Mostras bibliográficas nas Bibliotecas Municipais

Pódense ver as seguintes mostras bibliográficas nas Bibliotecas Municipais:
Na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10, 1º): "Tempo de viaxar", durante os meses de xullo e agosto. Máis información aquí.
Na Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga, 10, baixo): "Ultreia: mostra arredor do Camiño de Santiago", até o 16 de setembro.
Na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Río de Monelos, s/n): mostra bibliográfica sobre viaxes "Que me piro" durante o mes de xullo.
Na Biblioteca do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n): mostras do verán “Aprende idiomas”, “Contos animados” e “Mergúllate lendo”.
E na Biblioteca da Sagrada Familia (Antonio Pereira 1, baixo): segue a exposición de fotografía "Galicia, a noite, a maxia, os contos", de David Salgado, e comezan a mostra "Verán de cine", durante o mes de xullo, e o obradoiro "Verán de cine", do 5 ao 9 de xullo.
Máis información das Bibliotecas Municipais pódese consultar aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición fotográfica David Salgado e concerto de BellónMaceiras Quinteto

luns, 21 xuño 2010, 11:16 | Category : bibliotecas, exposicións, fotografía, música
Tags : ,

Martes 22
19:30
Biblioteca Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Inaugúrase a expbelmaceirasosición fotográfica do artista David Salgado, “Galicia, a noite, a maxia, os contos”, onde mostra a súa visión das paisaxes da Galicia vistas a través do seu obxectivo, que estará exposta até o 31 de xullo.
Contarase tamén coa actuación de BellónMaceiras Quinteto, que veñen de presentar neste mes o seu último traballo discográfico “FolkFusión”, e haberá ocasión de escoitar en directo algúns dos temas deste disco.
Completarase o acto cunha lenda autóctona, narrada por unha das bibliotecarias, e cunha mostra de libros que tinguirán de intriga as tardes estivais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google