Domus: conferencia de Nicolás Vázquez González e José Antonio Iglesias Vázquez: “Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?”

Luns 2
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que inicia a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Nicolás Vázquez, Coordinador da Unidade de Hemodinámica do CHUAC e o Dr. José Antonio Iglesias Vázquez, director da Fundación Urgencias Sanitarias de Galicia-061 que falarán sobre "Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?". O Dr. Nicolás Vázquez ten unha extensa traxectoria profesional vinculada á cardiología intervencionista, sendo actualmente xefe de sección de Cardioloxía e coordinador da unidade de Cardioloxía Intervencionista do CHUAC. O Dr. Iglesias Vázquez é especialista en medicina de urxencias e catástrofes, e ten unha ampla experiencia en soporte vital avanzado. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia de Alfonso Castro Beiras: “Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades”

Luns 11
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que inicia a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Alfonso Castro Beiras, que falará sobre "Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades. A Coruña: Corazón do Corazón". O Dr. Castro Beiras é a figura máis relevante da cardioloxía galega actual, Xefe de Servizo de Cardioloxía do CHUAC. Dirixe ademáis o Instituto de Ciencias da Saúde da Universidad da Coruña, e a Estratexia para a Cardiopatía Isquémica do Ministerio de Sanidade e Consumo e Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Tamén é vocal do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Sanidade e Consumo, e Presidente do Consello Asesor da Consellería de Sanidade, entre outras ocupacións. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: estrea do documental histórico “Silenciadas”, de Pablo Ces

Venres Silenciadas8
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Estrea do documental histórico "Silenciadas", froito dun traballo de investigación de Aurora Marco e dirixido por Pablo Ces, con guión de ambos os dous e banda sonora de Pilo Sierra, Xacobe Lamas e Kiko Reimúndez. Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación, dentro das actividades ao redor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Este film, dunha hora de duración, destaca pola súa fondura e o estremecemento que producen as súas historias: vidas de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro, pezas fundamentais para a superviviencia daquel e que por defendelo, foron duramente represaliadas: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio e incluso morte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia de José María Borro: “Transplante pulmonar: a innovación ao servizo dos pacientes”

Luns 4
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa charla "Transplante pulmonar: a innovación ao servizo dos pacientes", impartida polo Dr. José María Borro, Xefe do Programa de Transplante Pulmonar e Xefe de Servizo de Cirurxía Torácica do CHUAC. O Dr. Borro ten unha dilatada e frutífera experiencia en transplante pulmonar. Como coordinador e director da Unidade de Transplantes do Hospital La Fe de Valencia (de 1990 a 1998), dirixiu o grupo médico responsable do primeiro transplante cardiopulmonar de longa supervivencia en España. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: proxección de “A maleta de Sofía”, de Marcos Gallego

Venres 1
Domus (Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades do Día Internacional da Muller, proxección de "A maleta de Sofía", de Marcos Gallego. Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia de José Manuel García Buitrón: “A tecnoloxía do transplante renal en imaxes”

Luns 28
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen hoxe coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro". Neste terceiro ciclo o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contaráse coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). José Manuel García Buitrón é coordinador da oficina de Coordinación de Transplantes e responsable do Programa de Transplante Renal de Doador Vivo no CHUAC. Foi Coordinador de Transplantes da Comunidade Autónoma de Galicia de 1987 a 1991, e membro da Comisión Nacional da especialidade de uroloxía. De 2007 a 2009 foi Director Xerente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O III ciclo "Luns con Ciencia" ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre “Enerxía nuclear”

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre "Enerxía nuclear". Solicitan para iso a participación dos cidadáns mediante o envío das súas preguntas á seguinte dirección de correo electrónico: mc2responde@casaciencias.org. Tamén poden deixalas por escrito na recepción da Casa das Ciencias, Domus ou do Aquarium Finisterrae. Recolleranse preguntas ata o 11 de abril.
Na segunda metade do século XX moitos países apostaron pola enerxía nuclear como alternativa ao petróleo, o carbón e outros combustibles fósiles. En España as centrais nucleares achegan aproximadamente a quinta parte da electricidade que consumimos, e ademais apenas emiten gases que contribúan ao quentamento do planeta. Non obstante, sempre existiu preocupación pola súa seguridade, tanto pola perigosidade dos seus residuos coma polas graves consecuencias dos accidentes nas centrais, tal e como se viu estes días en Xapón. Os Museos Científicos Coruñeses desexan responder á demanda social de información científica-tecnolóxica sobre a enerxía nuclear publicando un documento que recolla as preocupacións, curiosidades e intereses de todos os cidadáns. É por iso que solicitan e invitan a todos a participar nesta iniciativa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia de Francisco Suárez, “Retos do transplante hepático”

Luns 21
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses proseguen hoxe coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro". Neste terceiro ciclo o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contaráse coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). A charla será impartida polo Dr. Francisco Suárez, hepatólogo do Programa de Transplante Hepático do CHUAC, que fará un breve repaso á historia do transplante hepático, dende os primeiros intentos nos anos 60 do século pasado, repasando as técnicas desenvolvidas para mellorar a considerada como unha das cirurxías máis complexas, para rematar expoñendo os principais retos de futuro no que ao transplante de fígado se refire. O III ciclo "Luns con Ciencia" ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos Coruñeses: Que cuestión lle interesaría coñecer sobre a enerxía solar?

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre "Enerxía solar".
- Solicitan para iso a participación dos cidadáns mediante o envío das súas preguntas á seguinte dirección de correo electrónico: mc2responde@casaciencias.org
- Tamén poden deixalas por escrito na recepción da Casa das Ciencias, Domus ou do Aquarium Finisterrae.

A necesidade por buscar enerxías alternativas aos combustibles fósiles, que resultan altamente contaminantes e inciden en incrementar a cantidade atmosférica de dióxido de carbono, provocou a investigación e o desenvolvemento de fontes alternativas como a solar, eólica, biomasa, xeotérmica, etc. Unha das que suscita certa polémica nestes momentos, por exemplo en canto á súa rendibilidade, é a enerxía solar. Os Museos Científicos Coruñeses desexan responder á demanda social de información científica-tecnolóxica sobre esta cuestión publicando un documento que recolla as preocupacións, curiosidades e intereses de todos os cidadáns. É por iso que solicitan e invitan a todos a participar nesta iniciativa. Recolleranse preguntas ata o 4 de abril.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: exposición fotográfica “O corpo”, de Victoria Diehl

Do Anversotarjetamércores 16 de marzo ao domingo 1 de maio
Domus (Rúa Santa Teresa, 1).
De luns a venres: de 10:00 a 18:00 h.
Sábados, domingos, festivos e Semana Santa: de 11:00 a 19:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Victoria Diehl dá corpo a un dos traballos máis románticos da fotografía española actual. Dende a pedra ata a carne nunha viaxe de ida e volta, xa que se nos seus primeiros traballos, cuns lixeiros toques de cor e co encadre axeitado ofrécenos a pedra nun proceso de resurrección, reencarnándose en seres vivos, con calor de vida nos seus fríos corpos, nos seus traballos máis recentes vemos o proceso inverso: como corpos reais se van convertendo en pedra, nun proceso de perda de cor e vida que agreta a súa pel e cuartea as superficies. Victoria Diehl (A Coruña, 1978) é licenciada en Belas Artes e diplomada en Estudos Avanzados de fotografía pola Universidade de Vigo. Expuxo de xeito individual en Photogalicia, nos Institutos Cervantes de Viena, Milán e Roma, no Museo do Pobo Galego e na Galería Bacelos. Tamén participou en exposicións colectivas e feiras como Arco (Madrid), Photo-London (Londres) ou Diva Art Fair (Nova York). A súa obra forma parte de coleccións como a do CGAC, Caja Madrid, Caixanova, Museo de Pontevedra e Concello de Santiago de Compostela. A inauguración da exposición terá lugar o martes 15 de marzo ás 19:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia de Antón Fernández, “Doazón de órganos en vida: un exemplo de solidariedade”

Luns 14
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00

Os Museos Científicos Coruñeses inicían hoxe a terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro". Neste terceiro ciclo o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contaráse coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). A conferencia inaugural leva por título "A doazón e transplante de órganos en vida: un exemplo de solidariedade". Será impartida polo Dr. Antón Fernández. Na charla explicará as posibilidades de transplante de órganos en vida, as condicións para ser doador e a experiencia na Coruña, entre outras cousas. O Dr. Fernández é Director da Oficina de Coordinación de Transplantes do CHUAC, membro da SEMES (Sociedad Española de Medicina de Emergencias) e membro da AEBT (Asociación Española de Bancos de Tejidos). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do fin de semana no Festival Espazos que danzan

Sábado Espazos que danzan12 e domingo 13
Dentro do Festival Espazos que danzan 2011, terán lugar as seguintes actuacións:

- Sábado 12 de marzo.
- Domus. A Coruña.
* 20:00 h. "Mostra Obradoiro", por Leo Rodríguez. Prezo: gratuíto.
* 20:30 h. Natalia Jiménez, danza contemporánea e teatro. Prezo: gratuíto.
* 21:30 h. "Mostra de traballos: dúos e sós", do Centro Coreográfico Galego. Prezo: gratuíto.

- Sábado 12 e Domingo 13 de marzo.
Expocoruña.
* De 10:00 a 15:00 h. Clases técnicas e obradoiro de danza, dirixido a bailaríns e actores de teatro físico. Imparte a bailarina e coreógrafa Natalia Jiménez. De 10:00 a 12:00 h. clase técnica e de 12:00 a 15:00 h. obradoiro. Información e reservas en: experimentadanza at yahoo.es e o teléfono 663301765. Máximo: 20 persoas. Prezo: 50 euros.

O programa completo pódese consultar aquí: Espazos que danzan 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: III Edición do Ciclo “Luns con Ciencia”: “A saúde é o primeiro”

Por Cartaz A saúde é o primeiroterceiro ano consecutivo os Museos Científicos Coruñeses celebran o ciclo de divulgación científica "Luns con Ciencia". Nesta edición o tema central é a saúde, tratando específicamente os transplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contaráse coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Ao longo das sesións, diversos expertos trasladarán ao público diferentes aspectos relacionados cos temas tratados, intervencións que serán seguidas de debates. O ciclo está dirixido ao público xeral, persoas interesadas pola divulgación científica, alumnado e profesorado da universidade. Están solicitados 2 créditos de libre elección para o alumnado da Universidade da Coruña que asista. A inscrición pódese realizar chamando ao teléfono 981-189840 begin_of_the_skype_highlighting              981-189840      end_of_the_skype_highlighting entre as 09:00 e as 14:00 h. Aquí se pode descargar o cartel: III Ciclo Os luns con ciencia Domus.
As conferencias celebraránse na Domus (Rúa Santa Teresa 1. A Coruña) ás 20:00 horas. O programa deste ano é o seguinte:

- Luns 14 de marzo. "Doazón e transplante de órganos en vida: un exemplo de solidariedade". Antón Fernández. Coordinador de Transplantes do CHUAC.

- Luns 21 de marzo. "Retos do transplante hepático". Francisco Suárez. Hepatólogo Programa Transplante Hepático do CHUAC.

- Luns 28 de marzo. "A tecnoloxía do transplante renal en imaxes". José Manuel García Buitrón. Urólogo Programa de transplante Renal do CHUAC.

- Luns 4 de abril. "Transplante pulmonar: a innovación ao servizo dos pacientes". José María Borro. Xefe Programa Transplante Pulmonar e Xefe de Servizo de Cirurxía Torácica do CHUAC.

- Luns 11 de abril. "Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades. A Coruña: Corazón do Corazón". Alfonso Castro Beiras. Xefe de Servizo de Cardioloxía do CHUAC.

- Luns 2 de maio. "Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?". Nicolás Vázquez González, Coordinador da Unidade de Hemodinámica do CHUAC, e José Antonio Iglesias Vázquez, Director da Fundación 061.

- Luns 9 de maio. "Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?". Lorenzo Monserrat. Cardiólogo, Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC.

- Luns 23 de maio. "Do home primitivo ao home obeso". Ovidio Vidal, Xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC.

- Luns 30 de maio. "A Obesidade, o buraco negro metabólico". Fernando Cordido. Endocrinólogo do CHUAC.

- Luns 6 de xuño. "A diabetes e a súa alianza coa biotecnoloxía". Teresa Martínez Ramonde. Endocrinóloga do CHUAC.

- Luns 13 de xuño. "Mais aló da obesidade e da diabetes: Efectos colaterais". Alfonso Soto González Endocrinólogo do CHUAC.

- Luns 20 de xuño. "Obesidade, unha epidemia que se pode combater". Susana Monereo Megías. Xefa do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Hospital Universitario de Xetafe.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O martes de Entroido a entrada as Museos Científicos Coruñeses é gratuíta

Este martes 8 de marzo, martes de Entroido, o público poderá acceder de xeito gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Domus convoca o “Taller de Manitas”

xoves, 17 febreiro 2011, 12:57 | Category : museos científicos, obradoiros
Tags : , , , ,

"Taller de Manitas" é unha experiencia piloto na que o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. O obxectivo desta actividade é fomentar as vocacións científicas e poñer en práctica a capacidade innovadora, así como potenciar que os participantes poñan en práctica a súa creatividade para resolver os problemas que se van presentando. Esta experiencia preséntase como un complemento da exposición "Eureka!", sobre ciencia e creatividade producida polos Museos Científicos Coruñeses, e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

* Como participar:
Haberá dúas edicións do taller, unha primeira que se celebrará entre marzo e abril, e unha segunda a realizar en abril, maio e xuño. Cada taller terá unha duración de seis sesións dunha hora e media, con sesión os mércores e os xoves de cada semana. Para participar hai que inscribirse previamente no grupo correspondente:
- "Taller de manitas" xuvenil, para público entre 17 e 23 anos.
- "Taller de manitas" sénior, participantes a partir de 55 anos.
As inscricións deben realizarse a partir do 17 de febreiro no teléfono 981-18 98 40, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada taller terá un máximo de 10 participantes. A participación no taller é gratuíta. Ao final do taller entregarase a cada participante un diploma de asistencia.

* Proxectos do "Taller de Manitas":
Os talleres partirán dunha proposta inicial de proxectos que se debaterá co grupo, buscando o máximo grao de implicación dos participantes. Ao longo do proceso traballarase sobre as propostas de contidos e as solucións construtivas, modificándoas, adaptándoas e mellorándoas. Ao finalizar a actividade, os traballos realizados presentaranse ao público na Domus. Proxectos:
- Construción de maquetas a diferentes escalas: a miña cidade, o meu barrio, a miña rúa, a miña casa, o meu cuarto... Desde unha maqueta da cidade da Coruña cos seus edificios emblemáticos, á da rúa ou praza que seleccione o grupo, ou a dunha vivenda.
- Realización dunha maqueta tridimensional decorada de zonas próximas á cidade ou paraxes naturais sinaladas de Galicia.
- Construción do esteiro dun río.
- Construción dun simulador de ondas e tsunamis.
- Construción de foguetes.
- Construción dun motor Stirling.
- Construción dunha maqueta de vivenda sostible (con instalacións de enerxía solar e eólica).
- Construción dunha central mixta solar e eólica, sobre a base dunha torre árabe de refrixeración.
- Construción de cúpulas xeodésicas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google