as nenos/as de ata 1 ano de idade non pagan localidade, sempre e cando non a ocupen).

"Del 1 al 7" é o novo espectáculo de CantaJuego, un dos fenómenos musicais infantís máis importantes dos últimos tempos. Centos de concertos multitudinarios e unha colección de DVD’s que crece ano a ano para transportar @s nen@ ao mundo da música e a fantasía, á vez que se potencian as súas aptitudes sensoriais a través da estimulación psicomotriz. Máis cancións tradicionais e de nova produción, novas coreografías e bailes, sempre da man do Grupo Encanto que evoluciona xunto nos nen@s e as súas familias, xerando o mellor clima para o crecemento e desenvolvemento.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de Asia: “The Omega Tour”, no Coliseum

mércores, 15 xuño 2011, 9:52 | Category : concertos, música
Tags : , , , , , ,

Xoves Asia16
Coliseum
22:00
Entradas: 25 e 30 euros.

Os membros orixinais de Asia fan unha xira para presentar as súas últimas cancións xunto a éxitos de sempre como "Heat of the Moment" ou "Time Again". Despois de encontros e desencontros, os membros fundadores volveron reunirse en 2006 para gravar un novo disco. Madrid, A Coruña e Málaga serán testemuñas deste fito musical que xunta no escenario a algúns dos principais artífices do rock progresivo e da súa posterior evolución con Asia: Carl Palmer (Emerson, Lake & Palmer), Geoff Downes (The Buggles e Yes), Steve Howe (Yes), e John Wetton (King Crimson e Uriah Heep). Asia creou un estilo propio de perdurábel éxito comercial, que os situou como o primeiro super-grupo da chamada "era MTV". O grupo afundía as súas raíces no rock progresivo, ao que proporcionaron unha nova perspectiva. "Omega" é o segundo disco tras a reunificación de Asia en 2006. Publicado na primavera do ano pasado, esta nova entrega insiste no selo persoal da banda, marcado pola elegancia dunhas cancións cheas de matices e novas ideas. En palabras do baixista e vocalista John Wetton, "desde la rockera ‘Finger on the Trigger’ até a melancólica ‘Thank You’, Omega é unha secuencia de historias reais a través dun rock maduro e conciso".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: XXXI Concurso de baile tradicional Xacarandaina

venres, 27 maio 2011, 11:16 | Category : danza
Tags : , ,

Domingo 0211xacarandaina29
Coliseum
16:00
Entradas: 6 e 8 euros.

"XXXI Concurso de baile tradicional Xacarandaina", co seguinte programa. Na súa páxina web pódense coñecer os gañadores deste XXXI Concurso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aprazamento do concerto de Dani Martín previsto para o sábado 21

venres, 20 maio 2011, 8:12 | Category : anuncios oficiais, música
Tags : , ,

A Pequeñopromotora do concerto de Dani Martín, previsto para o sábado 21 de maio no Coliseum, comunica o seu aprazamento. A oficina do artista e a promotora anunciarán en breve a nova data.
Unha reestruturación de datas que ten a súa orixe na coincidencia coa derradeira xornada da liga de fútbol provocou o seu aprazamento. Desde o IMCE, alleo a esta situación, deséxase trasladar as desculpas polos posibles prexuízos xerados a terceiros, á vez que se manifesta que as entradas adquiridas para a data orixinal (21 de maio) manteñen o seu valor para a nova data e que, no caso de solicitar a devolución por non estar interesados nesa nova data, esta será atendida gustosamente dirixíndose ao canal polo que foron adquiridas: teléfono, web ou billeteira da Praza de Ourense.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala O Túnel: concerto de North Mississipi Allstars e The Money Makers

mércores, 18 maio 2011, 12:15 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Xoves North Mississipi Allstars19
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30 (apertura de portas ás 22:00 horas)
Entradas: 20 euros (17 euros en venda anticipada).

A tempada de concertos da Sala O Túnel despídese pola porta grande, acollendo unha data única en Galicia co blues rock de North Mississipi Allstars, grupo liderado por Luther Dickinson, actual guitarrista de Black Crowes, que presenta o seu oitavo álbume "Keys To The Kingdom". Previamente actuará a band de rock and roll The Money Makers.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala O Túnel (Coliseum): concerto de Sex Museum

venres, 29 abril 2011, 11:45 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado Sex Museum30
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 15 euros (12 euros en venda anticipada).

Nun momento na súa carreira no que podían ser considerados coma uns "afortunados perdedores", Sex Museum presenta o seu último álbum titulado "Again and again" no que interpretan 11 cancións cunha frescura pouco común nun grupo que parece xa non mirar ao seu redor para buscar referencias. Agora que o probaron todo, decidiron mirar para dentro e deixarse levar por eles mesmos. Soan como son, como viven, como falan e como respiran.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala O Túnel (Coliseum): concerto de Entombed, Raze, Körgull e Holocausto Canibal

venres, 8 abril 2011, 11:26 | Category : concertos, música
Tags : , , , , ,

Sábado 2011-04-09 Túnel9
Sala O Túnel (Coliseum)
22:00
Entradas: 21 euros (venda anticipada: 18 euros).

Entombed sempre son unha cita ineludible, non só para os seus fans, senón para calquer afecionado á boa música. A segunda aparición dos "mestres" suecos do death metal na cidade dará lugar a unha noite intensa e cargada de música atronadora. Abrirán a noite os thrashers galegos Raze, seguidos de Körgull The Exterminator, unha das bandas emerxentes do panorama do metal español. E para completar o cartel, nada menos que os portugueses Holocausto Canibal, un dos máximos exponentes do gore death a nivel internacional.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: “Gormiti – O espectáculo”

venres, 8 abril 2011, 11:24 | Category : espectáculos, infantil
Tags : ,

Sábado GRMTI 4ciu9
Coliseum
16:00
Entradas: 22, 27, 33 e 38 euros.

O show representa a xénese e as orixes dos Gormiti, habitantes dunha illa fantástica, na que as forzas do Ben e do Mal se identifican cos elementos da natureza: Aire, Auga, Terra e Bosque. O Ben en contraposición do Mal, representado polo Lume lanzado polo Volcán. Todos estes elementos están personificados por heroes coas mesmas características do seu propio signo, que loitan incansablemente polo dominio da illa. Representa a eterna e épica loita entre bos e malos que se enfrontan na illa de Gorm.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: Gala do “IX Festival Intercentros”

xoves, 7 abril 2011, 9:59 | Category : concertos, música
Tags : ,

Venres IX festival intercentros8
Coliseum
17:30
Entradas: 5 euros.

A gala do "IX Festival Intercentros" componse de tres concursos: grupos de música electrónica, coreografías e final da canción. Todos os anos un tema musical, con éxito nos medios de comunicación e con mensaxe, serve como lema, himno e eixo educativo para transmitir valores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala O Túnel (Coliseum): concerto de “Reincidentes” e “Censurados”

venres, 1 abril 2011, 8:19 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Sábado Reincidentes2
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 20 euros (15 euros na venda anticipada).

"Reincidentes" achéganse á Coruña para presentar ó seu último disco "Tiempos de Ira", do que emanan unha enerxía e forza incombustible. Un dos grupos máis míticos e lexendarios da escea punk estatal que, ensinando os seus colmillos con letras sinceras e directas, rebentarán sen dúbida a Sala O Túnel. O concerto complétase coa actuación do grupo "Censurados".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: concerto de Slayer e Megadeth, dentro do European Carnage Tour 2011

venres, 25 marzo 2011, 12:11 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Martes 2011 03 Megadeth29 de marzo
Coliseum
21:00 (apertura de portas desde as 20:00)
Entradas: 35 euros (pista, de pé) e 45 euros (Tendido baixo, sentado e numerado).
Venda de entradas (xa se despacharon máis de 3000):
- Billeteira da Praza de Ourense, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00 h., e de 16:30 a 19:30 h.
- Televenda en Servinova ou no teléfono 902-504500.
- O mesmo día do espectáculo na billeteira do Coliseum.

Megadeth e Slayer, dous dos grupos que compoñen o mítico "Big 4", chegarán o vindeiro 29 de marzo ao Coliseum nunha espectacular xira conxunta. "The Big 4" é o sobrenome co que se coñece ás catro bandas de metal máis grandes de todos os tempos: Metallica, Slayer, Megadeth e Anthrax. En 2011 dúas delas embárcanse nunha xira que visitará as principais capitais europeas. Ademais da súa presenza en Madrid e Barcelona, a gira, denominada "European Carnage tour 2011" pasará pola cidade, un auténtico acontecemento para os numerosos seguidores das dúas bandas. Será a primeira vez que toda unha lenda como Megadeth actúe en Galicia e a segunda vez de Slayer, que xa descarregou o seu potente directo no propio Coliseum nun mítico concerto celebrado en 1998 xunto a Sepultura e System of a Down. Angelus Apátrida, a mellor banda española de trash metal será o grupo que abra o concerto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google