CGAI: “Mar libre”, de Dani de la Torre

venres, 17 xuño 2011, 10:26 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado Mar libre18
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia - Premios Mestre Mateo", proxección de "Mar libre" (2010, 161 minutos). Dirección: Daniel de la Torre. Mestre Mateo á mellor película para televisión. 1789. Na costa de Galicia medra unha próspera industria da conserva de sardiña; os fomentadores cataláns, impulsores, recollen o beneficio da súa visión de negocio. Un deles, Amadeo Curt, explota aos pescadores, amasando fortuna e poder con métodos indignos. Os pescadores, cansos e impotentes, non atopan solución. A chegada de Anxo Estrada, Capitán da Real Armada, quince anos despois da súa marcha do pobo por culpa do fomentador catalán, axudará ao pobo. Iníciase unha revolta. Presentación coa presenza do seu autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

As curtas premiadas no Festival de Cans 2009, hoxe no CGAI

luns, 11 xaneiro 2010, 10:00 | Category : audiovisual, cinema
Tags : , , , ,

Hoxe no CGAI, proxección das curtametraxes premiadas no Festival de Cans 2009, coa presenza de Alfonso Pato, director do festival, e os directores Dani de la Torre e Toni Veiga. Proxectaranse O pintor de ceos de Jorge Morais; X Nada de Dani de la Torre e Toni Veiga; The werepig de Sam Ortí; Uruguay 2030 de Rafa de los Arcos; e os videoclips Gone to Liverpool de Manolito Portolés para Niño y Pistola, e Es feo de Kike Maíllo para Manos de Topo. Poderemos ver ademais o Making-off Cans 2008 de Nacho Taibo. A entrada é gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google