Festival On 2010: proxeccións do venres 24 de setembro

Venres2010 09 Festival On 24
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.

Remata este venres o Festival On 2010 coas seguintes proxeccións:
- O soldadiño de chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde, animación (Galicia, 12 minutos, 2009). O soldadiño namórase da bailarina dunha caixa de música e intenta por todos os medios chegar a ela, aínda faltándolle unha perna!
- Empatía, de Carlos Seijo, ficción (Galicia, 9 minutos, 2010). George Amherst conduce o seu Cadillac Deville por un deserto inhóspito. Escapa dunha pantasma que non logra deixar atrás. Cada milla percorrida completa unha alegoría espectral sobre o proceso de poñerse na pel do outro.
- Steps, de Barney Cheng, ficción (Estados Unidos, 3 minutos, 2009). Unha rapaza, abandonada sendo cativa, reflexiona sobre os pasos que toma a xente cada día e as cousas que poderían terlle pasado se un estraño nunca dera un paso na súa dirección.
- Todo es maybe, de Asier Urbieta, documental (España, 19 minutos, 2010). Braulio Thorne é un músico panameño que reside en Nova York. Todo es maybe é unha actitude ante a vida, maioritariamente incerta.
- Por la mañana, e A señora María, de Toño Chouza, ficción (Galicia, 13 e 3 minutos, respectivamente, 2009). Un actor vive coa súa moza e o tren que o vai levar de xira está a piques de saír. Entretanto, a moza fuchica na maleta e atopa algo que non debería ter visto.
A señora María fai un descanso da súa rotina diaria para contarnos pequenas cousas da vida…
- Lost, de Alberto Dorado, ficción (España, 3 minutos, 2009). Lost é unha curtametraxe rodada nun único plano, que retrata un instante na vida dun neno somalí de oito anos, evocándonos a súa vida interior e dándonos pistas para adiviñar a que lle espera…
- Voltereta, de Alexis Morante, ficción (España, 13 minutos, 2010). Lolo é un neno andaluz de dez anos que ten que mudarse a Nova York coa familia. É 1985 e Lolo só coñece América polo cine do seu barrio, e cando baixa coa avoa á piscina algo inesperado provoca que Lolo teña que enfrontarse a todos os seus medos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival On 2010: proxeccións do venres 17 de setembro

Venres2010 09 Festival On 17
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.

Prosegue o Festival On 2010 coas seguintes proxeccións:
- A nena que tiña unha soa orella, de Rubén Coca, animación (Galicia, 12 minutos, 2009). Todos os nenos teñen dous ollos, nariz, unha boca, dúas orellas e dous dedos. Ou non? Pois non. Alegra vai descubrir que hai nenos de todo tipo. Unha historia que invita a todos a aceptar de maneira natural as diferenzas.
- A porta, de Andrés Goteira, ficción (Galicia, 5 minutos, 2010). Un rapaz de mediana idade dorme inmerso nunha profunda tranquilidade nunha casiña próxima a Ribadeo. Uns fortes portazos rompen a súa calma reclamando axuda nun accidente de coche; sen embargo, o accidentado está máis preto do que el pensa…
- Flat Love, de Andrés Sanz, ficción (España, 15 minutos, 2009). Un home, convencido de que o mundo é en realidade plano, namórase dunha muller de dúas dimensións no Museo de Arte Moderno de Nova York.
- En un lugar del cine, de Eduardo Cardoso, ficción (España, 17 minutos, 2009). A curtametraxe é a primeira pedra da historia do cinema.
- I love Luci, de Colin Kennedy, ficción (Reino Unido, 12 minutos, 2010). Comedia sobre a perda duns dentes, o amor non correspondido e o potencial dun can para dar forma á fortuna dunha parella destinada a non estar nunca xuntos.
- Rodilla, de Juanjo Giménez, ficción (España, 16 minutos, 2009). Cromos para axustar contas coa infancia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival On 2010: proxeccións do venres 10 de setembro

Venres2010 09 Festival On 10
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.

Prosegue o Festival On 2010 coa proxección das seguintes curtas:
- On line, de Federico Santillana, animación (Arxentina, 2 minutos, 2009). Un neno e unha nena chatean dende as súas habitacións. Por medio de internet crean unha imaxe virtual deles, de como son ou como lles gustaría ser. Ás veces, por crer que estamos tan conectados, non nos damos de conta do preto que estamos.
- Dous homes e un suicidio, de Iria López, ficción (Galicia, 17 minutos, 2010). Samuel é un mozo algo excéntrico que, levándose pola súa habitual auto-compaixón decide rematar con todo e gravar en vídeo o seu propio suicidio. Nese momento atopa a Ricardo, un home que, aos seus corenta anos, vese sen casa, sen familia e sen traballo e decide tamén quitarse do medio.
- El tránsito, de León Siminiani, documental (España, 12 minutos, 2009). Versión non oficial e clasificada da hora punta e as súas consecuencias na vida do home moderno.
- Ofelia, de Anita Sinkovic, ficción (España, 10 minutos, 2009). Unha tarde de tormenta… Berros, nervios e algún que outro portazo. En plena discusión entre os seus pais, Ofelia, fuxe á rúa buscando ó seu gato que acaba de escapar. Cada un polo seu lado, vagarán polas rúas baixo unha intensa tormenta. Para Ofelia calquera cousa é mellor que soportar o inferno cotiá na casa…
- Amona putz! (A avoa inchable), de Telmo Esnal, ficción (Euskadi, 9 minutos, 2009). Ás veces, os matrimonios que teñen nenos pequenos botan de menos á avoa. Pero só algunhas veces…
- Viejos perdedores, de Rubén Ordieres, ficción (España, 15 minutos, 2009). Unha tarde dos anos trinta, Angelón de Piñeira aparece na casa do seu antigo entrenador, Manuel Quintán, para pedirlle axuda nun derradeiro combate que está decidido a gañar. Pero Quintana sabe que os bos tempos de Angelón – se é que algunha vez os tivo- xa pasaron.
- La historia de siempre, de J. L. Montesinos, ficción (España, 11 minutos, 2009). A conversa telefónica dun home ten en vilo a todos os pasaxeiros dun autobús no que viaxan. El vai axudala a topar algo que deixou esquecido ó facer a maleta. Pero sobre todo, vai a intentar ter unha segunda oportunidade cambiando a vida de todos os que lle rodean.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival On 2010: proxeccións do venres 3 de setembro

Venres2010 09 Festival On 3
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.

Comeza o Festival On 2010 coa proxección das seguintes curtas:
- Pigeon: impossible, de Lucas Martell, animación (Estados Unidos, 6 minutos, 2009). Un axente secreto novato da CIA enfróntase cun problema pouco común: que facer cando unha pomba queda atrapada no teu maletín ultrasecreto.
- O elixido, de Chema Gagino, ficción (Galicia, 16 minutos, 2009). O elixido está desacougado. Leva días sen durmir e está aburrido. Pero non hai nada que o reteña á forza nese cuarto. A parella que o vixía, Edi e Nadia, tamén están nerviosos. Se continúan nese hotel, darán con eles e non poderán cumprir a súa misión. Pero o elixido xa tomou unha decisión.
- Marina, de Álex Montoya, ficción (España, 13 minutos, 2010). É de noite e Marina chora. Un home achégase. Pregúntalle: “Canto?".
- Instalación, de José Díaz, ficción (Galicia, 14 minutos, 2010). Acosada polas críticas, a directora dun museo de arte contemporánea busca unha instalación de urxencia que salve o seu prestixio e o seu financiamento. Sen apenas ter referencias previas acepta acoller a obra dun descoñecido artista. Pero o que ignora é a natureza da instalación.
- Retrato, de Ignacio Busquer, documental (Arxentina, 9 minutos, 2009). Un percorrido a través da labor do artista plástico Jorge Ponce, creador de máis de 3500 obras. A historia dun home que adicou toda a súa vida á arte e a estudar os vellos oficios dos pintores renacentistas e flamencos en pos da procura do seu propio universo.
- Quid pro quo, de Fran Araújo e Manuel Burque, ficción (España, 15 minutos, 2009). Alejo non lembra onde aparcou o seu coche e, mentres o busca, tropeza con Claudia en estrañas circunstancias. A partir dese momento estarán en débeda para sempre: quid pro quo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival On 2010: curtas todos os venres de setembro na Cidade Vella

luns, 30 agosto 2010, 14:42 | Category : audiovisual, cinema
Tags :

Todos2010 09 Festival On os venres de setembro, a partir das 22:00 h., proxectaranse curtas na Praza de Azcárraga. A programación para cada día será a seguinte:
Venres 3 de setembro: Pigeon: impossible, de Lucas Martell, animación; O elixido, de Chema Gagino, ficción; Marina, de Álex Montoya, ficción; Instalación, de José Díaz, ficción; Retrato, de Ignacio Busquer, documental; e Quid pro quo, de Fran Araújo e Manuel Burque, ficción.
Venres 10 de setembro: On line, de Federico Santillana, animación; Dous homes e un suicidio, de Iria López, ficción; El tránsito, de León Siminiani, documental; Ofelia, de Anita Sinkovic, ficción; Amona putz! (A avoa inchable), de Telmo Esnal, ficción; Viejos perdedores, de Rubén Ordieres, ficción; e La historia de siempre, de J. L. Montesinos, ficción.
Venres 17 de setembro: A nena que tiña unha soa orella, de Rubén Coca, animación; A porta, de Andrés Goteira, ficción; Flat Love, de Andrés Sanz, ficción; En un lugar del cine, de Eduardo Cardoso, ficción; I love Luci, de Colin Kennedy, ficción; e Rodilla, de Juanjo Giménez, ficción.
Venres 24 de setembro: O soldadiño de chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde, animación; Empatía, de Carlos Seijo, ficción; Steps, de Barney Cheng, ficción; Todo es maybe, de Asier Urbieta, documental; Por la mañana, e A señora María, de Toño Chouza, ficción; Lost, de Alberto Dorado, ficción; e Voltereta, de Alexis Morante, ficción.
Este é o dossier do Festival on 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google