Normal: “Cita a dous”, encontro de música e poesía con Manu Clavijo e Estíbaliz Espinosa

martes, 28 xuño 2011, 10:32 | Category : coloquios, música, poesía
Tags : , , , ,

Mércores Cita a dous29
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Cita a dous" é un encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, a partir dun pequeno manual de instrucións, na busca dun verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso, a parella convidada (en que unha das partes pertencerá sempre ao mundo da literatura) contará cun tempo previo á data sinalada para se mergullar na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que, unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, a retroalimentación e a experiencia compartida. Nesta segunda cita contaremos cunha parella formada por música (Manu Clavijo) e poesía (Estíbaliz Espinosa), que porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca falar, non só das obras finais que se mostran, senón tamén da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. Coordina Antía Otero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

VIII Encontros Milpedras: recital simultáneo de poesía, música e artes plásticas

Venres VIII Encontro Milpedras24
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

A VIII edición dos "Encontros en Milpedras" contará coa participación poética de Celso Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa e Branca Novoneyra, en paralelo á intervención musical de Karlos Barral e Alberto Laso, e a intervención dos artistas plásticos Carlos Botana e Nando Lestón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Repichoca: recital poético con Estíbaliz Espinosa, Andrea Nunes, María Rosendo e Calros Solla

Xoves 16
A Repichoca (Rúa Orillamar, 13)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético organizado por Tinta de Lura, que contará coa participación de Estíbaliz Espinosa, Andrea Nunes Brións, María Rosendo e Calros Solla.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Entre o universo e a tinta”, por Estíbaliz Espinosa, en “En feminino”

Xoves 1275494902413espinosa_estibalizespinosa28
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "Entre o universo e a tinta", por Estíbaliz Espinosa, recital e coloquio literario con proxeccións en vídeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Ser auga, darse en auga” de Bernardino Graña

Venres 18
Centro Social Novacaixagalicia (Avenida da Mariña, esquina Rúa Fama)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Ser auga, darse en auga", de Bernardino Graña, publicado na Colección "Arte de Trobar" do Centro PEN Galicia. No acto intervirán Miro Villar, Xavier Seoane, Estíbaliz Espinosa e o autor. Os asistentes recibirán un exemplar do libro, agasallo de Novacaixagalicia e o Centro PEN Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: ciclo “En feminino”, todos os martes de febreiro e o 1 de marzo ás 19:30 h.

Todos Forum para blogos martes do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta", desenvólvese o ciclo "En feminino", todas elas dirixidas a público de máis de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade:

- Martes 8. 19:30 h. "Moita poesía, pouca diversión", con Lucía Aldao e María Lado. Peza híbrida e pouco convencional na que mesturan poesía desenfada, música e performance, que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense da provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo.
- Martes 15. 19:30 h.: "Recital multimedia", con Yolanda Castaño. As novas tecnoloxías ao servizo da poesía desta recoñecida autora.
- Martes 22. 19:30 h.: "O porto da Coruña e a emigración de mulleres. Intertítulos para tres historias", por Dores Tembrás, no que se xunta historia e narración para acceder á verdade.
- Martes 1 de marzo. 19:30 h.: "Entre o universo e a tinta", por Estíbaliz Espinosa, coa rigorosa profundidade desta poeta na súa abordaxe da relación entre literatura e realidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital e presentación da antoloxía de poesía erótica “Erato bajo la piel del deseo”

Xoves 9
Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones. No acto participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus, Lucía Novas, Emma Pedreira, Branca Vilela, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Montserrat Doucet.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Encontro poético” no Kiosko Alfonso

Sábado 24;
De 18:00 a 21:00;
Kiosko Alfonso.

Dentro do programa de actividades da Feira da poesía terá lugar un "Encontro poético" no Kiosko Alfonso. Trátase de propiciar o encontro dos lectores cos poetas para que podan conversar e se o desexan mercar poemas ou mesmo confeccionar a súa persoal antoloxía no momento. A un prezo dun euro cada un, o público poderá mercar poemas autografiados polos poetas e ilustrados polos artistas presentes e facer a súa propia antoloxía. Haberá ademais recitais poéticos e música en directo.
Contaremos coa presenza de Francisco Xosé Fernández Naval, Estíbaliz Espinosa, Lois Diéguez, Paloma Calvo, Eduardo Estévez, Antía Otero, Xavier Seoane, Eva Veiga, Alberte Suras, Ánxeles Penas, Olga Patiño, Chelo Suárez, Begoña Paz, Xosé Abeal, Eli Ríos, Diana Varela Puñal... Ademais, participarán os seguintes ilustradores pertencentes a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI): Idoia de Luxán, Manel Cráneo, Yago García Rodríguez, Carlos Arrojo Naya, Almudena Aparicio Andión, Víctor Boullón Gómez, Diego Ogando Vidal, David Rubín, Saray García Rúa e Iván Rodríguez Castro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"POESÍA + CIENCIA" na II Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google