Concerto da fadista Cristina Branco

xoves, 18 marzo 2010, 17:45 | Category : concertos, música
Tags :

cristinabrancoCon motivo da conmemoración, o pasado 8 de marzo, do Día das Mulleres Traballadoras, a Deputación da Coruña organiza o sábado, 20 de marzo, ás 20.30 horas, no Teatro Colón da Coruña, un concerto da cantante portuguesa Cristina Branco, no que presentará o seu último traballo discográfico Kronos.

As invitacións para o concerto poden retirarse no despacho de billetes do teatro o xoves, 18 de marzo, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.30 horas, e o mesmo día do concerto. A entrada será libre ata completar a capacidade.

Kronos é o décimo disco na carreira de Cristina Branco. Un disco que ten ao tempo como fío condutor. Neste traballo colaboraron unha decena de compositores portugueses de primeira líña que compuxeron os 14 temas que forman o disco: José Mário Branco, Sérgio Godinho, Amélia Muge, Rui Veloso, Vitorino, Janita Salomé, Maestro Victorino d'Almeida, Mário Laginha, Carlos Bica, Joao Paulo Esteves da Silva e Ricardo Dias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google