Espazo Solidario: video-fórum organizado por ACSUR Las Segovias

XovesTi es Espazo Solidario 2
Espazo Solidario (Paseo das Pontes, s/n.)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Sesión de videofórum dinamizada pola ONGD ACSUR Las Segovias. Esta actividade está encadrada dentro do seu proxecto "Unha economía para o desenvolvemento". A través do visionado de dúas curtametraxes  ("Minar" e "Sempre foron cinco") promoverase a reflexión sobre formas de relacións económicas máis positivas co entorno e as personas como son o Comercio Xusto, a Banca e o Aforro Ético e o Consumo Responsable. Máis información neste documento en .pdf: Video-forum 2011-06-02 Espazo Solidario. Organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Espazo Solidario difunde as actividades do tecido voluntario coruñés

xoves, 25 febreiro 2010, 1:00 | Category : dereitos humanos, encontros e xornadas
Tags :

espazosolidarioA Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, xunto con medio centenar de entidades non lucrativas, organiza este sábado 27 de febreiro un encontro no Palexco, aberto ao público de 10:00 a 14:30 h e de 16:00 a 21:00 h, coa idea de dar a coñecer o tecido solidario da cidade. Durante a xornada, as persoas asistentes terán a posibilidade de gozaren dun percorrido solidario por máis de medio centenar de stands, para coñeceren de primeira man a que se dedican as distintas entidades de acción voluntaria que traballan no municipio coruñés; as súas inquedanzas e expectativas, os valores que promoven e, por suposto, todas aquelas actividades en que as persoas interesadas poden participar como voluntarias contribuíndo coas súas achegas á consolidación dunha verdadeira rede de solidariedade cidadá. Terán oportunidade de interactuar cos/as técnicos/as das entidades e cos seus voluntarios e voluntarias nas distintas actividades que configurarán a programación da xornada; actividades planificadas e densenvolvidas, na súa meirande parte, polas propias entidades. Tedes información moi precisa sobre a xornada no sitio web Solidariedade2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google