CGAI: “El malvado Carabel”, de Fernando Fernán-Gómez
Venres
5
21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.
No ciclo "Wenceslao Fernández Flórez", proxección de "El malvado Carabel" (España, 1955, 91 minutos, V. O. en castelán). Dirección: Fernando Fernán-Gómez. Guión: Fernando Fernán-Gómez e Manuel Suárez Caso, sobre a narración homónima de Wenceslao Fernández Flórez. Produción: Unión Films. Fotografía: Ricardo Torres. Intérpretes: Fernando Fernán-Gómez, María Luz Galicia. Amaro Carabel é un humilde oficinista da potente inmobiliaria Giner e Bofarull, mais o salario escaso impídelle casar coa súa prometida, Silvia. A desgraza parece abaterse sobre Amaro cando o despiden da empresa e o abandona Silvia, polo que decide converterse nun home malo. Lánzase con verdadeiro entusiasmo polo camiño da delincuencia, pero só logra roubarse a si mesmo e incluso perder algo dos escasos cartos que lle quedan. Finalmente o seu obxectivo vai ser a caixa forte de Giner e Bofarull. Presentación a cargo de José Luis Castro de Paz.














