IV Encontros Cidade da Coruña: “Ser Escritor, Ser Escritora”

Do CARTAZ IV ENCONTRO CIDADE DA CORUÑA30 de marzo ao venres 29 de abril, os "Encontros Cidade da Coruña" chegan á sua cuarta edición co lema "Ser Escritor, Ser Escritora", organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega.

Teremos oportunidade de asistir a catro conferencias, todas no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) ás 20:00 h.:

- Mércores 30 de marzo: "Ser Escritora e Africana", Ana Paula Tavares
- Mércores 6 de abril: "Creación, Lingua e Identidade", Mariasun Landa.
- Mércores 13 de abril: "Vagar nos lindes. Tirar da pel", Ana Romaní.
- Venres 29 de abril: "Da natureza e a xeración do pensamento. Linguaxe poética", Antonio Gamoneda.

Ser escritor/escritora significa un determinado xeito de se realizar na escrita.
Ser escritor/escritora significa unha forma de asumir publicamente unha voz que pregunta, cuestiona, compromete e ofrece á sociedade aquela perspectiva alternativa ou mesmo oculta.
O ser do escritor/escritora non obedece ás convencións ou imposicións alleas ás súas conviccións -coas que busca no inexplorado do ser humano-, co que se comunica co ser dos outros, co que coñece o propio ser.
Ser escritor/escritora é ser voz e dar a coñecer o seu consciente ou subconsciente persoal ou colectivo.
Ser escritor é ser dun idioma e dun tempo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Luis Muñoz e Emma Couceiro

Luns 21
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Prosegue o Ciclo de Poetas Di(n)versos, iniciado en novembro de 2009 baixo a dirección de Yolanda Castaño, no que ten lugar un recital poético dobre entre unha voz en galego e outra en calquera das outras catro linguas da Península. A cita deste luns 21 de marzo coincidirá precisamente co Día Internacional da Poesía, celebrando así de pleno a confirmación de que existe na Coruña e en Galicia un verdadeiro público para a poesía. Os participantes desta nova edición serán:
- Luis Muñoz naceu en Granada en 1966, en cuxa universidade completou as licenciaturas en Filoloxía Española e en Filoloxía Románica. Publicou os libros de poemas "Septiembre" (1991), "Manzanas amarillas" (1995), "El apetito" (1998), "Correspondencias" (2001) -polo que obtivo os premios "Generación del 27" e "Ojo Crítico"- e "Querido silencio" (2006). A súa obra poética ata 2005 está recollida no volume "Limpiar pescado. Poesía reunida 1991-2005" (2005). Ademais, en 1994 preparou o libro colectivo "El lugar de la poesía", e ten traducido, entre outros autores, a Giuseppe Ungaretti e a Eugenio Montale. Dende 1992 ata a súa desaparición en 2002 foi o director da revista de poesía "Hélice". Dirixiu tamén os cursos de verán "Neruda personal" (2004) na Universidade Complutense de Madrid en El Escorial e "Poesía española reciente" (2005) na Universidade Menéndez Pelayo en Santander. En 2008 comisariou a exposición "Gallo. Interior de una revista", sobre a publicación dirixida en 1928 por Federico García Lorca.
- Emma Couceiro naceu en Cospeito (Lugo) en 1977. En 1996 deuse a coñecer como poeta ao gañar o V Premio Espiral Maior co seu primeiro libro, "Humidosas" (1997), ao que seguirían "As entrañas horas" (1998, X Premio Eusebio Lorenzo Baleirón) e, xa no 2003, "(Cito)". A súa obra está recollida en antoloxías publicadas en Galicia como "Río de Son e vento" (1999), "dEfecto 2000" (1999), "A tribo das baleas" (2001), "25 Anos de poesía galega 1975-2000 III" (2002), e fóra de Galicia como "Mulher a fazer vento" (1998), "Mujeres de carne y verso" (2002), "Galeusca. Antoloxía poética (1990-2003)" (2004) ou "Das Sonorosas Cordas (15 poetas desde Galicia)" (2005), así como nos libros colectivos "Novas voces da poesía galega. Recital" (2000), "O trazo aberto. Poesías e debuxos" (2002), "O libro dos abanos" (2002), "Palabra de autor, Palabra de autora" (2005), "Os gozos e as Sombras" (2005) ou "Poética da Casa" (2006), entre outros. Paralelamente, ten colaborado en publicacións como Dorna, Xistral, Festa da Palabra Silenciada, A Xanela, Entellunu, Akadeemia, Zurgai, Piedra del Molino ou La Bella Varsovia.

Será unha nova oportunidade libre e gratuíta de coñecer de primeira man algúns dos mellores autores/as das literaturas peninsulares, comprobando a proximidade, a conexión e a calidade da boa poesía contemporánea. Ao termo do acto, presentado pola directora do ciclo e poeta Yolanda Castaño, Couceiro e Muñoz poderán asinar exemplares dos seus libros, postos á venta nesta ocasión pola libraría Nova Colón. Esta iniciativa de periodicidade mensual e impulsada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, continuará de xeito estable ata ao mes de maio. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Marzo 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: “Os retos da era dixital”, dentro das Tertulias AGPI

Mércores tertuliasagpi3-bx 16
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración prosegue o seu ciclo "Tertulias AGPI" co acto titulado "Os retos da era dixital: como afrontar os novos tempos no mundo da ilustración", que contará como convidado especial con Henrique Torreiro (Ourense, 1972), xerente da FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e coordinador do Observatorio da Ilustración Gráfica. A irrupción dos medios dixitais, e nomeadamente da internet, ten suposto un cambio radical na sociedade, e tamén no exercicio profesional da ilustración. Ao lado das múltiples vantaxes que trae consigo, os novos tempos teñen tamén algúns riscos aos que é importante prestar atención. Coincidindo coa recente publicación do informe do Observatorio "Los retos de la era digital", falarase nesta ocasión de todas as novas situacións que se están a dar na relación dos lustradores coas editoriais, os medios de comunicación e as demais industrias con que colaboran. Para abrir o coloquio, falará Henrique Torreiro, coordinador dos traballos do Observatorio. Este faladoiro conta coa colaboración da Galería Sargadelos da Coruña e co patrocinio da Concellaría de Cultura. A AGPI desenvolve o seu programa "Tertulias AGPI" de forma periódica en diferentes localidades da xeografía galega, co fin de dar a coñecer a profesión de ilustrador á sociedade e, ao mesmo tempo, fomentar a relación e intercambio de información e coñecemento entre os ilustradores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Formularios de inscrición para Achegarte 2011

mércores, 9 marzo 2011, 11:24 | Category : achegarte
Tags : ,

Xa está Achegarte logodisponible o FORMULARIO DE INSCRICIÓN onde artistas, librarías, editoras e asociacións culturais e outras organizacións poden inscribirse para ter un espazo en ACHEGARTE 2011, a festa da cultura organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña o sábado 2 e domingo 3 de abril. Se estás interesado, agardamos a túa participación!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez na Biblioteca de Estudos Locais

Xoves perfecto17
Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura, mostrando así o agradecemento a Perfecto Estévez, deseñador referencial do noso país, e que ten colaborado coa AELG en tempos difíciles. O acto, presentado por Dores Tembrás, contará coa presenza de: Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Marica Campo, Diana Varela e Cesáreo Sánchez. Haberá unha actuación musical de César Morán e Xosé Taboada. Lembramos que segue aberta, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, tamén en Durán Loriga, 10, "Exposición homenaxe a Perfecto Estévez".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Congreso Uxío Novoneyra”, do 17 ao 19 de febreiro

Xoves Novoneyra_Cartaz_117, venres 18 e sábado 19 de febreiro
Xoves 17 e venres 18 no Salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
Sábado 19 no Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza s/n.)
Inscrición gratuíta. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico a  secretaria at realacademiagalega.org en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono. Admitirase un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición. Solicitáronse dous créditos de libre configuración na Universidade da Coruña (20 horas). Entregarase un diploma de asistencia aos inscritos que acrediten ter participado en todas as sesións.

O "Congreso Uxío Novoneyra" está organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Universidade da Coruña e da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, co seguinte programa:

* Xoves 17. Salón de Actos da Real Academia Galega.
- 9:00 a 9:30 h.: Recepción e entrega de documentación.
- 9:30 a 10:00 h.: Inauguración.
- 10:00 a 10:45 h.: Conferencia inaugural de Pilar García Negro: "Novoneyra. Nova xeira. A poesía como antídoto contra o ruído".
- 10:45 a 12:00 h.: Comunicacións:
Ana Acuña. "Presenza de Uxío Novoneyra en Madrid".
Chus Nogueira. "A lingua literaria de Uxío Novoneyra".
Olivia Rodríguez. "Uxío Novoneyra, recitador".
- 12:30 a 13:00 h.: Relatorio de Xosé Benito Reza: "Natureza e paisaxe no Courel".
- 13:00 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
- 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Luís Cochón: "Romanceiro e cancioneiro tradicional en Uxío Novoneyra".
- 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Patiño: "Uxío Novoneyra: a escrita do corpo".
- 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Luís Alonso Girgado: "Diversidade interno-externa e multiplicidade textual en Uxío Novoneyra".
- 18:00 a 19:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.

* Venres 18. Salón de Actos da Real Academia Galega.
- 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Carlos Paulo Martínez Pereiro: "A palabra deseñada".
- 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Anxo Angueira: "Un poeta con terra e pobo".
- 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Claudio Rodríguez Fer: "Correspondencia entre Valente e Novoneyra: poetas da fala no labirinto das linguas".
- 12:00 a 12:30 h.: Relatorio de Carme Blanco: "A liberdade das amadas mulleres".
- 12:30 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
- 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Teresa López: "Uxío Novoneyra: os camiños á Idade Media".
- 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Lopo: "Uxío Novoneyra na distancia do lobo".
- 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Xesús Alonso Montero: "O primeiro libro de Novoneyra: 'Abrojos' (1948)".
- 18:15 a 19:00 h.: Recital poético con Yolanda Castaño, Salvador García-Bodaño, Luz Pozo e Manuel Rivas.

* Sábado 19. Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza).
- 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Xosé Ramón Freixeiro Mato: "Lingua e estilo na obra de Uxío Novoneyra".
- 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Branca Novoneyra Rei: "Ata cando este tempo de elexía".
- 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Darío Xohán Cabana: "Aspectos formais da poesía de Uxío Novoneyra".
- 11:30 a 12:00 h.: Relatorio de Uxío Novoneyra Rei: "Língoa sen maos".
- 12:30 a 13:15 h.: Conferencia de clausura de Ramón Lorenzo Vázquez: "Polos eidos poéticos de Novoneyra".
- 13:15 a 14:00 h.: Clausura.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Axeitos, Carlos Paulo Martínez Pereiro e Carme Vilariño.

Deixamos aquí o programa completo en .pdf para ser descargado libremente: Congreso Uxio Novoneyra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Master Class “Olladas teatrais”, con Quico Cadaval e Santi Romay, en Danthea Teatro

Mércores 2 de febreiro
Danthea Teatro (Rúa Agra do Orzán, 3)
A partir das 19:30
Entrada libre, con previa reserva de asistencia nos teléfonos 616701099 e 981143086.

"Olladas teatrais" é unha charla-clase de Quico Cadaval e Santi Romay en torno ás montaxes de "Produccións Excéntricas" e "Mofa e Befa". Unha visión pedagóxica das artes escénicas en torno á actuación, á montaxe, o texto e a dirección. Colaboran: Concello da Coruña, Deputación da Coruña e a Asociación Sociocultural das Artes Exempla.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Abreverba”: catálogo da exposición

Deixamos Abreverba á disposición do público o catálogo onde se recollen as obras da exposición conxunta das Concellarías de Cultura da Coruña e de Vigo, "Abreverba", comisariada por David Barro, e na que se integran artistas de ambas cidades: Bosco Caride (Vigo, 1963), Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970), Xurxo Gómez-Chao (A Coruña, 1960) e Tatiana Medal (A Coruña, 1971): Abreverba A Coruña Vigo 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Abreverba”, exposición conxunta da arte galega máis recente no Kiosko Alfonso

Do Abreverbavenres 28 de xaneiro ao domingo 20 de marzo
Kiosko Alfonso
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

"Abreverba" é a primeira exposición promovida conxuntamente polas Concellarías de Cultura de Vigo e A Coruña e comisariada por David Barro, na que se integran artistas de ambas cidades: Bosco Caride (Vigo, 1963), Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970), Xurxo Gómez-Chao (A Coruña, 1960) e Tatiana Medal (A Coruña, 1971). "Abreveverba" é unha mostra que parte da idea de facer un obrigado exercicio de unión e anamnese que permita lembrar algúns dos nomes cos que se constrúe a historia máis recente da arte galega. Son artistas, todos eles, que superan a barreira considerada como arte nova e que, sen lugar a dúbidas, conservan unha actitude fresca que non deixa de achegar novos camiños niso que se deu en chamar arte contemporánea, e que neste caso crean lazos a partir dunha idea de pintura híbrida e posta en relación con outros contextos. A exposición estivo na Casa das Artes de Vigo entre o 17 de decembro e o 23 de xaneiro, e posteriormente será inaugurada no Kiosko Alfonso da Coruña o 28 de xaneiro ás 20:00 horas.
Con respecto á exposición, a idea de titular cun palíndromo (abreveverba) ten que ver con esa vontade de comprender que na arte contemporánea a lectura dunha traxectoria ten que ser, necesariamente, de ida e volta e varias veces. Palíndromo, do grego palin dromein, significa volver ir cara a atrás. E esa necesidade á hora de entender este encargo tamén de ida e volta, con dobres exposicións que reúnen a estes catro artistas en Vigo e na Coruña, nace da experiencia de comprobar como as novas xeracións de críticos e comisarios descoñecen a arte máis recente para só conseguir construír unha historia a partir dos últimos nomes, das últimas urxencias. O palíndromo en galego, ‘abreveverba’, incide tamén na necesidade de subliñar unha serie de datos partindo de citas que nos permiten camiñar por cada unha das traxectorias lembrando as súas exposicións máis destacadas e o que delas e da obra destes artistas se ten dito no seu momento, e de aí que as imaxes se acompañen dunha biografía comentada. De aí que a intención sexa trazar un percorrido por entre as palabras e as imaxes, procurando atopar nos arquivos da memoria unha serie de frases que nos permitan saber a importancia de cada xesto, descubrir o breve verbo que nos desvele a súa ollada pictórica, a experiencia do tempo e do espazo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Catálogo de Cartografías quebradas, Outonarte#2010

venres, 21 xaneiro 2011, 11:59 | Category : Arte, outonarte
Tags : , ,

Xa Cartografias_Quebradas_Outonarte#2010_cubierta-catalogoestá disponible o catálogo de "Cartografías quebradas, Outonarte#2010", co que se busca dar visibilidade a obra dos artistas emerxentes que nesta edición incluiu nomes como Fruela Alonso, Alejandro Castro "Nano", Arturo Fuentes, Christian García Bello, Borxa Guerrero, Sofía Grandío Barrio, María Marticorena, Holga Méndez, OQO Filmes (Editora e Produtora Audiovisual), Martín Pena, Andrés Pinal, Pisando Ovos (Rut Balbis) Compañía de Danza Contemporánea, Damián Ucieda, e Mar Vicente. Baixo o título "Cartografías quebradas", esta edición de Outonarte ofreceu un itinerario expositivo por propostas de actualidade das artes visuais en Galicia, ao través dunha xeira de xoves artistas que traballan con diferentes contidos, linguaxes e soportes técnicos: pintura, fotografía, vídeo, cortos de animación en stop-motion, instalacións, performances e rexistros de accións, intervencións no espazo público, danza contemporánea, etc., acompañados dun programa de actividades paralelas -desenvoltos ao longo do mes de outubro e a primeira semana de novembro-, entre as que se inclúen proxeccións, obradoiros, charlas, videolecturas e accións poéticas, presentación do catálogo da exposición, e outras iniciativas. Faros, vistas áereas de cidades, paisaxes enredadas en terra de ninguén, labirintos, ambientes sonoros e proxeccións orgánicas, estruturas cromáticas e lumínicas, pinturas murais, intervencións na escenografía urbana, mapeados e inventarios da cidade, restitucións e desprazamentos de estatuaria pública e relectura monumental, animacións de contos e relatos de diversas tradicións, épocas e culturas, pezas de danza contemporánea, e outras fabulacións... todo un convite á cidadanía para o coñecemento e disfrute da arte actual en Galicia.
O catálogo servirá para dar a coñecer a obra destes artistas ademais de servir de ferramenta de traballo para a propia Concellaría. A publicación estará nas distintas bibliotecas da cidade a disposición da cidadanía e todos aqueles interesados en conseguir un exemplar poden solicitalo poñéndose en contacto coa Concellaría de Cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do documental “O segredo da Frouxeira”, no FNAC

mércores, 19 xaneiro 2011, 12:53 | Category : audiovisual, presentacións
Tags : , ,

Xoves 20
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda. Praza de Lugo, s/n.)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do documental "O segredo da Frouxeira", de Xosé Abad, no que colabora, entre outras entidades, a Concellaría de Cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas di(n)versos: recital de Xavier Seoane e Rosa Alice Branco

Luns Poetas di(n)versos xaneiro17
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

O ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño e organizado pola Concellaría de Cultura, retoma as súas actividades, co obxectivo de centrarse en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico, constituindo o único ciclo estable de lecturas poéticas públicas contando con autores/as de dentro e fóra de Galicia, unha oportunidade única de degustar a poesía producida hoxe en castelán, catalán, éuscaro ou portugués na voz dos propios creadores/as. Os protagonistas do recital deste día son:
- Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Dende 1975 ven desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural. Así, organiza conferencias e debates, coordina premios ou participa en cursos literarios. Impulsor de innúmeros proxectos de dinamización cultural no noso país, ten comisariado dende exposicións ata libros colectivos, e desenvolveu tanto proxectos videográficos ou mostras de poesía visual como colaboracións escritas en multitude de publicacións periódicas, catálogos de arte, obras colectivas e antoloxías dentro e fóra de Galicia. Poeta con obra traducida a varios idiomas e tamén conferenciante, ten publicado igualmente libros de aforismos, de ensaio, compilacións de textos, novelas, estudos sobre multitude de artistas galegos, reflexións teórico-críticas sobre arte ou escrita, ou obras dirixidas a público infanto-xuvenil.
- Rosa Alice Branco (Aveiro, 1950). Doutora en Filosofía Contemporánea -nas áreas de Filosofía e Psicoloxía da Percepción- pola Universidade Nova de Lisboa. Actualmente ensina Teoría da Percepción na Escola Superior de Artes e Design do Porto (en Matosinhos), mentres dirixe a revista "logovemos" (on line) e fai parte da Unidade de investigación en Design, Media e Cultura (ID+). Ademais diso, ten xestionado publicacións, coloquios e Encontros Internacionais de Poesía. Autora tamén de libros de ensaio, artigos en revistas especializadas e textos traducidos a outras linguas, Rosa Alice Branco participou en encontros e festivais de poesía de todo o mundo e ten libros de poemas publicados no Brasil, Suíza, Luxemburgo, Canadá, Tunicia, Venezuela ou Córcega.

Pódese descargar máis información neste ficheiro en .pdf: Programa Ciclo DinVersos xaneiro 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“ACtúa”, programa de formación teatral para profesionais

O Programa BANNER-ACtua"ACtúa", de formación teatral para profesionais, organizado pola CasaHamlet, Manicómicos e Teatro do Andamio, en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, ten o seguinte calendario de actividades:
- 19, 20, 21, 26 e 27 de xaneiro: "A arte do actor e o proceso creativo", por Óscar Codesido. O programa centrarase no traballo sobre diferentes elementos imprescindibles para a creación escénica que esencialmente se basean no tempo dramático: tempo, duración, repetición e resposta escénica e o espazo dramático: forma corporal, xesto, ... Relación espacial, arquitectura e topografía escénica.
- Do 7 ao 10 de febreiro: "Da interpretación teatral á interpretación para cámara", por Mariana Carballal. O tránsito dende o teatro ao audiovisual pasa por coñecer e recoñecer as características e técnicas específicas que requiren ambos medios, para poder cruzar a ponte dun ámbito ao outro aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrecen. Por iso, partindo das técnicas teatrais en canto á utilización psicofísica destas polo actor ou actriz, descubriremos as similitudes e diferenzas da súa utilización na interpretación ante a cámara.
- Do 21 de febreiro ao 4 de marzo: "Curso de interpretación", por John Strasberg. Traballo sobre unha escena escollida por cada alumno ou grupos de alumnos coas seguintes premisas: Una vez feita a inscrición condicional a organización poñerase en contacto coas persoas interesadas para solicitarlles o seu curriculum e a escena ou escenas que queiran traballar para formar un grupo cohesionado. As persoas que queden fóra do grupo poderán asistir como oíntes; cada alumno/a trae a escena coa que vai traballar, estudada de memoria e analizada; nos casos en que varios alumnos traballen xuntos unha mesma escena, dedicaráselles un tempo maior.
- Do 14 ao 17 de marzo: "O teatro en espazos alternativos", por Alberto Romero. Este obradoiro aborda técnicas aplicadas á creación teatral en espazos pechados ou abertos non convencionais, con público expectante ou improvisado, quieto ou en movemento, traballando de modo diferencial aqueles elementos técnicos que o actor e a actriz manexan no seu quefacer interpretativo: expresión, movemento, enerxía, proxección... en consideración a diversos ámbitos escénicos máis alá do clásico escenario á italiana.
- Do 28 de marzo ao 1 de abril: "Do monólogo ao diálogo", por Olga Magaña. Este curso, dirixido a profesionais do teatro, aborda e afonda diversas técnicas de investigación e expresión co obxectivo de servir de utilidade no traballo de creación de actores e actrices á hora de enfrontarse a un monólogo dende os seus diversos formatos, así como a aplicación, desenvolvemento e concreción das devanditas técnicas en escenas dialogadas. En virtude das características peculiares que configuran o interlocutor escénico (público, personaxe presente, ausente, real ou virtual) abordaranse tratamentos específicos do ritmo, a cadencia, o movemento e o espazo discorrendo do texto á escena, da acción á palabra... do monólogo ao diálogo. Direccionalidade, técnica e a combinación dos diferentes rexistros posibilitaranos transmitir organicamente o discurso interpretativo.
- Do 11 ao 16 de abril: "Obxecto, espazo, acción", por José Luis Raymond. Este curso está destinado a actores, actrices ou artistas plásticos que queiran traballar cos conceptos espaciais contemporáneos, así como cos elementos e materiais que xorden das dramaturxias visuais. con estes obxectivos: coñecer a acción teatral a través do obxecto como desenvolvemento visual, conceptual e estético de situacións que pasan pola abstracción , a narración e o simbolismo, e creación de espazos persoais, onde os apéndices corporais forman parte da prolongación da personalidade artística e visual. Tadeus Kantor, coas súas mochilas e apéndices corpóreos.
- Do 27 de abril ao 1 de maio: "A expresión do clown", por Michele Dallaire. O programa deste curso consiste en desenvolver e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena con un mesmo e co público tendo en conta a técnica do Clown. Os temas que se van tratar son: a personaxe a través do corpo: disociacións, silueta, pesos, expresividade, transferencias de enerxía, xeitos de camiñar e comportarse, ritmo, marcas, actitudes físicas, tics; o xogo escénico e as técnicas de actuación: a relación co público, a urxencia, o ritmo, o gag, a sorpresa, a reactivación, a escoita, o espazo; e a construción: a entrada a escena, o pretexto, a reacción, a graduación das emocións, o tempo do público, o risco, as bromas, o fracaso, a saída…
- Do 9 ao 12 de maio: "A voz na expresión teatral", por Santiago Fernández e Manuel Lourenzo. Do estudo da voz do actor á súa implicación na personaxe, eixe da acción escénica: A voz do actor: respiración, relaxación e movemento, o arco vocálico, os ritmos e exercicios prácticos; e A voz da personaxe: da voz do actor á voz da personaxe, a personaxe, contexto e características e exemplos prácticos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Abreverba”, exposición conxunta da arte galega máis recente en Vigo e na Coruña

As Concellarías de Cultura de Vigo e A Coruña presentan a primeira edición da exposición conxunta "Abreverba", promovida por ambas concellarías e comisariada por David Barro, na que se integran artistas de ambas cidades: Bosco Caride (Vigo, 1963), Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970), Xurxo Gómez-Chao (A Coruña, 1960) e Tatiana Medal (A Coruña, 1971). "Abreveverba" é unha mostra que parte da idea de facer un obrigado exercicio de unión e anamnese que permita lembrar algúns dos nomes cos que se constrúe a historia máis recente da arte galega. Son artistas, todos eles, que superan a barreira considerada como arte nova e que, sen lugar a dúbidas, conservan unha actitude fresca que non deixa de achegar novos camiños niso que se deu en chamar arte contemporánea, e que neste caso crean lazos a partir dunha idea de pintura híbrida e posta en relación con outros contextos. A exposición desenvolverase primeiro en Vigo, na Casa das Artes, e está prevista a súa inauguración o día 17 de decembro ás 20.00 horas, para permanecer aberta ao público até o 23 de xaneiro. Na Coruña inaugurarase o 28 de xaneiro ás 20.00 horas no Kiosco Alfonso e permanecerá aberta ao público até o 20 de marzo.
Con respecto á exposición, a idea de titular cun palíndromo (abreveverba) ten que ver con esa vontade de comprender que na arte contemporánea a lectura dunha traxectoria ten que ser, necesariamente, de ida e volta e varias veces. Palíndromo, do grego palin dromein, significa volver ir cara a atrás. E esa necesidade á hora de entender este encargo tamén de ida e volta, con dobres exposicións que reúnen a estes catro artistas en Vigo e na Coruña, nace da experiencia de comprobar como as novas xeracións de críticos e comisarios descoñecen a arte máis recente para só conseguir construír unha historia a partir dos últimos nomes, das últimas urxencias. O palíndromo en galego, ‘abreveverba’, incide tamén na necesidade de subliñar unha serie de datos partindo de citas que nos permiten camiñar por cada unha das traxectorias lembrando as súas exposicións máis destacadas e o que delas e da obra destes artistas se ten dito no seu momento, e de aí que as imaxes se acompañen dunha biografía comentada. De aí que a intención sexa trazar un percorrido por entre as palabras e as imaxes, procurando atopar nos arquivos da memoria unha serie de frases que nos permitan saber a importancia de cada xesto, descubrir o breve verbo que nos desvele a súa ollada pictórica, a experiencia do tempo e do espazo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mesa redonda sobre “Cen anos de Luís Seoane”, dentro da homenaxe pública da Real Academia Galega ao autor

Sábado Cartaz_Seoane_Cemiterio_0118
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Como parte da homenaxe pública da Real Academia Galega a Luís Seoane no seu centenario, realizarase unha mesa redonda sobre "Cen anos de Luís Seoane", coa participación de José Luis Méndez López, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Axeitos. O acto está organizado en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Fundación Caixa Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google