Festas María Pita 2010: estreo da película “Os Crebinsky” e concerto da Banda Crebinsky
Xoves
12
Praza Pablo Iglesias
22:00
Entrada libre.
Dentro das actividades das Festas María Pita 2010, este xoves 12 de agosto estréase a longametraxe galega película "Os Crebinsky", dirixida por Enrique Otero, e protagonizada por Luís Tosar, Miguel de Lira e Sergio Zearreta (pódese ver aquí o trailer do filme). Posteriormente asistiremos ao concerto da Banda Crebinsky (composta por oito músicos, comandados polo bielorruso Vadim Yukhnevich, na voz e acordeón, e Pablo Pérez, compositor, arranxista e contrabaixo, Fernando Abreu, clarinete, Carlos Castro vibráfono e percusión, Xacobe Lamas, violín, Miguel Queixas, batería, Pablo Rega, guitarra e Enrique Otero, director da película, ós teclados), cun estilo que sorprende desde o primeiro momento, cunha singular posta en escena con uniformes de banda de música soviética de época, e unha iluminación e escenografía moi coidadas, mesturando paisaxes cinematográficas influenciados pola música tradicional dos países do leste (No Smoking Orchestra ou Leningrad Cowboys): acordeóns, violino, ritmos rápidos e moita festa.
12













