Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Entroido”

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. En Entroido converterémonos en ratiños e ratiñas coma a nosa familia Ratapón. No noso obradoiro realizaremos esas "orellas" tan características que teñen os ratos e tamén nos pintaremos o nariz e os bigotes para escoitar un contacontos onde os protagonistas serán os ratos, despois teremos un agasallo ben rico de cor rosa. Como sempre, estas actividades realízanse grazas á Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 5 de marzo ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 26 de febreiro.
Luns 7 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 5.
Mércores 9 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 5.
Xoves 10 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 5.
Venres 11 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 5.
Sábado 12 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 5.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Entroido con Amigos dos Museos de Galicia

luns, 8 febreiro 2010, 17:00 | Category : Entroido
Tags : ,

Actividades do 8 ao 14 de febreiro:

LUNS 8: Ás 20 horas en Portas Artabras (Sinagoga 22). Nova proxección de diapositivas comentadas, sobre VIAXE POR CASTELA.PAISAXE, PAISANAXE, ARTE, HISTORIA... guiada polo Dr. Xosé Luis García Suarez

VENRES 12: Ás 20 horas en "Portas Ártabras" (Sinagoga 22), Felipe Castro, estudoso e animador do solprendente ENTROIDO DE SALCEDO, POBRA DO BROLLÓN, lUGO, falará sobre A TRADICIÓN E SIMBOLO DO OSO NAS FESTAS DE ENTROIDO.

DOMINGO 14: Xeira cultural polo máis representativo ENTROIDO OURENSÁN: VIANA DO BOLO, MONTERREI E LAZA, XINZO DE LIMIA. Xantar enxebre presidido pola cachucha e a androia e coñecendo as tradicionais máscaras a ritos dos Boteiros, Peliqueiros, Cigarróns, Pantallas... Actividada guiada polo arqueólogo Felipe-Senén. Saída ás 9 da mañán, retorno sobre as 24 horas. Para apuntarse ou información en Portas Ártabras (Sinagoga 22) , teléfono 981210101 ou 630930298

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Entroido 2009: Apropósito no Rosalía

luns, 23 febreiro 2009, 17:00 | Category : teatro
Tags : , , ,

Hoxe luns 23 e mañá martes 24 a Compañía de Apropósitos “Nito” representará no Teatro Rosalía de Castro a función Antroido for president (mitin hoxe no Rosalía), escrito e dirixido por Antón de Santiago. A función do luns é ás 20:30 e a do martes ás 19:00. As entradas custan 6 e 10 € (os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un desconto dun 20%)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: hoxe, gran Foliada para celebrar o Entroido

luns, 23 febreiro 2009, 11:26 | Category : música
Tags : , ,

O ciclo Forumfolk celebra o entroido cunha gran foliada hoxe luns 23 de febreiro no Forum Metropolitano a partir das 21 horas. Tanto o auditorio do Fórum coma o hall de entrada convertiranse nuha gran festa onde poder bailar da man de grupos coma Xasteirazo, Arestora, Alén do Mar, Cántigas da Terra, Asociación Cultural Donaire, Maghúa, Asociación de Coros e Danzas Eidos, Queiroa ou a Asociación folclórica "Os Gaiteiriños". O acceso será gratuito ata completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google