World Slam Title: regueifa poética entre Antía Otero e Dores Tembrás

venres, 30 xullo 2010, 9:10 | Category : poesía
Tags : , ,

Domingo 1
13:00
Café Bar O'Delito (rúa Tabares, 1)
Entrada libre até completar capacidade.

Como cada primeiro domingo de mes, dúas poetas loitarán usando as súas palabras, alternadamente, para conseguir o "World Slam Title". O 1 de agosto serán Antía Otero e Dores Tembrás serán as encargadas de manteren esta regueifa poética.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Dores Tembrás promoverá a tertulia nos “Cafés literarios”

mércores, 19 maio 2010, 13:09 | Category : coloquios, poesía
Tags :

Xoves 20
20:00
Cafetería 8 Luces (Orzán 96)
Entrada: libre até completar capacidade

A actividade "Cafés literarios", consistentes en tertulias arredor dun café con escritoras e escritores da cidade, contará nesta ocasión coa dinamización de Dores Tembrás ao redor do seguinte tema: "Atendendo aos límites entre a vida e a obra dun escritor para a súa lectura".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Artístico Paralelo 43º 21’ 45” (ARTES LITERARIAS)

ParaleloSábado 15

Mercado das Conchiñas:
11:30.- “O MERCADO DA POESÍA” (recital poético): Celso Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás, Enma Pedreira, Eva Veiga, Francisco F. Naval, Françoise Davós, Luís Maças, Xosé Luís Otero Cebral, María Lado, Maruxa Martínez Baleirón, Natalia Margalejo, Pedro Casteleiro, Ramiro Torres, Xavier Seoane, Xoán Abeleira, Eduardo Estévez. Acompañados da música de César Morán e Dúbi Baamonde.

Rúa Barcelona (entre o 113 e o 117):
20.00.- “SLAM PROPÓLIS”: Aurora Abelaidas Vilariño, Ramón Chrarliú Osores, papis Diao e Nico. Acompaña Danza Duende de Cristina Morán.

Patrocina: Concellaría de Igualdade e Participación. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coloquio coa escritora Dores Tembrás

xoves, 13 maio 2010, 0:01 | Category : coloquios, poesía
Tags :

Sábado 15
19:30
Centro Cívico de Monelos (Avda. de Monelos 2)
Entrada: libre até completar capacidade

Este coloquio con Dores Tembrás, con motivo do Día das Letras, está organizada pola Asociación Cultural Tanxedoira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centos de persoas ateigaron o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe a Manuel María

A Concellaría de Cultura da Coruña e a Fundación Manuel María encheron o pasado martes o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe ao poeta da Terra Cha, Versos para sempre cantar. O xornal El Correo Gallego fíxose eco do rotundo éxito da convocatoria, da que lles ofrecemos un pequeno resumo neste vídeo:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Manuel María

manuelmaria

Mañá martes 8 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, VERSOS PARA SEMPRE CANTAR: HOMENAXE A MANUEL MARÍA, cun recitado de poemas a cargo de Santiago Fernández e Dores Tembrás e a estrea da obra AVENTURAS DE DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA, unha peza dramática de Manuel María, musicada por Nani García e interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o cuarteto de clarinetes “Xerión”. Organiza a Concellaría de Cultura e Fundación Manuel María de Estudos Galegos. A función comeza ás 20:30 e a entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google