IV edición do “Festival Empape”, 2011
Chegamos
á cuarta edición do "Festival Empape", festival internacional de danza en paisaxes urbanas, que cada ano empapa de danza as rúas da cidade de Coruña. Diferentes compañías percorrerán as rúas, parques e castelos, para facer unha interesante amálgama de arquitectura e danza, ofrecéndolle ao paseante un momento único do que poder disfrutar. Así poderemos ver pezas made in Galicia de recoñecidas creadoras como Andrea Quintana ou Janet Novás, ou de fóra das nosas fronteiras como os madrileños Álvaro Esteban e Elías Aguirre ou a compañía inglesa Decalage, entre outros.
Un ano máis, os Talleres de Formación volven ter o seu sitio no programa, talleres que se desenvolven na semana previa ao festival e teñen carácter gratuíto. O taller de danza que impartirá o israelí Shlomi Bitton e o taller de danza en familia a cargo da catalana Arantza López, que reunirá ós máis pequenos da casa. Ademais este ano contamos con varias novedades especiais.
O Impulso a Novos Creadores ten como obxetivo dar un soporte artístico, loxístico e de producción, ás novas xeracións de artistas galegos por medio dunha asistencia artística de alguén recoñecido, para que conformen unha peza que será estreada no marco do Festival Empape. Nesta ocasión, o galego Ángel Montero contou ca asistencia de Ana Beatriz Pérez, para a creación de Queda por chover.
Outra actividade paralela terá como punto de mira A Videodanza, por medio da charla-coloquio da videoartista cubana Alejandra Aguirre e as proxeccións de diferentes pezas que contan ca danza como motor principal; así como unha mostra doutros festivais da rede CQD
O Encargo de Peza para Auga é a invitación que lle trasladamos a un artista recoñecido para que elabore unha peza para un espazo da cidade no que o auga sexa un elemento indispensable da súa arquitectura. A creadora galega Andrea Quintana estrea nesta edición a súa peza Garabato para a Fonte da Solana, como resposta a nosa invitación a empaparse, literalmente.
Cabe destacar a presenza do colectivo Galician Urban Project, que nos farán unha demostración de Parkour (“o arte do desprazamento” nacido en Francia nos anos 90), moverse no entorno, avanzar sorteando os obstáculos en lugar de evitalos, máis que un arte ou un deporte, unha filosofía de vida.
Por último, hai que nomear tamén a colaboración do Centro Coreográfico Galego (CCG) co proxecto europeo Leonardo da Vinci; a través do que a coreógrafa galega Marta Alonso amosa a peza Baila un vestido verde nesta edición do Empape.
PROGRAMA FESTIVAL EMPAPE
Actividades Paralelas:
- OBRADOIRO TI ES O CREADOR, impartido por SHLOMI BITTON (Israel) no Centro Coreográfico Galego (Avenida de Glasgow, s/n.) do 28 de xuño ao 1 de xullo, de 11:00 a 14:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.
- OBRADOIRO ISTO NON É O LAGO DOS CISNES –para bebés de 0 a 15 meses (cun/ha coidador/a) – impartido por Arantza López (Barcelona) en Normal (Paseo de Ronda, 47), do 28 de xuño ao 1 de xullo, de 16:30 a 18:00 horas. Entrada de balde.
- ESTREO DA VÍDEODANZA BLONDY'S COFFEE DE MASAKO HATTORI E A COMPAÑÍA ENTREMÁNS, PROXECCIÓN DE CALLEJERO 2004 E CHARLA COLOQUIO COA SÚA AUTORA, ALEJANDRA AGUIRRE - Normal (Paseo de Ronda, 47), o mércores 28 de xuño ás 19:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.
- PROXECCIÓN DAS VÍDEODANZAS BLONDY'S COFFEE DE MASAKO HATTORI E A COMPAÑÍA ENTREMÁNS, CALLEJERO 2004 DA VIDEOARTISTA CUBANA ALEJANDRA AGUIRRE, e DEMOS DOUTROS FESTIVAIS DA REDE CIDADES QUE DANZAN - Normal (Paseo de Ronda, 47), do 29 de xuño ao 1 de xullo, ás 18:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.
* VENRES 1 DE XULLO 2011 – ESCALINATA DA DOMUS – 20:30 HORAS:
- DECALAGE (Reino Unido) – Appel– 20:30 horas (estrea en Galicia).
- ÁNGEL MONTERO (Galicia) – Queda por chover- (Impulso a novos creadores) (ESTREA).
- SHLOMI BITTON – (Israel) – Dálle vida (ESTREA).
* SÁBADO 2 DE XULLO 2011:
- DARAOMAI (Francia-Barcelona) – 1, 2, 3, poma! – NOVO PARQUE DE OZA. 12:30 horas.
- LUSCO E FUSCO (Galicia) – Viaxes - PRAZA DE PONTEVEDRA. 19:00 horas.
- IKER GÓMEZ (Madrid) e RUT BALBÍS (Galicia) – Apple Urban Drama – PRAZA DE PONTEVEDRA. 19:30 horas.
- MARTA ALONSO (Galicia) – Baila un vestido verde – ROMPEOLAS (Paseo Marítimo) – 19:50 horas (Colaboración Programa Leonardo-CCG).
- ÁNGEL MONTERO (Galicia) – Queda por chover – PARQUE DO MATADEIRO (Baixo Paseo Marítimo) - 20:30 horas (Impulso a novos creadores).
- PROYECTO D_RUSES (Zaragoza) (Jordi Vilaseca – Mickael Marso) – Citeaux - PARQUE DO MATADEIRO – 20:45 horas (Estrea en Galicia).
- GALICIAN URBAN PROJECT (Galicia) – Exhibición de Parkur – 21:00 horas (Arredor da DOMUS).
* DOMINGO 3 DE XULLO 2011:
- DECALAGE (Reino Unido) – Appel – PRAZA DE ESPAÑA – 19:30 horas.
- ANDREA QUINTANA (Galicia) – Garabato – FONTE AO PÉ DA MURALLA DO PARROTE – 20:00 horas (ESTREA) – (Peza en auga).
- EMBER/LA MACANA (Cataluña-Galicia) – Cola de Gallo - Exterior CASTELO DE SAN ANTÓN - 20:15 horas.
- ARANTZA LÓPEZ E LIBA VILLAVECCHIA (Barcelona) – Conversando íntimamente – CASTELO DE SAN ANTÓN – 20:35 horas.
- JANET NOVÁS (Galicia) – Marieta - CASTELO DE SAN ANTÓN – 20:55 horas.
- ELÍAS AGUIRRE E ÁLVARO ESTEBAN (Madrid) – Entomo - CASTELO DE SAN ANTÓN – 21:10 horas (Estrea en Galicia).
Domingo 4













