Hotel Hesperia: IV “Feira da Arte Galega”

Do venres 9 de decembro ao xoves 5 de xaneiro
De 11:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 21:30 horas
Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16)
Entrada libre até completar capacidade.

IV edición da "Feira de Arte Galega", coa participación de máis de 50 artistas con máis de 1500 obras orixinais. A inauguración terá lugar o venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, cunha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga. Posteriormente, terá lugar a actuación en directo do músico Pablo Bicho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Gratas e boas novas”, de Celso Fernández Sanmartín

Venres A. C. Alexandre Bóveda14
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Gratas e boas novas", de Celso Fernández Sanmartín. No acto, acompañando ao autor, participan Dores Tembrás e Eva Veiga, e os músicos Benxamín Otero (oboe) e Carlos Quintá (acordeón diatónico).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala de Exposicións do Palacio Municipal: recital poético en “Homenaxe á Torre de Hércules”

Martes Miradas dunha Torre12
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético en "Homenaxe á Torre de Hércules", no que participan Ánxeles Penas, Luz Pozo, Eva Veiga, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel, Olga Patiño, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Mato, Diana Varela e Dores Tembrás.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Cita a dous”, encontro de danza e poesía con Rut Balbís e Dores Tembrás

martes, 3 maio 2011, 11:52 | Category : danza, poesía
Tags : , , ,

Mércores Cita a dous4
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Cita a dous" é un encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, a partir dun pequeno manual de instrucións, que pretende buscar un verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso a parella convidada, na que unha das partes convidadas pertencerá sempre ao mundo da literatura, contará cun tempo previo á data sinalada para bucear na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, o feedback e a experiencia compartid. Por iso as posibilidades son infinitas e cada proposta é un mundo. Esta primeira cita contará cunha parella formada pola danza e a poesía: Rut Balbís e Dores Tembrás porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca, non só falar da obras finais que se mostran, senón da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. "Cita a dous" está coordinado por Antía Otero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Emisión especial do programa de radio “Recendo” desde a Real Academia Galega

Martes 5
Sede da Real Academia Galega e Casa Museo Pardo Bazán (Rúa Tabernas, 11, 1º andar)
De 19:00 a 21:00
Entrada libre do público interesado até completar capacidade.

"Recendo", o programa de radio da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 h. en Cuac FM (103.4), emitirase desde a Casa Museo Pardo Bazán e a Real Academia Galega, dentro das conmemoracións do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda. Este "Recendo" especial terá dúas horas de duración, de 19:00 a 21:00 h. e estará dividido en varios bloques:
* Historia e actualidade da Real Academia Galega coa participación do seu secretario D. Xosé Luís Axeitos.
* Charla sobre a situación da lingua galega con Francisco Xosé Rei García e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
* Charla sobre a participación da muller na literatura galega con Xulia Santiso e Dores Tembrás.
* Charla sobre Lois Pereiro con Miguel Mato e Miguel Anxo Fernán-Vello.

E ademais de todo isto, música galega baseada en letras compostas por académicos actuais da Real Academia Galega ou homenaxeados nas Letras Galegas, fragmentos do curso de galego "Isto é galego" realizado pola emisora CUAC FM, falarase sobre Alexandre Bóveda, a Rede estatal de Medios Comunitarios e a propia emisora CUAC FM, que cumpre no 2011 15 anos. Lembremos que para escoitar o programa existen as seguintes posibilidades:
- Neste caso, asistir en directo á emisión.
- Pola radio, en CUAC FM no 103.4 na comarca da Coruña.
- Por Internet, na páxina da emisora.
- E se non puideran escoitalo en directo, na páxina Recendo.posdcast están todos os programas xa emitidos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “Animal Abismo”, de Diana Varela Puñal

Venres 4
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro de poemas "Animal Abismo", de Diana Varela Puñal, publicado en Espiral Maior. O acto, presentado por Dores Tembrás e Miguel Anxo Fernán Vello, consistirá nun espectáculo poético-musical a cargo do clarinetista Xocas Meijide, de Xulio López Valcárcel, dos propios presentadores e da autora.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: conferencia “O porto da Coruña e a emigración de mulleres”, por Dores Tembrás, dentro de “En feminino”

Martes 22
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "O porto da Coruña e a emigración de mulleres. Intertítulos para tres historias", por Dores Tembrás, no que se xunta historia e narración para acceder á verdade, dentro de "En feminino", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez na Biblioteca de Estudos Locais

Xoves perfecto17
Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura, mostrando así o agradecemento a Perfecto Estévez, deseñador referencial do noso país, e que ten colaborado coa AELG en tempos difíciles. O acto, presentado por Dores Tembrás, contará coa presenza de: Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Marica Campo, Diana Varela e Cesáreo Sánchez. Haberá unha actuación musical de César Morán e Xosé Taboada. Lembramos que segue aberta, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, tamén en Durán Loriga, 10, "Exposición homenaxe a Perfecto Estévez".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho”, no Pazo Municipal

Xoves 2011-02-10 convite dixital Caruncho10
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Como complemento á exposición "Sete momentos", terá lugar esta "Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho", un recital onde participarán: Lino Braxe, Yolanda Castaño, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Xulio Valcárcel, Eva Veiga e Fidel Vidal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: ciclo “En feminino”, todos os martes de febreiro e o 1 de marzo ás 19:30 h.

Todos Forum para blogos martes do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta", desenvólvese o ciclo "En feminino", todas elas dirixidas a público de máis de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade:

- Martes 8. 19:30 h. "Moita poesía, pouca diversión", con Lucía Aldao e María Lado. Peza híbrida e pouco convencional na que mesturan poesía desenfada, música e performance, que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense da provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo.
- Martes 15. 19:30 h.: "Recital multimedia", con Yolanda Castaño. As novas tecnoloxías ao servizo da poesía desta recoñecida autora.
- Martes 22. 19:30 h.: "O porto da Coruña e a emigración de mulleres. Intertítulos para tres historias", por Dores Tembrás, no que se xunta historia e narración para acceder á verdade.
- Martes 1 de marzo. 19:30 h.: "Entre o universo e a tinta", por Estíbaliz Espinosa, coa rigorosa profundidade desta poeta na súa abordaxe da relación entre literatura e realidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético no “V Encontro de escritores/as novos/as ante vellas preguntas”

Como colofón do V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), a Deputación Provincial da Coruña e a Concellaría de Cultura da Coruña, o sábado 6 ás 19:00 h. terá lugar un recital poético onde intervirán Arsenio Iglesias Pazos, Dores Tembrás, Gonzalo Hermo, Susana Sánchez Arins e David Rodríguez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XXVII edición de Galeusca, do 29 ao 31 de outubro

Organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, os encontros Galeusca chegan á súa XXVII edición, congregando na cidade da Coruña, entre os días 29, 30 e 31 de outubro,  a escritores e escritoras da AELG, da Euskal Idazleen Elkartea e da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana.
As sesións da XXVII Congreso Galeusca celebraranse na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, s/n.), baixo o epígrafe Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro.
O XXVII Congreso Galeusca promoverá neste 2010 o debate ao redor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subministradoras de contidos para unha fértil industria cultural que a todos e todas sen excepción preocupa e interesa, pois na lingua e na literatura susténtase a identidade senlleira dun pobo, unha historia pensada e debuxada tamén polos seus escritores e escritoras, voces reveladoras dunha viaxe colectiva cara un país con futuro propio. Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o programa:

Venres, 29 de outubro:
Chegada das delegacións.

Sábado 30 de outubro
10:00-11:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual, coordinada por Raúl Veiga:
Héctor Carré
• Harkaitz Cano (elaboración do relatorio) | Ander Iturriotz (relator)
Manel Bonany
12:00-13:30 Mesa redonda: As viaxes na literatura, coordinada por Xulio L. Valcárcel:
Anxo Angueira
• Urtzi Urrutikoetxea
Ignasi Riera
17.00: Percorrido Rosaliano pola Coruña, por Diego Pardo Amado (con saída na Rúa do Príncipe,3 –Cidade Vella–).
18.30: Recepción na Casa do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1).

Domingo 31 de outubro
10:00-11:30 Asemblea da Federación Galeusca.
12:00-13:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes, coordinada por Tati Mancebo:
Marcos S. Calveiro
Nikolas Zimarro
Guillem-Jordi Graells
19:00-20:00 Recitado/Lectura de textos + Música:
Olalla Cociña e Dores Tembrás
• Nikolas Zimarro
Miquel Bezares
Xabier Díaz (música).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galeusca: recital poético-musical con Dores Tembrás, Olalla Cociña, Nikolas Zimarro e Miquel Bezares, coa música de Xabier Díaz

Domingo 31
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, 10)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Finalizando as actividades do Galeusca 2010, terá un lugar un recitado con lectura de textos poéticos por parte de autores nas tres linguas, as galegas Olalla Cociña e Dores Tembrás, o vasco Nikolas Zimarro e o catalán Miquel Bezares, nun diálogo entre estas culturas que confluirá coa potente aportación musical de Xabier Díaz, dando así un colofón de honra a este XXVII Congreso de Galeusca celebrado na cidade este ano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

II Encontros Milpedras: recital de poesía, música e pintura en directo

Venres2010-06-24 Milpedras 1 29
21:00
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No Taller de Litografía Milpedras desenvólvese a segunda edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e artes plásticas. Actuarán recitando poemas Begoña Paz, Dores Tembrás, Luís Mazás e Iolanda Aldrei, en paralelo á música de César Morán e a creación plástica de Nando Lestón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Blanco María medio tono”, de Manuel Suárez

luns, 13 setembro 2010, 10:36 | Category : pintura, poesía
Tags : , , ,

Do 2010 09 Moret Art9 de setembro ao 15 de outubro
Moret Art (rúa Olmos, 12-14, 1º B)
De luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h.
Sábados: de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00
Entrada libre.

"Blanco María medio tono" é un branco tanxíbel, que non require de fonte emisora de luz, porque el irradia toda a enerxía que Manuel Suárez (1972) tivo que depositar, asomándose valente ao abismo da abstracción para espir con sinceridade a súa alma. Un branco que grazas á alquimia que Dores Tembrás fai coa palabra se converteu en poesía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google