Sala O Túnel (Coliseum): concerto de Entombed, Raze, Körgull e Holocausto Canibal

venres, 8 abril 2011, 11:26 | Category : concertos, música
Tags : , , , , ,

Sábado 2011-04-09 Túnel9
Sala O Túnel (Coliseum)
22:00
Entradas: 21 euros (venda anticipada: 18 euros).

Entombed sempre son unha cita ineludible, non só para os seus fans, senón para calquer afecionado á boa música. A segunda aparición dos "mestres" suecos do death metal na cidade dará lugar a unha noite intensa e cargada de música atronadora. Abrirán a noite os thrashers galegos Raze, seguidos de Körgull The Exterminator, unha das bandas emerxentes do panorama do metal español. E para completar o cartel, nada menos que os portugueses Holocausto Canibal, un dos máximos exponentes do gore death a nivel internacional.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto da banda sueca Entombed

martes, 16 marzo 2010, 19:30 | Category : concertos, música
Tags :

Os suecos Entombed, unha das bandas máis influintes no rock duro das últimas dúas décadas, actuarán este xoves 18 de marzo na discoteca Ola Green da Coruña. Despóis de once discos, tres nominacións aos Grammy, xiras con Iron Maiden e colaborar con grandes compañías coma Sony, Marvel ou mesmo o Ballet Nacional Sueco, os inventores do Death 'n' Roll (mezcla de Death Metal e Rock 'n' Roll) visitarán a nosa cidade para demostrar o seu magnífico momento de forma. No concerto estarán acompañados polos madrileños Avulsed e os coruñeses Hongo. O espectáculo dará comezo ás 23:45 e o aforo é limitado. O prezo das entradas é de 18 € en venda anticipada (21 € en taquillas). Para máis información, pódese descargar o dossier de prensa neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google