XXVII edición de Galeusca, do 29 ao 31 de outubro

Organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, os encontros Galeusca chegan á súa XXVII edición, congregando na cidade da Coruña, entre os días 29, 30 e 31 de outubro,  a escritores e escritoras da AELG, da Euskal Idazleen Elkartea e da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana.
As sesións da XXVII Congreso Galeusca celebraranse na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, s/n.), baixo o epígrafe Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro.
O XXVII Congreso Galeusca promoverá neste 2010 o debate ao redor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subministradoras de contidos para unha fértil industria cultural que a todos e todas sen excepción preocupa e interesa, pois na lingua e na literatura susténtase a identidade senlleira dun pobo, unha historia pensada e debuxada tamén polos seus escritores e escritoras, voces reveladoras dunha viaxe colectiva cara un país con futuro propio. Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o programa:

Venres, 29 de outubro:
Chegada das delegacións.

Sábado 30 de outubro
10:00-11:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual, coordinada por Raúl Veiga:
Héctor Carré
• Harkaitz Cano (elaboración do relatorio) | Ander Iturriotz (relator)
Manel Bonany
12:00-13:30 Mesa redonda: As viaxes na literatura, coordinada por Xulio L. Valcárcel:
Anxo Angueira
• Urtzi Urrutikoetxea
Ignasi Riera
17.00: Percorrido Rosaliano pola Coruña, por Diego Pardo Amado (con saída na Rúa do Príncipe,3 –Cidade Vella–).
18.30: Recepción na Casa do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1).

Domingo 31 de outubro
10:00-11:30 Asemblea da Federación Galeusca.
12:00-13:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes, coordinada por Tati Mancebo:
Marcos S. Calveiro
Nikolas Zimarro
Guillem-Jordi Graells
19:00-20:00 Recitado/Lectura de textos + Música:
Olalla Cociña e Dores Tembrás
• Nikolas Zimarro
Miquel Bezares
Xabier Díaz (música).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Roteiro “Rosalía na Coruña”

xoves, 18 marzo 2010, 18:00 | Category : roteiros
Tags : ,

roteirorosalia

Convidámosvos a participar no roteiro Rosalía na Coruña, organizado pola Concellaría de Cultura e guiado por Diego Pardo Amado, profesor e especialista na figura de Rosalía. Será este domingo pola mañá, cunha duración aproximada de 1 hora, e co seguinte percorrido:

1. Casa de Rosalía (ás 12.00h)
2. Xardín de San Carlos
3. Peirao
4. Estatua de Curros
5. Casa de M. Murguía
6. Teatro Rosalía Castro

Descargar folleto do roteiro Rosalía na Coruña: PDF, 7,0 MB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google