Festas de outono na Cidade Vella

Sábado 5
Praza da Fariña
Entrada libre até completar capacidade.

Celebración popular das Festas de outono na Cidade Vella, organizada pola Asociación de Veciños Cidade Vella-María Pita, coas seguintes actividades:
- 17:00 h. Comezo do Obradoiro de decoración das cabazas.
- 18:30 h. Representación teatral de "Tristán", a cargo do grupo O elefante elegante.
- 19:00 h. Magosto tradicional.
- 20:00 h. Roteiro das cabazas iluminadas polas rúas da Cidade Vella.
- 21:00 h. Elaboración e degustación dunha queimada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2011: actuacións do luns 15 de agosto

Praza de María Pita
12:00
Entrada libre.
Concerto de Amizades.

Xardíns de Méndez Núñez
18:30
Entrada libre.
Teatro xestual: "Tristán cara de can", de Elefante Elegante.
21:00
Entrada libre.
Concerto de La Vieja Trova de Camagüey.

A Gaiteira:
21:30
Entrada libre.
Actuación da Tuna de Veteranos.

Praza de María Pita
22:00
Entrada libre.
Concerto de Luz Casal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forum Metropolitano: “In”, por Elefante Elegante

venres, 4 marzo 2011, 11:42 | Category : audiovisual, danza, teatro
Tags : , , , ,

Sábado 5 ás 21:00 h.
Domingo 6 ás 19:00 h.

Fórum Metropolitano
Entradas: 9 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, 7 euros).

Representación, no Ciclo Fóra de Seire, de "In", pola Compañía Elefante Elegante. Con Ángela Branco, Alfredo Muíño, Gonçalo Guerreiro, María Torres e Nuria Sotelo, baixo a dirección de María Torres. Espectáculo que mistura o teatro, a danza e a videocreación. A acción desenvólvese ao redor da celebración dunha voda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A compañía Efelante Elegante presenta O Forno no Forum Metropolitano

venres, 19 febreiro 2010, 11:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

A compañía Efelante Elegante presenta O Forno no Forum Metropolitano
OForno2Mañá sábado 20 ás 20.30 h e o domingo 21 ás 19 h o auditorio do Fórum Metropolitano acolle a obra de teatro O Forno da compañía galego-portuguesa Elefante Elegante.

O Forno é un espectáculo musical de Commedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporanea destinado a todos os públicos a partir de oito anos. A función convida a reflexionar sobre a forma en que estamos vivindo en sociedade e a maneira en que estamos empregando os recursos naturais e o destino que lles reservamos neste inicio do século XXI. A temática é abordada a través do riso, do xesto e da música en directo, nun espectáculo inspirado na inxenuidade da Commedia dell’Arte e no burlesco brechtiano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro para nenos no Fórum Metropolitano

venres, 15 maio 2009, 10:00 | Category : infantil, teatro
Tags : , ,

tristancaradecan

Este domingo día 17 de maio ás 17.30 h. a compañía Elefante Elegante traerá ao Forum un espectáculo visual dirixido ao público máis pequeño, Tristán cara de can, unha comedia xestual ao estilo dos debuxos animados.

”Tristán cara de can” pasa os días ladrando, sen que a máis pequena sorriso debúxese nos seus beizos. Pero un día dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que o vai intentar todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

As funcións terán lugar este domingo e o seguinte (17 e 24 de maio) ás 17:30, e as entradas teñen un prezo de 3 € (o abono familiar para tres persoas custa 6 €). a obra está recomendada para nenos a partir de tres anos.

Elefante Elegante é unha compañía que naceu na Coruña en 2007. Desenvolve unha linguaxe teatral que pretende ir máis alá das palabras, baseándose no xesto, no movemento e na elocuencia das imaxes, a medio camiño entre o teatro físico e a danza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google