Festival Noroeste Pop rock 2010: Los Planetas, Cornelius 1960 e Igloo

mércores, 4 agosto 2010, 9:16 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Xoves 5
Praia de Riazor
22:00
Entrada libre.

Segunda xornada do Festival Noroeste Pop rock 2010, onde actuarán Los Planetas, Cornelius 1960 e Igloo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Noroeste Pop Rock: Loquillo, Carlos Childe Troupe e Exit

martes, 3 agosto 2010, 10:03 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Mércores 4
Praia de Riazor
22:00
Entrada libre.

Primeira xornada do Festival Noroeste Pop Rock 2010, con Loquillo, Carlos Childe Troupe e Exit.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os grupos Igloo e Exit gañan a votación online do concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010

martes, 27 xullo 2010, 8:37 | Category : música
Tags : , ,

Os grupos Igloo e Exit foron os gañadores da votación en liña do concurso do Festival Noroeste Pop Rock. Dita votación determinaba os segundos premios e con iso daban o pase ao festival para ambos os dous grupos. A votación popular tivo lugar do martes 20 de xullo a partir das 17 horas até o domingo 25 de xullo ás 17 horas. En total votaron 3.255 persoas a través da web do Festival.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xa se coñecen os dous grupos gañadores do concurso para o Festival Noroeste Pop Rock 2010

martes, 20 xullo 2010, 9:14 | Category : comunicados, música
Tags :

O xurado do concurso do Festival Noroeste Pop Rock deu a coñecer os dous grupos gañadores do concurso que, alén de recibir un premio en metálico, tocarán no vindeiro Festival Noroeste Pop Rock: son Cornelius 1960 e Carlos Childe Troupe. Ademais determinaron os oito grupos (Carrero Bianco, Dr. Gringo, Exit, Green Fandango, Igloo, Nadadora, Niño y pistola e Rockers go to hell) que se submeterán a votación popular desde a web do festival. A partir das 17:00 horas de hoxe, 20 de xullo, e até a mesma hora do domingo 25, a xente poderá votar online polo seu grupo favorito de entre estes, dos que os dous primeiros tamén farán parte do Festival os días 4 e 5 de agosto na praia de Riazor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

99 grupos inscritos para participar no concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010

luns, 19 xullo 2010, 9:28 | Category : comunicados, concertos, música
Tags :

Finalizou o 15 de xullo o prazo de solicitude de inscrición ao concurso do que sairán os grupos que farán parte do Festival Noroeste Pop Rock 2010 xunto aos grupos cabeza de cartel. Foron inscritos por cumprir con todos os requisitos sinalados nas bases do concurso un total de 99 grupos (poden consultarse aquí). O xurado reunirase o luns 19 de xullo para definir que dez grupos competirán por estar no Festival (estarán disponíbeis na web a partir do martes 20 de xullo pola mañá). Os dous grupos máis votados polo xurado pasarán directamente a integrar o cartaz do festival e recibirán o premio estipulado nas bases do concurso. Os oito restantes someteranse a votación popular a partir das 17 horas do martes 20 de xullo a través da web, até o domingo 25 de xullo ás 17 horas, formando tamén parte do Festival os 4 e 5 de agosto na praia de Riazor os dous grupos máis votados online polo público.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Solicitudes de grupos para concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010

luns, 12 xullo 2010, 9:32 | Category : concertos, música
Tags :

O concurso para participar no Festival Noroeste Pop Rock 2010 continúa recibindo solicitudes de grupos de toda Galicia. A día de hoxe 26 grupos solicitaron participar no concurso para facer parte do festival os días 4 e 5 de agosto na praia de Riazor. De todas as solicitudes foron inscritos formalmente 17 grupos. O resto está pendente de entregar a documentación necesaria para poderen participar. O listado dos grupos inscritos, así como as bases do concurso pódense consultar na web oficial do festival. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro xoves 15 de xullo ás 24 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google