Festival de títeres María José Jove: actividades do venres 30 de decembro
Venres
30
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).
- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Pulgarcita", por Ana I. Roncero. Para público maior de 3 anos. A actriz-narradora Ana Isabel Roncero presenta o clásico conto de Hans Christian Andersen, "Pulgarcita", que conta a historia dunha nena, tan desexada pola súa nai, que ao nacer por maxia resultou ser diferente: pequena.
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "Pío", por Caramuxo Teatro. Para público maior de 4 anos. Pío é un pequeno paxaro que está só, sen ningún referente que seguir. Na súa viaxe, coñecerá un montón de animais e descubrirá que non é un peixe, nin un coello, nin unha toupa. Espectáculo no que se mestura teatro de actor e teatro de monicreques.
Remata a edición deste ano do Festival de Títeres María José Jove. O programa completo pódese descargar aquí.
30
















