Curso de verán “Literatura e espazo urbano: ‘Os libros arden mal’, de Manuel Rivas”, do 11 ao 15 de xullo

O curso "Literatura e espazo urbano: 'Os libros arden mal' de Manuel Rivas", celébrase do luns 11 ao venres 15 de xullo na Reitoría da Universidade da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga e Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, organizado pola Universidade da Coruña, a Fundación Vicente Risco e a colaboración do Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, centrándose na análise da presenza da cidade da Coruña a partir dunha obra literaria, neste caso: "Os libros arden mal", de Manuel Rivas. Como obxectivo final do curso, o alumnado terá que elaborar propostas para roteiros e/ou unidades didácticas que teñan esa obra como referente e punto de partida. Estas propostas serán presentadas ao Concello da Coruña para a súa publicación e difusión. No primeiro día, despois dunha breve introdución á obra realizada polo propio autor, Manuel Rivas, explicarase o plano de traballo para o que se distribuirá o alumnado en catro grupos pequenos (máximo 10 persoas). Cada grupo estará tutorizado por un/unha profesor/a que será quen lle dea as indicacións pertinentes para guiar o seu traballo durante o curso. Este traballo terá unha primeira fase a partir das sesións (teóricas e prácticas) que se levarán a cabo nos talleres multidisciplinares, cada un deles dirixido por un/unha docente pertencente a diferentes ámbitos do coñecemento (arquitectura, urbanismo, socioloxía e arte); a segunda fase do traballo consistirá na elaboración, sempre guiada polos/as profesores/as tutores/as, de materiais didácticos sobre a cidade da Coruña creados a partir da novela de Manuel Rivas, que serán entregados á Concellaría de Cultura para a súa difusión e utilización no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
Nota: Sería necesario que o alumnado lese a obra antes do comezo do curso, polo que a obra se entregará (na Oficina de cursos da UDC) como agasallo ao formalizar a matrícula -para un máximo de 36 alumnos- (toda a información sobre este proceso aquí).
* RELACIÓN DE TUTORAS/ES:
- 2 profesoras-tutoras: María dos Anxos González Refoxo e Mercedes Queixas Zas.
- 2 profesores-tutores: José Alfeirán e Luis Martínez-Risco Daviña.
Os/as catro son profesores/as de Ensino Secundario, con recoñecida experiencia na elaboración de unidades didácticas e outros materiais para o ensino e a difusión do noso patrimonio cultural.
* RELACIÓN DE PROFESORES/AS DOS OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES:
- Arquitectura: Pablo Gallego Picard (Arquitecto e profesor da UDC).
- Arte: Xosefa Cerviño Lago (Catedrática de Historia e prof. Asociada na UDC).
- Socioloxía: Xosé Leira López (Profesor Titular de Socioloxía na UDC).
- Urbanismo: María José Piñeira (Profesora Asociada na USC).

PROGRAMA DO CURSO

Luns 11 de xullo
MAÑÁ [Reitoría: sala de xuntas do Consello de Goberno]
- 10:00 h. Recepción de asistentes.
- 10:30-11:00 h. Inauguración polas autoridades académicas e institucionais.
- 11:15-12:15 h. Conferencia inaugural a cargo de Manuel Rivas: "O autor fala da súa obra [título por definir]".
- 12:30-13:30 h. Presentación do plano de traballo e organización dos grupos.
TARDE
- 16:30-20:30 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña].

Martes 12 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Mércores 13 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Xoves 14 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Traballo co/a tutor/a. Posta en común con correccións.

Venres 15 xullo
MAÑÁ [Filoloxía]
- 10:00-14:00 h. Posta a punto das propostas co/a tutor/a. Elaboración final das diversas propostas de materiais didácticos para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
TARDE [Casa Casares Quiroga]
- 17:00-19:00 h. Presentación pública das diversas propostas de publicación elaboradas para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
- 19:00-20:00 h: Conferencia de clausura a cargo de Javier Gómez Montero: "O conxuro anamnésico de 'Os libros arden mal'".
- 20:00-20:15 h. Clausura do curso polas autoridades académicas e institucionais.
- 20:30-22:00 h. Concerto de clausura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá, sábado, “Unha estrela no ceo de Galicia”: acto conmemorativo do 150 aniversario dos “Xogos Florais da Coruña” de 1861

Sábado Xogos_Florais_Cartel2
Fachada do Teatro Rosalía de Castro
De 13:00 a 13:50 horas
Entrada libre.

A Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura promoven "Unha estrela no ceo de Galicia", acto conmemorativo do 150 aniversario dos "Xogos Florais da Coruña" de 1861, co seguinte programa (Xogos Florais 1861-2011 Unha estrela no ceo de Galicia):
- 13:00 h. Abre o acto un baile de Nova Galega de Danza.
- 13:05 h. Saúdo e presentación do acto polo secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos Agrelo.
- 13:10 h. Lectura dalgúns poemas galegos do Álbum de la Caridad, publicado un ano despois dos Xogos Florais de 1861. Coa intervención de: Consuelo Bautista, xornalista de Radio Coruña; Manuel Gallego, arquitecto; Begoña Varela Bárcena, libreira de Nova Colón; Gonzalo de la Huerga, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia; Marisol López Facal, médica; Xosé María Barja, reitor da Universidade da Coruña; Luísa Merelas, actriz; Roberto Pérez Vila, presidente do comité de empresa de Zara Loxística; Laura Gayoso, sumiller e restauradora; Ánxel Vázquez de la Cruz, médico; e Charo Soto Arias, vicedirectora do IES Eusebio da Guarda.
- 13:25 h. A presidenta da Asociación de Compositores de Galicia Margarita Viso Soto interpreta ao piano a muiñeira de Canuto Berea, peza que se escoitou nos Xogos Florais de 1861.
- 13:30 h. Discurso do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
- 13:40 h. Desde a Serra de Outes, terra natal do poeta Francisco Añón, galardoado nestes Xogos Florais, traen unha ofrenda vexetal para os promotores e organizadores dos Xogos. O secretario da Asociación cívico-cultural Terra de Outes, Ramón Blanco, fai entrega dun carballo ao presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, e dun loureiro á descendente dos irmáns de la Iglesia, María Rosa Saurín de la Iglesia.
- 13:45 h. Pecha o acto a Banda Municipal de Outes coa interpretación do Himno galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Unha estrela no ceo de Galicia”: acto conmemorativo do 150 aniversario dos “Xogos Florais da Coruña” de 1861

Sábado Xogos_Florais_Cartel2
Fachada do Teatro Rosalía de Castro
De 13:00 a 13:50 horas
Entrada libre.

A Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura promoven "Unha estrela no ceo de Galicia", acto conmemorativo do 150 aniversario dos "Xogos Florais da Coruña" de 1861, co seguinte programa (Xogos Florais 1861-2011 Unha estrela no ceo de Galicia):
- 13:00 h. Abre o acto un baile de Nova Galega de Danza.
- 13:05 h. Saúdo e presentación do acto polo secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos Agrelo.
- 13:10 h. Lectura dalgúns poemas galegos do Álbum de la Caridad, publicado un ano despois dos Xogos Florais de 1861. Coa intervención de: Consuelo Bautista, xornalista de Radio Coruña; Manuel Gallego, arquitecto; Begoña Varela Bárcena, libreira de Nova Colón; Gonzalo de la Huerga, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia; Marisol López Facal, médica; Xosé María Barja, reitor da Universidade da Coruña; Luísa Merelas, actriz; Roberto Pérez Vila, presidente do comité de empresa de Zara Loxística; Laura Gayoso, sumiller e restauradora; Ánxel Vázquez de la Cruz, médico; e Charo Soto Arias, vicedirectora do IES Eusebio da Guarda.
- 13:25 h. A presidenta da Asociación de Compositores de Galicia Margarita Viso Soto interpreta ao piano a muiñeira de Canuto Berea, peza que se escoitou nos Xogos Florais de 1861.
- 13:30 h. Discurso do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
- 13:40 h. Desde a Serra de Outes, terra natal do poeta Francisco Añón, galardoado nestes Xogos Florais, traen unha ofrenda vexetal para os promotores e organizadores dos Xogos. O secretario da Asociación cívico-cultural Terra de Outes, Ramón Blanco, fai entrega dun carballo ao presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, e dun loureiro á descendente dos irmáns de la Iglesia, María Rosa Saurín de la Iglesia.
- 13:45 h. Pecha o acto a Banda Municipal de Outes coa interpretación do Himno galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“O Rosalía de Castro da Coruña” e “Santo Amaro dos Mortos”, folletos en libre descarga

AA Coruña Cultura Concellaría de Cultura presentou hoxe dous folletos, que deixamos á libre disposición do público en formato .pdf (pódense descargar nesta páxina):

- "O Rosalía de Castro da Coruña, Teatro da liberdade", de Xurxo Taxes: O Rosalia de Castro, teatro da liberdade, por Xurxo Taxes.

- "Santo Amaro dos Mortos", un traballo sobre o Cemiterio do mesmo nome: Santo Amaro dos mortos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Cívico Novo Mesoiro: conferencia e actuacións en A Coruña (en)canta ó mar

Mércores Canticorum8
Centro Cívico Novo Mesoiro (Rúa Ancares, s/n.)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro de A Coruña (en)canta ó mar: conferencia de José Luis Rodríguez Domínguez (ASOAR-ARMEGA): "Tópicos e actualidade da pesca tradicional", e posteriormente actuacións do Coro do C.C. Novo Mesoiro e a Coral Polifónica Canticorum. Organizado por Canticorum, Concellaría de Promoción Económica, Concellaría de Cultura e Concellaría de Servizos Sociais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Ana Romaní e Carlos Marzal

Luns 23
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

O Ciclo Poetas Di(n)versos, baixo a dirección de Yolanda Castaño, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña interrompe a súa actividade durante os meses estivais celebrando este luns 23 de maio o último dos seus recitais poéticos, dirixido a todos aqueles que queiran achegarse a escoitar poesía galega e non galega de balde. O broche de ouro desta programación poética mensual estable poñerano dous poetas nacidos nos primeiros anos 60:

- Ana Romaní naceu en Noia en 1962. Escritora e xornalista, dende 1990 dirixe o programa "Diario Cultural" da Radio Galega, unha completa e puntual axenda cultural diaria con máis de 20 anos de traxectoria, recoñecido xa con diversos galardóns. É autora dos poemarios "Palabra de Mar" (1987), "Das últimas mareas" (1994), "Arden" (1998), "Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música" (2005) e o aínda recente "Estremas" (2010), co que conseguiu o Premio AELG 2011 de poesía. A súa obra está ademais recollida en diversos libros colectivos e antoloxías. Creou e participou en distintos proxectos artísticos interdisciplinares, entre eles "Son Delas" coordinado por Uxía Senlle, "O outro extremo do paraíso" e "Lob*s" (1998) con Antón Lopo, "Estalactitas" (2002) con Anxos Romeo e Lupe Gómez, "Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade" (2002) en solitario, e "A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos" (2003) con Anxo Quintela. Todos eles supoñían novas maneiras de achegar a palabra ao público a través da música ou da escena. Realizou a "Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos" (2003). Ademais, cooordina e promove o volume de relatos "Narradio. 56 historias no ar" (2003) do "Diario Cultural" da Radio Galega e o "Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego dende o ano 2006.

- Carlos Marzal naceu en 1961 en Valencia e licenciouse en Filoloxía Hispánica –sección de Literatura- pola universidade da mesma cidade. Ademais de poeta é narrador, ensaísta e tradutor. O seu primeiro libro de poemas foi "El último de la fiesta" (1987), logo virían "La vida de frontera" (1991) e "Los países nocturnos" (1996). A consagración chegaría da man de "Metales pesados" (2001) –Premio da Crítica Española e Premio Nacional de Poesía- seguidos máis tarde por "Fuera de mí" (2004) –galardoado co Premio Loewe de Poesía- e "Ánima mía" (2009). "El corazón perplejo" reunira a súa poesía en 2005. Do mesmo xeito, en 2002 e 2003 editáronse dúas antoloxías da súa obra poética: "Poesía a contratiempo (Poéticas y prosas)" e "Sin porqué ni a dónde". Coa súa primeira novela, "Los reinos de la casualidad" (2005) obtivo o Premio da Crítica Valenciana, o pasado ano publicou tamén un libro de relatos: "Los pobres desgraciados hijos de perra", e proximamente verá a luz un volume de aforismos, "La arquitectura del aire". Ademais, é autor de dous libros de ensaio, "El cuaderno del polizón (Apuntes sobre arte)" (2007) e "Los otros de uno mismo" (2009). Conta tamén cunha traxectoria como tradutor de autores de lingua catalá, tales como Enric Sòria, Pere Rovira, Miquel de Palol, Joan Vinyoli ou Màrius Torres, para varias editoriais de prestixio. Foi co-director da revista de literatura e touros "Quites" durante a súa primeira década de existencia, e hoxe é colaborador habitual de revistas literarias tanto como columnista ou crítico literario en diarios como ABC, Levante ou El Mundo.

Dende que botara a andar en outono de 2009, este ciclo achegou ao público coruñés e galego un total de 26 dos máis salientables poetas nas 5 literaturas da Península: castelán, catalán, éuscaro, galego e portugués. Os actos, que sempre superaron o centenar de asistentes, significaron un xeito directo de achegar a escrita contemporánea máis diversa e de calidade a un constatable público interesado na poesía. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa Poetas Di(n)versos maio 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro: actividades do martes 17, último día

FinalizaFesta do libro esta nova edición da FESTA DO LIBRO, aberta desde o venres 13 nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o seu último día: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Martes 17:
- 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30 h.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00 h.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30 h.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro nos Xardíns de Méndez Núñez, do 13 ao 17 de maio

DentroFesta do libro da programación de lectura da cidade "Eu amo ler", desenvolverase unha nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña. O horario da Festa será de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas, e os participantes son: Bibliotecas municipais, Alita Comics, Couceiro, A Libreira, Nós, Xiada, Sisargas, Queixume, Arenas, 7 Mares e Tanxencias. Este é o programa de actividades (sinaturas, presentacións, actuacións, obradoiros, lecturas colectivas, descontos...): PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

- Caseta de atención primaria: As Bibliotecas Municipais terán un consultorio de lectura, onde a súa xente "receitará" libros que se poden atopar nas bibliotecas e nas casetas da festa.

* Venres 13:
- 11:30.- Inauguración da Festa do Libro.
- 18:00.- Presentación do DVD "Lois Pereiro" realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís. No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros "Lois Pereiro. A Urxencia poética" e "Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro "Futuro Imperfecto", de Xulia Alonso. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Antón Patiño "Lois Pereiro. Radiografía do abismo", conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. No Kiosco Alfonso.

* Sábado 14. "Baixo as estrelas. Celebración do Día Internacional dos Museos":
- 18:00.- Obradoiro didáctico Encaixas. Para nenos e nenas de 1 a 10 anos.
- 18:00.- Brancas: Itinerario Escénico Urbano.
- 18:00.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo no Kiosko Alfonso.
- 19:00.- Concerto do Grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.
- 20:00.- Actuación do Centro Coreográfico Galego: "Fragmentos" (30 minutos).
- 22:00.- Proxección do filme "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero", de Ramón Sáiz de la Hoya. En colaboración co CGAI.

* Domingo 15:
- 12:00.- Obradoiro "Creación dunha personaxe: Golfiño", realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
- 12:30.- Presentación de "Agullas de Ironía", documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. No Kiosco Alfonso.
- 13:30.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:00.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero "Rapazas, las pin-up de Pinturero". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinaturas do libro "A Frecha Azul do Teixo" por parte de Eva Veiga. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:30.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario "Animalabismo". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil "A historia xamais contada", "La mancha negra" e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación da revista "Fiz" por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Miguel Mato "Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)". No Kiosco Alfonso.

* Luns 16:
- 18:00.- Sinatura do libro do ilustrador Macus Romero "Cuentos clásicos para soñar". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro ilustrado de Alberto Guitián "El Circo Lorza". No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación da Guía AGPI 2011. Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. No Kiosco Alfonso.

* Martes 17:
- 12:00.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval e lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Visita guiada á exposición Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“III Certame de Pintura Cidade Vella”

ACidade Vella Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación de Veciños da Cidade Vella "María Pita" e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos, convoca o "III Certame de Pintura Cidade Vella", suxeito aos seguintes requisitos:
O día 15 de maio de 2011, entre as 9:00 e as 12:00 horas, os participantes deberán presentarse no local da Asociación de veciños da Cidade Vella "María Pita" (Rúa Santa María 10. Esquina Sinagoga) para cumprimentar a autorización e selado do soporte da obra. A partir dese instante pódese comezar a pintar. De 19:00 a 20:00 horas procederase á entrega da obra sen asinar. O xurado reunirase de seguido e o fallo farase público a partir das 21.00 horas. A organización non se responsabiliza das posibles perdas ou danos que poideran sufrir as obras. As bases son as seguintes:
- 1. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES: Persoas de calquera nacionalidade, de 16 anos en adiante, provistas de DNI ou pasaporte.
- 2. TEMÁTICA: Interpretación libre, relativa á Cidade Vella da Coruña.
- 3. TÉCNICA: Libre.
- 4. SOPORTE: Cada participante presentará un único soporte a concurso, debidamente selado. Asimesmo levará o material necesario para o desenvolvemento da súa obra.
- 5. DIMENSIÓNS DA OBRA: Tanto a lonxitude como a anchura estarán comprendidas no intervalo de 40 cm. (mínimo) a 100 cm. (máximo).
- 6. COMPOSICIÓN DO XURADO: O xurado, cuxa composición se dará a coñecer antes da data do certame, estará formado por profesionais das artes plásticas, e de secretario exercerá unha persoa designada pola Asociación de veciños da Cidade Vella "María Pita".
- 7. A PARTICIPACIÓN NO CERTAME SUPÓN A ACEPTACIÓN DAS SÚAS BASES.
- 8. PREMIOS:
• Primeiro premio: 1.300 euros.
• Segundo premio: 500 euros.
Estes premios, que estarán suxeitos á retención fiscal que legalmente corresponda, poderán declararse desertos. A decisión do xurado é inapelábel, reservándose a Concellaría de Cultura o dereito de publicar o resultado desta convocatoria na maneira e polos medios que estime máis acaídos.
- 9. PROPIEDADE DAS OBRAS. As obras presentadas ao certame serán propiedade dos seus autores, se ben, ao participaren, autorizan ao Concello da Coruña a reproducilas e utilizalas con fins de promoción e difusión da cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Real Academia Galega: conferencia “Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética”, de Antonio Gamoneda nos “IV Encontros Cidade da Coruña”, e entrega do Premio Escritor Galego Universal pola AELG

Venres CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA29
Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Última conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Antonio Gamoneda falará sobre "Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética", e a continuación ofrecerá unha lectura poética. A presentación do acto correrá a cargo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, contando tamén coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e da Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo.
Gamoneda recollerá neste acto o galardón "Escritor Galego Universal", concedido pola AELG, que destaca a altísima poesía e o insubornábel compromiso ético do autor, para quen o individuo, e por tanto o poeta, se realiza na poesía como forma de coñecemento.  A obra de Antonio Gamoneda (nado en Oviedo en 1931) esténdese desde o 1960 con "Sublevación inmóvil" até hoxe, marcada por unha fonda pegada ética que gaña forza nun exemplo de coherencia e verdade poética. Premio Cervantes en 2006, reivindícase como pertencente á cultura da pobreza: o sufrimento social penetra na súa conciencia lingüística, conferíndolle unha linguaxe poética e semanticamente subversiva. Combina un poderoso dominio do idioma coa permanente actualidade do seu mundo poético nacida da asunción da propia historia persoal e colectiva. O recoñecemento europeo e americano revélase na tradución da súa obra a distintas linguas. Foi tamén Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana en 2006 e Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía en 1988.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Ana Romaní: “Vagar nos lindes. Tirar da pel”, no IV Encontro Cidade da Coruña

Mércores CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA13
Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Terceira conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Ana Romaní falará sobre "Vagar nos lindes. Tirar da pel", unha viaxe pola súa experiencia poética, desde o seu primeiro libro, Palabra de mar (1987) até o recente Estremas (2010). O acto estará presentado por Mercedes Queixas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Cinco poetas con Cunqueiro”, recital homenaxe con poesía e música

Domingo Cunqueiro10
A Taberna de Cunqueiro (Rúa da Estrela, 22)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Para finalizar o ciclo "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, terá lugar o recital "Cinco poetas con Cunqueiro", coa participación de Yolanda Castaño, Antón Reixa, Xavier Seoane, Lino Braxe e Rómulo Sanjurjo. A poesía de Cunqueiro ao carón da música, e na compaña de cinco receitas de Don Álvaro. Os versos de "Mar ao norde", "Poemas do si e non", "Cantiga nova que se chama ribeira", "Dona do corpo delgado" ou "Herba de aquí e acolá", ao son do acordeón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Mariasun Landa: “Creación, Lingua e Identidade”, nos IV Encontros Cidade da Coruña

Mércores CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA6
Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Segunda conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Mariasun Landa fará un percorrido pola súa extensísima obra guiada polo título "Creación, Lingua e Identidade", nun acto presentado por Mercedes Queixas. Nada en Rentería en 1949, Mariasun Landa Etxebeste licenciouse en Filosofía en París en 1973 e en Filosofía e Letras pola Universidade de Valencia. Exerceu como profesora de Educación Básica durante varios años, así como no Servizo de Euskaldunización do Profesorado (IRALE-Goberno Vasco). Actualmente é profesora titular de Didáctica da Literatura na Escola Universitaria do Profesorado de Donostia (UPV / EHU). Colaborou en numerosas revistas e xornais do País Vasco, pero o seu labor creativo céntrase sobre todo na literatura infanto-xuvenil en lingua vasca. Autora de máis dunha trintena de títulos para nenas e nenos, grande parte da súa obra foi traducida a castelán, catalán, galego, así como a outras linguas extrapeninsulares: inglés, francés, alemán, grego, árabe, coreano albanés,... Entre algúns dos premios literarios que recibiu, destacan o premio de maior tradición na literatura vasca, o "Lizardi de Literatura Infantil" en éuscaro co conto "Txan Fantasma" en 1982 (do que existe versión en galego, "Chan, a pantasma") e o Premio Euskadi de Literatura Infanto-xuvenil en 1991 coa obra "Alex". En 2003 gañou o Premio Nacional de Literatura Infanto-xuvenil do Ministerio de Cultura coa obra "Un crocodilo debaixo da cama" escrita orixinalmente en lingua vasca ("Krokodiloa ohe azpian"). O seu libro "Iholdi" foi incluído na lista de honra do IBBY en 1992, e "Un crocodilo debaixo da cama" en 2006. "Elefante corazón de paxaro" foi seleccionado para a lista dos White Raven de 2001 que elabora a recoñecida Biblioteca Internacional do Libro Infanto-xuvenil de Múnic.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Ana Paula Tavares: “Ser Escritora e Africana”, nos IV Encontros Cidade da Coruña

Mércores CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA30
Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Primeira conferencia dos "IV Encontros Cidade da Coruña", baixo o lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Ana Paula Tavares falará sobre "Ser Escritora e Africana".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: “Xornada polos animais”

Venres Xornada polos animais25
Kiosko Alfonso
De 18:00 a 21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Xornada de reflexión e debate coa presenza de:
-Leonardo Anselmi, voceiro da Comisión Promotora ILP Prou!.
-Mireya Barbeito, enlace político da Asociación Animalista Libera!.
-Marius Kolff, director executivo do CAS-International.
Organizada por CAS-International, Asociación Animalista Libera e Galicia, Mellor Sen Touradas. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Normalización Lingüística e Solidariedade do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google