Coliseum: concerto de Def con Dos e O´Funkillo, máis 2 grupos convidados

venres, 25 marzo 2011, 12:11 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado 26
Coliseum
22:00
Entradas: 23 euros (18 euros venda anticipada).

Despois da reunificación de O´Funkillo no 2010, nótase na rúa un desexo unánime de que a banda recale na Coruña, e neste caso acompañando a mítica banda Def Con Dos, que celebra o seu 20 aniversario. Neste concerto atoparémonos coa presentación do último traballo de Def Con Dos "Hipotécate tú" e un adianto en directo, dos temas que formarán parte do novo traballo de O´Funkillo, que comezaron a gravar en febreiro deste 2011. Actuarán tamén dous grupos convidados.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o concerto previsto de Arianna Puello na Sala O Túnel

mércores, 23 marzo 2011, 8:30 | Category : anuncios oficiais, concertos, música
Tags : , ,

A Sala O Túnel lamenta informar que, por motivos de saúde da cantante, suspéndese o concerto previsto na Sala O Túnel (Coliseum) de Arianna Puello para o venres 25 ás 22:00 h. Sentimos as molestias que isto poida causar e manterémosvos informados a través das canles habituais dos futuros concertos que a artista poida levar a cabo na sala.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto de Standstill e Pülsar

venres, 18 marzo 2011, 8:35 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Sábado 19
Sala O Túnel (Coliseum)
22:00
Entradas: 15 euros (12 euros venda anticipada).

Concerto da banda barcelonesa Standstill, que presentará "Adelante Bonaparte", considerado un dos mellores discos do 2010 polas revistas especializadas, e de Pülsar, bandas de punk rock dende mediados dos noventa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala O Túnel (Coliseum): concerto de Betagarri

venres, 11 marzo 2011, 14:02 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado 12
Sala O Túnel (Coliseum)
22:00
Entradas: 13 euros (10 euros venda anticipada).

Concerto de Betagarri. Este grupo, nacido en 1992, ten o ska no código xenético da súa música, predominando sempre nas súas composicións este son bailable e festivo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto de Imperial State Electric e The Small Jackets

mércores, 2 marzo 2011, 11:41 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Xoves ise-24-02-113
Sala O Túnel (Coliseum)
22:00
Entradas: 20 euros (17 euros venda anticipada).

Concerto de Imperial State Electric e The Small Jackets. A banda sueca "Imperial State Electric", creada por Nicke ‘Royale’, cantante e guitarrista dos desaparecidos "Hellacopters", contará cos italianos "The Small Jackets" como teloneiros de luxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto de Lamatumbá e Loretta Martin

venres, 25 febreiro 2011, 11:31 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Venres 25
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 8 e 10 euros (Venta na Billeteira da Praza de Ourense (de luns a venres de 09:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h.; na billeteira do Coliseum-O Túnel desde dúas horas antes do concerto, na tenda de discos Portobello e en Servinova).

Concerto de Loretta Martin (ás 22:30 h.) e de Lamatumbá (ás 23:25 h.). Lamatumbá, que presenta neste concerto o seu novo disco, "A órbita da banda hipnótica", ten gañado o seu espazo como un dos principais expoñentes da música feita desde Galiza grazas sobre calquera outra cousa ao seu impresionante directo. Ninguén entende a festa dun xeito tan total, absoluto e salvaxe como esta banda galega. Festa total enriba do escenario, e festa absoluta abaixo do escenario. Con nove membros a bordo, cada un do seu pai de da súa nai, o aroma mestizo é inevitable. Do reggae ao punk, do ska á cumbia, do rock á verbena. Estarán precedidos por outra banda de luxo, Loretta Martin.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto de Kase.O Jazz Magnetism

venres, 25 febreiro 2011, 11:04 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado 26
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 16 euros en venda anticipada (19 euros o día do concerto).

Tras o parón de "Violadores del Verso", varios dos seus compoñentes inician aventuras en solitario. Cantas oportunidades existen para ver ao que, probablemente é o mellor MC do estado, acompañado dunha banda de jazz en perfecta comuñón: "Kase.O Jazz Magnetism".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: “Disney on Ice”

mércores, 16 febreiro 2011, 10:00 | Category : espectáculos, infantil
Tags : ,

Xoves 17 ás 19:00 h.
Venres 18 ás 19:00 h.
Sábado 19 ás 16:00 e 19:30 h.
Domingo 20 ás 16:00 h.

Coliseum
Entradas: 18, 22, 26 e 40 euros.

Unha produción musical que dará vida aos 65 personaxes das 18 historias máis entrañables de Disney que sobreviviron a todas as décadas: Mickey Mouse, Minnie, Goofy, o Pato Donald, Pepito Grillo, Pinocho e todas as princesas de Disney.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala O Túnel (Coliseum): concerto de Madee, Nothink e Un lobo en la jaula

xoves, 10 febreiro 2011, 9:42 | Category : concertos, música
Tags : , , , ,

Venres Túnel Madee Nothink11
Sala O Túnel (Coliseum)
21:30
Entradas: 12 euros (o día do concerto, 15 euros).

Concerto de "Madee", banda de culto no panorama estatal, "Nothink", que ven de publicar o seu novo disco con Matt Bayles, produtor de discos de Pearl Jam ou Soundgarde, e "Un lobo en la jaula", unha das revelacións do underground galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto “Another kind of fest”

Sábado 8
Sala O Túnel (Coliseum)
21:00
Entradas: 6 euros.

Seis bandas do Hxc máis contundente farán vibrar a sala O Túnel coa forza da súa música. A escena musical da cidade sóbese ao escenario para mostrar toda a súa calidade, acompañando aos vascos Fourscore, actuarán Error¡, Mala Sangre, A New Heaven Arise, Mary Read e New Reason.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel (Coliseum): concerto de New York Ska Jazz Ensemble

venres, 31 decembro 2010, 10:24 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Domingo 2
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 10 euros.

Concerto do grupo "New York Ska Jazz Ensemble", composto por oito membros que proveñen de bandas lendarias como "The Skalites", "The Toasters" e "Scoffaws", que camiña entre o jazz, o ska e rocksteady. Calidade e diversión garantida.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pista de xeo no Coliseum

xoves, 25 novembro 2010, 12:50 | Category : lecer e tempo libre
Tags : ,

Desde o venres 26 de novembro ao domingo 6 de febreiro.
Horarios: de luns a xoves: de 17:00 a 21:00; sábados e domingos: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00; festivos: de 16:30 a 22:00 h.
Do 22 de decembro ao 9 de xaneiro: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 h.
24 e 31 de decembro: de 11:00 a 14:00 h.
25 de decembro e 1 de xaneiro: de 18:00 a 22:00 h.
Prezo: 3 euros acceso + 3 euros aluguer de patíns.
Toda a información pode descargarse neste arquivo: Pista de Xeo no Coliseum 2010-2011.

Cartaz Pista de xeo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Túnel: Hip Hop Fest (1º Asalto), con Arufe vs Judah, Drumdrama e Brad Strutt

venres, 19 novembro 2010, 12:18 | Category : concertos, música
Tags : , , , , ,

Venres Hip Hop19
Sala O Túnel do Coliseum
Abre portas a partir das 21:30
Entradas: 10 euros (até o día antes do concerto: 8 euros).

O Túnel prosegue a súa programación de novembro co Hip Hop Fest (1º Asalto), coa participación de Arufe vs Judah, Drumdrama e Brad Strutt (Reino Unido). Cada mes a sala do Túnel contará cun concerto adicado ao hip hop. Cada noite contará cun número de tres artistas entre os cales sempre atoparemos, polo menos, a un local. Este estilo conta cunha inmensa lexión de seguidores na nosa cidade, xente nova e dinámica que representan parte da canteira musical da Coruña, polo que o noso apoio será mensual creando un ciclo específico para eles e os seus fans.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Túnel do Coliseum: sesión bravú cos Diplomáticos de Monte Alto e O Jarbanzo Negro

Venres 2010-10-21 Diplomáticos22
Sala Túnel (nos baixos do Coliseum)
22:00
Entradas: 7 euros (venda anticipada: 5 euros. Na billeteira da Praza de Ourense de luns a venres 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas, televenda de Caixanova: www.servinova.com ou no teléfono 902.504.500, e o mesmo día do espectáculo na billeteira do Coliseum a partir das 19:00 h.). XA ESGOTADAS.

En 1990 nace o conxunto os Diplomáticos de Monte Alto e, dende A Coruña, principian a espallar a arroutada por Galicia adiante. De seguido, cun fato de grupos amigos, crean o bravú, a etiqueta que marcará toda unha época do rock galego. A aventura sonora dos Diplomáticos lévaos a percorrer moitos escenarios fóra de Galicia - nomeadamente Cataluña e o País Vasco- e a tecer fortes vencellos con músicos doutras latitudes como Manu Chao ou os italianos de Mau Mau. Tras a súa disolución formal, a formación orixinal reuniuse o pasado mes de setembro en Allariz para celebrar cun concerto o seu XX aniversario. Despois de intensas peticións –e mesmo algunha ameaza- os Diplomáticos deciden celebrar tamén na Coruña estes vinte anos de arroutada. Será o vindeiro 22 de outubro, na Sala o Túnel, nos baixos do Coliseum, compartindo escenario con outros compañeiros de ruta, o Jarbanzo Negro -grupo multicultural con varios músicos coruñeses- que acode dende Barcelona especialmente para o evento. Esta sesión bravú na Sala do Túnel servirá de foguete de saída dun ciclo de concertos dedicados ao momento coruñento, isto é, as novas formacións de músicas emerxentes que latexan pola cidade. XX anos dos Diplomáticos de Monte Alto! Tanta paixón quen poderá detela?!
O propio día 22 -e se o tempo o permite- partirá de Monte Alto cara a Sala O Túnel A Ruta da Tralla. Velaí as súas paradas:
- 20:00 horas: Ruta da Tralla. Na rúa do Parque "Antroido en Outono", encomenda ao espírito de Canzobre, e ruta no bus, liña 4.
- 21:00 horas: Catro Camiños: "Treboada Coruñenta" pola Avenida Arroutada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: concerto de Ska-P e Konflikto

venres, 1 outubro 2010, 11:04 | Category : concertos
Tags : , ,

Sábado2010-10-02 SKA-P nuevo 05 2
Coliseum
21:30
Entradas: 20 euros (25 no propio día do concerto).

Ska-P nace como grupo en 1994 formado por Pulpul, á voz principal e guitarra; Toni Escobar, guitarra e coros; Julio, baixo; Kogote, teclados e coros e Pako, batería. Tras uns meses de ensaios gravan o que é o seu primeiro cd. chamado "ska-p", onde xa apuntaban as maneiras nas súas letras e música, que uns anos despois os farían moi populares. É a raíz de telonear a Platero y tú, e a Extremoduro cando a súa popularidade sobe outro banzo. Varios anos e varios discos despois, xa consagrados no mundo da música, Ska-p, está de xira internacional, e será o Coliseum o único espazo galego que visite, contando coa compañía de Konflikto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google