Domus: conferencia “Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules”, por Ricardo Prego

martes, 29 novembro 2011, 10:00 | Category : conferencias, museos científicos
Tags : , ,

Mércores mc230
Domus (Rúa Santa Teresa, 1) Sala Leonardo da Vinci
20:00

Conferencia "Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules", por Ricardo Prego, profesor de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. Participou en varias campañas oceanográficas para estudar o golfo Ártabro e a ría da Coruña. Durante as súas campañas oceanográficas, Ricardo Prego realizou descubrimentos que son importantes para comprender como funciona o mar máis próximo á vida dos coruñeses. Descubriu, por exemplo, que desde o punto de vista oceanográfico a ría da Coruña é máis ben unha baía. Tamén descubriu que a riqueza biolóxica da nosa ría débese en gran parte ao afloramiento de augas frías que ten lugar durante o verán e á auga que achega o inverno a corrente de Nadal, que procede do trópico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: exposición pictórica de Fernando Fueyo sobre Atapuerca

martes, 8 novembro 2011, 11:45 | Category : exposicións, museos científicos, pintura
Tags : , , ,

Do mc2martes 8 de novembro ao domingo 15 de xaneiro de 2012
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
Planta baixa

"Atapuerca, Arco da Vella da evolución humana" é unha selección de 19 acuarelas do pintor Fernando Fueyo nas que están presentes de forma recorrente os lugares, os achados, a actividade humana e os animais e plantas que conviven coas escavacións arqueolóxicas dos xacementos da Serra de Atapuerca.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: nova edición de ExploraDomus

martes, 27 setembro 2011, 9:30 | Category : infantil, museos científicos
Tags : , ,

Comeza mc2un ano máis ExploraDomus, o programa de actividades de fin de semana da Domus para mozos científicos. Os participantes explorarán a ciencia nas súas contornas máis próximas: en outubro comezarase con experimentos relacionados coa cociña; en novembro e decembro explorarán o baño; en xaneiro, o patio; en febreiro, o parque de atraccións; marzo estará dedicado ao campo; e en abril as actividades estarán relacionados coa praia. Ademais, haberá sesións especiais nas vacacións escolares de Nadal.
ExploraDomus é unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, e ten lugar na Domus (c/ Santa Teresa 1. A Coruña) os sábados e domingos de 17:00 a 18:30 horas. A primeira sesión desta nova edición será o sábado 1 de outubro. Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981189840. A tarifa é de 1 euro por participante (gratis para socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta 20).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV “Festival Empape”: actividades do venres 1 de xullo

xoves, 30 xuño 2011, 8:32 | Category : danza, música
Tags : , , , , , , ,

Estas anvson as actividades do venres 1 de xullo no IV "Festival Empape":

* ESCALINATA DA DOMUS
- 20:30 h. DECALAGE (Reino Unido) – Appel– (estrea en Galicia). Trío baseado na interacción viva entre dous bailaríns e un músico, retratando elementos instintivos de danza e a espontaneidade da música, inspirada a partes iguais en B-boying, capoeira e danza contemporánea.
- 20:45 h. ÁNGEL MONTERO - (Galicia) – Queda por chover- (Impulso a novos creadores) (ESTREA). Esta obra fálanos sobre eses orballos crónicos que nos achegan á lembranza, as que un padece no peso da soidade.
- 21:00 h. SHLOMI BITTON – (Israel) – Dálle vida (ESTREA). "Este son eu. De pé ante vós. Estes son os meus pensamentos, que oes, e esta é a humilde oferta que fago por agora. É o mellor que podo facer para min e para vós agora mesmo".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “A obesidade, unha epidemia que se pode combater”, da Dra. Susana Monereo

Luns 20
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses rematan a exitosa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención da Dra. Susana Monereo, xefa do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Hospital Universitario de Xetafe, que falará sobre "A obesidade, unha epidemia que se pode combater", facendo unha análise da situación actual da obesidade no mundo e en España, e dará consellos prácticos a pé de mesa para combatela, trasladando unha mensaxe optimista para as persoas que buscan solucións a este problema de saúde. A Dra. Monereo é actualmente membro do Comité Científico grupo NAOS na Estratexia de Prevención da Obesidade en España, da Comisión Nacional da Especialidade (CNE), e foi membro Comité Científico da Axencia de Seguridade Alimentaria Española (AESA) dende febreiro de 2006 ata 2010. Colabora habitualmente en medios de comunicación sobre temas de endocrinoloxía, nutrición e diabete, e é responsable do programa de control de IMC das modelos da pasarela Cibeles da Comunidade Autónoma de Madrid. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central foi a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contou coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia logrou incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.
Ao acto de clausura asistirán representates das entidades organizadoras, Universidade da Coruña, CHUAC e Museos Científicos Coruñeses.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Máis aló da obesidade e da diabete. Efectos colaterais”, por Alfonso Soto González

Luns 13
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención do Dr. Alfonso Soto González, especialista de endocrinoloxía e nutrición do CHUAC, que falará sobre "Máis aló da obesidade e da diabete. Efectos colaterais", charla na que dará unha visión xeral das complicacións relacionadas coa diabete e coa obesidade. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: final do XIII “Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares”

Sábado banner-luis-freire-201111
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
A partir das 11:00

Alumnos de cinco equipos de Xinzo de Limia, Ourense, Guntín, Santiago de Compostela e Cambre defenderán os seus traballos na final do XIII "Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares". Durante o acto, no que se contará coa presenza de familiares e compañeiros de estudos dos participantes, os estudantes deberán expor e defender os seus traballos ante o Xurado.
Estas son as preguntas finalistas e que competirán polo primeiro premio:
- Cales son as mellores condicións para hidratar legumes? Presentado por Laura Domelo Borrajo, Alvaro Dopozo Feijoo e María González Sotelo, do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia.
- Pódese empregar auga dos deshumidificadores nas baterías eléctricas? Presentado por Diego Dorribo Dacuña , Julián Fernández González, Adrián Gómez Blanco e Brais Sandín Fernández, do IES Universidade Laboral de Ourense.
- Pódese ver medrar a herba? Presentado por Adrián Balsa García, Sofía Díaz Varela, Lucas Lombardía García e Laura López López, do CPI Tino Grandío de Guntín.
- Os nosos carballos sobrevivirán á chuvia ácida? Presentado por Esperanza Alvarez Vilas, Brenda Hermida Varela, Rosana Martins Cotón e Noemí Pena Vidal, do IES de Sar de Santiago de Compostela.
- Pódese recuperar completamente, con calor, unha pelota de tenis de mesa abolada? Presentado por Damián Moar Botana e David Viñas Barciela, do IES David Buján de Cambre.

Convocado polos Museos Científicos Coruñeses, El Corte Inglés e a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias trátase dun premio de investigación dirixido aos estudantes de secundaria en Galicia que busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. Tras a exposición dos traballos o Xurado retirarase a deliberar e emitirá o fallo, o que terá lugar sobre as 13:00 horas do mesmo sábado 11 de xuño, para continuar coa entrega dos premios, patrocinados por El Corte Inglés. Os gañadores recibirán como premio unha viaxe a Valladolid para realizar unha visita ao seu Museo da Ciencia. Tamén haberá premios para os demais finalistas. Ademáis, os Museos Científicos Coruñeses farán entrega a todos os finalistas dunha guía didáctica da exposición "Eureka!", sobre ciencia e creatividade, que se exhibe na Domus. Trátase dun material que acaba de ser publicado e que inclúe infomación e actividades relacionadas cos temas tratados na mostra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: presentación do libro “Ecologíada, 100 batallas”, de Pedro Costa Morata

Xoves Ecologiada-100-batallas-Medio-ambiente-y-sociedad-en-la-Espana-reciente-i0n49203079
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Ecologíada, 100 batallas. Medio ambiente y sociedade en la España reciente", de Pedro Costa Morata, veterano activista do ecoloxismo español que participou activamente no debate sobre a enerxía nuclear. Intervirán: Pencha Santasmarinas, ex líder da loita antinuclear en Xove (Lugo), Carlos Vales, director do CEIDA e Félix Domínguez, sociólogo salesiano, nun acto presentado por Xosé Antón Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses.
Pedro Costa Morata (Aguilas, 1947), é profesor na Universidad Politécnica de Madrid, e pertence ao pequeno grupo dos fundadores do movemento ecoloxista español. De ampla formación -enxeñeiro, sociólogo, xornalista- publicou o primeiro texto antinuclear, "Nuclearizar España" (1976), unha ampla revisión da situación ambiental española, "Hacia la destrucción ecológica de España" (1985), e unha análise crítica sobre o problema electromagnético, "Electromagnetismo: silencioso, ubicuo, inquietante" (1996), entre unha vintena de libros sobre temática ambiental ao longo e o ancho da xeografía española; a súa obra esténdese a un intenso labor como articulista e consultor ambiental. Foi galardoado co Premio Nacional de Medio Ambiente (1998). Das loitas ecoloxistas en España non hai apenas relatos en primeira persoa, e aquí reside a novidade desta "Ecologíada", un texto no que o autor-protagonista vai describindo, como experiencia directa, moitos (cen) dos máis notables conflitos que deron forza e personalidade ao movemento ecoloxista, un dos fenómenos sociais máis interesantes e transcendentes dos últimos corenta anos. As "batallas" que se inclúen abranguen os campos máis clásicos dese ecoloxismo -a loita antinuclear, a defensa do litoral, a crítica do industrialismo- así como o moito máis novidoso rexeitamento ás instalacións electromagnéticas -antenas de telefonía móbil, liñas de alta tensión, transformadores eléctricos- e, por suposto, o proceso fundacional que configurou na década de 1970 a ideoloxía, a cosmovisión e a práctica organizativa ecoloxistas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “A diabetes e a súa alianza coa biotecnoloxía”, de Teresa Martínez Ramonde

Luns 6
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención da Dra. Teresa Martínez Ramonde, especialista de endocrinoloxía e nutrición do CHUAC, que falará sobre "A diabetes e a súa alianza coa biotecnoloxía". A Dra. Martínez Ramonde desenvolve o seu traballo con especial dedicación á diabetes tipo 1, para a que na actualidade está a crear unha Unidade no CHUAC. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: presentación multimedia sobre o rape, “O rei pescador”, de Antonio Pérez Cribeiro

Xoves mc22
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar aforamento.

Presentación multimedia sobre o rape, "O rei pescador", con motivo do 60 aniversario do restaurante "Casa Pardo", que ten un dos seus establecementos na Domus. Esta presentación multimedia é un documento inédito realizado polo xefe de bioloxía mariña do Aquarium Finisterrae, Antonio Pérez Cribeiro, no que mostrará imaxes e información sobre a bioloxía do rape.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “A obesidade, o buraco negro metabólico”, de Fernando Cordido

Luns 30
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que continúa a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Fernando Cordido, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición do CHUAC, que falará sobre "A obesidade, o buraco negro metabólico". O O Dr. Cordido é catedrático de Endocrinoloxía e Nutrición do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación fundamentais son a obesidade e a neuroendocrinoloxía. Foi galardoado con 12 premios científicos, e é autor de numerosas publicacións, moitas das cales se citan en textos médicos de prestixio, como o Harrison Principles of Internal Medicine, ou o Williams Textbook of Endcrinology. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Do home primitivo ao home obeso”, de Ovidio Vidal

Luns 23
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que continúa a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Ovidio Vidal, que falará sobre "Do home primitivo ao home obeso". O Dr. Vidal, xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, ten unha longa e recoñecida traxectoria como endocrinólogo, na que acadou catro premios de investigación en congresos nacionais, foi presidente da Federación Española de Asociaciones de Educadores en Diabetes e do Comité de Expertos para o tratamento optimizado da diabetes tipo I do Ministerio de Sanidad, entre moitas outras actividades desempeñadas. Ademais, actualmente é membro da Comisión Asesora de Diabetes da Xunta de Galicia. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?”, polo Dr. Lorenzo Monserrat

Luns 9
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que continúa a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Lorenzo Monserrat, que falará sobre "Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?". O Dr. Monserrat desenvolve un salientable labor investigador no Servizo Galego de Saúde, centrado sobre todo na clínica e xenética de alteracións relacionadas co corazón, realizando estudos e seguimento en máis de 800 familias nas que aparecen este tipo de problemas xeración tras xeración. É ademais fundador e director científico de "Health in Code", compañía dedicada ao diagnóstico e consello xenético de cardiopatías. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“XVI Día da Ciencia na Rúa”, o sábado 7 de maio

O "XVIcartel_ciencia rúa Día da Ciencia na Rúa" pretende ser un acto lúdico arredor da Ciencia que se desenvolve o primeiro sábado do mes de maio, neste ano o 7, nun horario ininterrompido de 11:00 a 19:00 horas. Esta romaría científica ten no Parque de Santa Margarita o núcleo fundamental da celebración, con haimas e actividades paralelas. Asemade, pódense visitar a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, que ofrecen unha xornada de portas abertas aos visitantes, e o Centro Oceanográfico da Coruña.
Neste 2011 cúmprense dezaseis anos desde que en 1995 a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses puxemos en marcha o Día da Ciencia na Rúa. Unha iniciativa que acadou un notable éxito, o que nos estimula a perseverar na súa celebración. Co mesmo ánimo co que tentamos de ofrecer, durante todo o ano, ao público dos Museos Científicos unha oferta variada e actualizada de cultura científica.
As actividades previstas nos Museos Científicos Coruñeses son as seguintes (pódese descargar a información sobre todas as actividades e participantes neste arquivo .pdf: XVI Dia da Ciencia na Rua 2011):

Casa das Ciencias: Parque de Santa Margarita. Aberto de 10:00 a 19:00 horas. Actividades:
- Maratón de Planetario: as invitacións repartiranse en recepción media hora antes do comezo de cada sesión:
* 11:00 horas: "Invasores de Marte".
* 12:00 horas: "La noche del vampiro (infantil)".
* 13:00 horas: "El día de hoy".
* 16:00 horas: "Evolución".
* 17:00 horas: "Fugaz (infantil)".
* 18:00 horas: Programa sorpresa.
- "O asombro de Mr. Darwin". Exposición temporal dedicada a divulgar o labor de Charles Darwin. Entre os módulos das once unidades expositivas da mostra destacan elementos como un globo terráqueo a grande escala no que os visitantes poden observar o percorrido que fixo arredor do mundo, acompañado dun ordenador permite deterse nalgunhas das súas escalas; uns pupitres interactivos para descubrir as características evolutivas que comparten os seres vivos, como por exemplo os ósos das extremidades de diferentes grupos de vertebrados, e pezas históricas.

Domus: R/ Santa Teresa 1. Aberto de 10:00 a 19:00 horas. Actividades:
- Campionato de Powermind. Participa neste xogo mental que che revelará como se relaxa o teu cerebro. Canto máis te relaxes, máis rápido moverás o pequeno balón que tes diante de ti e poida que consigas marcarlle un gol ao contrario. Pódeste apuntar ao campionato na recepción da Domus. Horario: 12:30 e 17:30 horas
- Exploradomus "SOS Planet". Nesta edición, os pequenos exploradores ven a película "SOS Planet 3D" e, a continuación, fan experimentos con fenómenos importantes para a vida no noso planeta, como é o caso do efecto invernadoiro. ExploraDomus é unha actividade dirixida a nenos de entre 6 e 10 anos. Na Domus ás 16:45 horas.
- "Wild Safari 3D: Aventura en Sudáfrica" é unha aventura en tres dimensións tras os pasos dos animais mais perigosos e espectaculares de Sudáfrica. É a primeira vez que unha película retrata a vida salvaxe en 3D, situando ao espectador como copiloto dun safari que recorre as diversas reservas naturais de Sudáfrica e no que se enfrontará a impresionantes elefantes, esquivos leopardos ou famentos leóns.

Aquarium Finisterrae: Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. Aberto de 10:00 a 20:00 horas. O acceso péchase unha hora antes. Actividades:
* 12:00 horas: Espectáculo de alimentación das focas no Piscinarium.
* 12:30 horas: Sesión en directo na OceanoSfera e pase do programa "Blue Planet".
* 13:00 horas: Taller de bioloxía mariña en directo na Charca das Caricias.
* 16:00 horas: Taller de bioloxía mariña en directo na Charca das Caricias.
* 17:00 horas: Espectáculo de alimentación das focas no Piscinarium.
* 18:00 horas: Sesión en directo na OceanoSfera e pase do programa "Frozen".
- Zona-i. Entéirate, Informa, Participa, Choose, Imaxina, Descubre, Actúa. Novo espazo do Aquarium no que os visitantes poden recibir información, realizar actividades, e sobre todo votar e opinar sobre cuestións científicas que afectan á súa vida cotiá. Todo iso cunha infraestrutura moderna, utilizando ferramentas tecnolóxicas e dixitais.

- Especial mención merece tamén o concerto que a Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por Marcel van Bree, dará na Escalinata da Casa das Ciencias a partir das 12:00 h., co seguinte programa:
* La Bella Helena (Obertura), de Carl Mª von Suppé.
* La Revoltosa (Fantasía), de Ruperto Chapí.
* La Dolorosa (Selección), de José Serrano.
* Estrasantico, de Simón Couceiro.
* El baile de Luis Alonso (Intermedio), de G. Giménez.

- Este programa complétase coas múltiples actividades que desenvolverán estudantes, profesores e membros de diversas entidades (centros educativos, Universidade, Agrupación Astronómica Ío ou as Bibliotecas Municipais da Coruña), nas 29 carpas e espazos de ocio ao aire libre instalados á beira da Casa das Ciencias, xunto ao desfile de cabezudos, a actuación de malabaristas e xogos e concursos para todas e todos.

Adxuntamos tamén o plano de situación das actividades: Plano Dia da Ciencia na Rua 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: exposición “Paisaxes neuronais”

Domc2 martes 3 de maio ao domingo 28 de agosto
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
Horarios:
Do 3 de maio ao 30 de xuño
De luns a venres, de 10:00 a 19:00 h.
Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 h.
Do 1 de xullo ao 28 de agosto
De luns a domingo, de 11:00 a 21:00 h.
Visitas escolares: previa cita ao teléfono 981-189848.
Do 3 de maio ao 20 de xuño
De martes a venres, de 10:00 a 13:00 h.
Visitas guiadas:
Do 1 de xullo ao 28 de agosto
Venres, sábado e domingo, ás 12:30 e 17:30 h.

A exposición "Paisaxes neuronais", da Obra Social "La Caixa" e os Museos Científicos Coruñeses, rende homenaxe ao premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1906 Santiago Ramón y Cajal, considerado como o pai da neurociencia moderna, creador da teoría da neurona e da importante escola histolóxica española, cuxos estudos provocaron un cambio radical no curso da historia da neurociencia.
Na exposición móstranse, a través de 21 imaxes inéditas (seleccionadas entre 433 imaxes enviadas por 62 laboratorios de neurociencias de todo o mundo), realizadas con técnicas de vangarda por neurocientíficos de todo o mundo, a evolución do coñecemento do sistema nervioso desde tempos de Cajal até hoxe. En ocasións, estas sorprendentes e belas imaxes, que se obteñen cos métodos de tinción tradicionais e modernos para revelar a estrutura do cerebro, recordan ás obras de artistas como Renoir, Miró ou Picasso, entre outros. Cada unha destas imaxes vai acompañada por textos especialmente creados para a ocasión por pintores, escritores, filósofos e outros intelectuais.
A mostra foi organizada por Obra Social "La Caixa", baixo a dirección científica de Javier de Felipe, do Instituto de Neurobiología Ramón y Cajal, e de Henry Markram, director do Brain Mind Institute de Lausanne, contando coa colaboración do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e IBRO (Organización Internacional para a Investigación do Cerebro).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google