Hotel Hesperia: IV “Feira da Arte Galega”
Do venres 9 de decembro ao xoves 5 de xaneiro
De 11:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 21:30 horas
Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16)
Entrada libre até completar capacidade.
IV edición da "Feira de Arte Galega", coa participación de máis de 50 artistas con máis de 1500 obras orixinais. A inauguración terá lugar o venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, cunha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga. Posteriormente, terá lugar a actuación en directo do músico Pablo Bicho.
IX edición dos “Encontros Milpedras”, recital conxunto de poesía, música e fotografía
Venres
28
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.
A IX edición dos "Encontros Milpedras" contará coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.
A. C. Alexandre Bóveda: presentación de “Gratas e boas novas”, de Celso Fernández Sanmartín
Venres
14
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Gratas e boas novas", de Celso Fernández Sanmartín. No acto, acompañando ao autor, participan Dores Tembrás e Eva Veiga, e os músicos Benxamín Otero (oboe) e Carlos Quintá (acordeón diatónico).
40 Feira do Libro: actividades do martes 9 de agosto
Estas son as actividades previstas para o martes 9 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:
- 12:00 h. Feira infantil. "Mariscando cuentos". Xornada de contos para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera, arredor do libro "La vuelta al mundo de Gota de Agua", de Rafael Ortega de la Cruz, publicado por S.L. Nívola Libros y Ediciones.
- 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) "Golpear de sombras", publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
- 19:30 h. O profesor de filosofía e historiador, Luis Gorrochategui Santos, asinará exemplares do seu libro "Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra", publicada pola editorial E-Lector.
- 20:00 h. Presentación de "Lume de cobiza", de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
- 20:30 h. Sinatura de exemplares do poemario "La hora de los relojes", de Fran Nuño, poblicado no selo da Faktoría K.
- 21:00 h. "A aventura de publicar romántica". Mesa redonda de escritoras coruñesas, autoras de novelas románticas. Participarán no acto Patricia Sutherland ("Princesa", autoedición), Teresa Cameselle ("No todo fue mentira". Ed. El Maquinista), Kelly Dreams ("Amante & felino", autoedición), Encarnación Alcalde Brotóns ("Lo que el corazón esconde", Ed. Círculo Rojo), Ángeles Ibirika ("Antes y después de odiarte", Ediciones B) e Lydia Leyte Costello ("El fuego envuelve tu nombre", Editorial La Máquina China). Modera o acto Trinidad Palacios Raposo (do programa radiofónico "El diván cultural") Ao remate do acto, as escritoras asinarán exemplares dos seus libros.
Sala de Exposicións do Palacio Municipal: recital poético en “Homenaxe á Torre de Hércules”
Martes
12
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
Recital poético en "Homenaxe á Torre de Hércules", no que participan Ánxeles Penas, Luz Pozo, Eva Veiga, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel, Olga Patiño, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Mato, Diana Varela e Dores Tembrás.
Festa do Libro, actividades do sábado 14 e domingo 15 de maio
Prosegue
esta nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o fin de semana: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:
* Sábado 14. "Baixo as estrelas. Celebración do Día Internacional dos Museos":
- 18:00 h.- Obradoiro didáctico Encaixas. Para nenos e nenas de 1 a 10 anos.
- 18:00 h.- Brancas: Itinerario Escénico Urbano.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo no Kiosko Alfonso.
- 19:00 h.- Concerto do Grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.
- 20:00 h.- Actuación do Centro Coreográfico Galego: "Fragmentos" (30 minutos).
- 22:00 h.- Proxección do filme "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero", de Ramón Sáiz de la Hoya. En colaboración co CGAI.
* Domingo 15:
- 12:00 h.- Obradoiro "Creación dunha personaxe: Golfiño", realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
- 12:30 h.- Presentación de "Agullas de ironía", documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. No Kiosco Alfonso.
- 13:30 h.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:00 h.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero "Rapazas, las pin-up de Pinturero" (Editorial Dibbuks). No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Sinaturas do libro "A Frecha Azul do Teixo" por parte de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:30 h.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario "Animalabismo", publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00 h.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil "A historia xamais contada", "La mancha negra" e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00 h.- Presentación da revista "Fiz" (Retranca Editora), por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- Presentación do libro de Miguel Mato "Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)", publicado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, con Alberte Ansede, Roberto Catoira e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
Concerto-presentación de “A fronda dos cervos”, o novo disco de Doa, no Museo de Belas Artes
Venres
6
Museo de Belas Artes
18:30
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación ao vivo do novo disco de Doa: "A fronda dos cervos". O acto deste grupo formado por Susana de Lorenzo (voz), Xaquín Blanco (gaitas, frauta, xafón, cromorno), Bernardo Martínez (percusión), Xoán Piñón (guitarra eléctrica e acústica, laúde) e Óscar Fernández (zanfona), será prologado por Eva Veiga e María Ángeles Penas Truque.
Galería Sargadelos: recital de poesía e música, con Roberto Reséndiz Carmona
Xoves
10
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:15
Entrada libre até completar capacidade.
Recital de presentación do poeta de Zamora de Michoacan (México) Roberto Reséndiz Carmona. No acto participan Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Olga Patiño e o propio autor mexicano, coa compaña dos músicos César Morán e Xosé Taboada.
“Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho”, no Pazo Municipal
Xoves
10
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Como complemento á exposición "Sete momentos", terá lugar esta "Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho", un recital onde participarán: Lino Braxe, Yolanda Castaño, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Xulio Valcárcel, Eva Veiga e Fidel Vidal.
Portas Ártabras: presentación do libro “A frecha azul do teixo”, de Eva Veiga
Venres
11
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro de poemas "A frecha azul do teixo", de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Teresa Seara, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Anxo Fernán-Vello, e finalizará cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
Teatro Rosalía: “Elas falan”, espectáculo poético-musical do grupo Ouriol
Venres
26
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
O grupo Ouriol, formado por Eva Veiga (interpretación e elección dos poemas), Fito Ares (frauta traveseira) e Bernardo Martínez (clarinete e percusións), presentan este espectáculo poético-musical, no que "Elas" fan valer a voz de todas as mulleres. A través dos seus poemas –estarrecedores, lúcidos, valentes, fermosísimos– revélannos algo que, máis aló das circunstancias históricas e biográficas nas que se producen, atinxen aos homes e ás mulleres de toda época e condición. Elas son Anna Ajmátova, Marina Tsveitáieva, Sylvia Plath, Alejandra Pizarnik, Nazik Al Malaika, Luísa Villalta, Clarice Lispector, Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza e Wislava Szymborska. Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.
“África”, un recital poético con Eva Veiga e o grupo Ouriol
Festival Artístico Paralelo 43º 21’ 45” (ARTES LITERARIAS)
Mercado das Conchiñas:
11:30.- “O MERCADO DA POESÍA” (recital poético): Celso Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás, Enma Pedreira, Eva Veiga, Francisco F. Naval, Françoise Davós, Luís Maças, Xosé Luís Otero Cebral, María Lado, Maruxa Martínez Baleirón, Natalia Margalejo, Pedro Casteleiro, Ramiro Torres, Xavier Seoane, Xoán Abeleira, Eduardo Estévez. Acompañados da música de César Morán e Dúbi Baamonde.
Rúa Barcelona (entre o 113 e o 117):
20.00.- “SLAM PROPÓLIS”: Aurora Abelaidas Vilariño, Ramón Chrarliú Osores, papis Diao e Nico. Acompaña Danza Duende de Cristina Morán.
Patrocina: Concellaría de Igualdade e Participación. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.
“Encontro poético” no Kiosko Alfonso
Sábado 24;
De 18:00 a 21:00;
Kiosko Alfonso.
Dentro do programa de actividades da Feira da poesía terá lugar un "Encontro poético" no Kiosko Alfonso. Trátase de propiciar o encontro dos lectores cos poetas para que podan conversar e se o desexan mercar poemas ou mesmo confeccionar a súa persoal antoloxía no momento. A un prezo dun euro cada un, o público poderá mercar poemas autografiados polos poetas e ilustrados polos artistas presentes e facer a súa propia antoloxía. Haberá ademais recitais poéticos e música en directo.
Contaremos coa presenza de Francisco Xosé Fernández Naval, Estíbaliz Espinosa, Lois Diéguez, Paloma Calvo, Eduardo Estévez, Antía Otero, Xavier Seoane, Eva Veiga, Alberte Suras, Ánxeles Penas, Olga Patiño, Chelo Suárez, Begoña Paz, Xosé Abeal, Eli Ríos, Diana Varela Puñal... Ademais, participarán os seguintes ilustradores pertencentes a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI): Idoia de Luxán, Manel Cráneo, Yago García Rodríguez, Carlos Arrojo Naya, Almudena Aparicio Andión, Víctor Boullón Gómez, Diego Ogando Vidal, David Rubín, Saray García Rúa e Iván Rodríguez Castro.


Mércores 9














