Carteleira de cinema no Fórum, do 12 ao 14 de xaneiro

"La vida de los peces", La vida de los pecesde La vida de los otrosMatías Bize (Chile, 2011, 83 minutos), N. R. M. de 7 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo La otra orilla. Andrés vive en Alemaña dende hai 10 anos. Regresa a Chile para cerrar o seu pasado antes de asentarse definitivamente en Berlín. Na súa estancia, asiste á festa de aniversario dun dos seus amigos onde redescobre todo un mundo que deixou de ver, incluída Beatriz, o seu grande amor. Este reencontro poderá cambiar a vida de Andrés para sempre. Proxeccións: xoves 12 ás 20:15; venres 13 ás 20:15 e 22:45; sábado 14 de xaneiro ás 17:15 h. e 20:15 horas. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

"La vida de los otros", de Florian Henckel von Donnersmarck (Alemaña, 2006, 137 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo EFA, na Sala Fernando Rey. República Democrática Alemá, 1984.  O capitán Gerd Wiesler (Ulrich Mühe), competente oficial da Stasi, recibe un encargo complexo: espiar a parella formada polo escritor Georg Dreyman (Sebastian Koch) e a actriz Christa-Maria Sieland (Martina Gedeck). A misión cambiará a súa vida sen remedio. Proxeccións: xoves 12 ás 20:30; venres 13 ás 20:30 e 23:00 h.; e sábado 14 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: concerto de Mamá Cabra

martes, 3 xaneiro 2012, 10:25 | Category : concertos, infantil, música
Tags : , ,

Mércores Xa me tardan estes magos4
Fórum Metropolitano
17:00 e 19:00 horas
Entradas: 5 euros.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. "Xa me tardan estes Magos" é o novo traballo desta formación, un disco que xorde coa intención de renovar as panxoliñas. Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas. Este novo traballo publicouse a finais de 2011 da man da editorial Galaxia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Xornadas Navideñas Movemento Xove”, proxeccións do xoves 29

Xoves Xornadas navideñas Movemento Xove29
Fórum Metropolitano

Finalizan as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h. "My Santa".
- 18:30 h.: "Scott Pilgrim vs. the World".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Xornadas Navideñas Movemento Xove”, proxeccións do mércores 28

Mércores Xornadas navideñas Movemento Xove28
Fórum Metropolitano

Proseguen as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h.: "Dr. Horrible's Sing-Along Blog".
- 18:30 h.: "Doctor Who: especial de navidad 2011".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Xornadas Navideñas Movemento Xove”, proxeccións do martes 27

Martes Xornadas navideñas Movemento Xove27
Fórum Metropolitano

Comezan as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h. "K-On - Especial de Navidad".
- 18:00 h.: "Di Gi Charat: Especial de Navidad".
- 18:30 h.: "Pesadilla antes de Navidad".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival de títeres María José Jove: actividades do luns 26 de decembro

Luns 26
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Cuentos contenidos", de Ana I. Roncero. Para público maior de 5 anos. Aos tesouros gústalles xogar connosco a agacharse dentro dos obxectos cotiáns, só hai que saber encontralos...
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "Cinderela Mix", de Artello Teatro. Para público maior de 4 anos. Tres personaxes mostran a súa visión da historia de "Cincenta" a partir dos conflitos cos que se encontran na súa vida cotiá.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “La vida en corto”

La vida en corto

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Kungfundidos”, por Bucanero Teatro

venres, 16 decembro 2011, 10:15 | Category : teatro
Tags : , , ,

Sábado Bucanero Teatro17 ás 20:30 horas
Domingo 18 ás 19:00 horas

Fórum Metropolitano
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos, desempregados, 5 euros).

"Kungfundidos" é unha obra de Bucanero Teatro (Galicia). Dous grandes mestres formados en dous mosteiros secretos do Himalaia, descoñecidos para a civilización occidental, ensinarannos unha nova filosofía que os fixo ser quen son: o "Te Likido". Con Pedro Picos e Xosé Bonome.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: concerto da Coral Polifónica da Gaiteira e Juanjo Villamor

xoves, 15 decembro 2011, 9:15 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Venres Juan José Villamor16
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 5 euros.

Concerto da Coral Polifónica da Gaiteira e Juanjo Villamor, organizada pola Sociedad Recreativa e Instructiva A Gaiteira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum do 15 ao 17 de decembro

mércores, 14 decembro 2011, 10:15 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Hermano", Hermanode Marcel Easy riderRasquin (Venezuela, 2010, 97 minutos), N. R. M. de 12 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Dereitos humanos. Historia sinxela e poderosa de dous irmáns que loitan por se converter en futbolistas profesionais.  Daniel é un dianteiro excepcional, un fenómeno. Julio é o capitán do equipo, un líder nato. A oportunidade das súas vidas chega cando un cazatalentos do Caracas Fútbol Club os convida a unhas probas no equipo. Pero a vida do barrio interponse e unha traxedia sacódeos. Proxeccións: xoves 15 ás 20:15; venres 16 ás 20:15; sábado 17 de decembro ás 17:15 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

"Easy rider", de Dennis Hopper (Estados Unidos, 1969, 94 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Títulos de sempre, na Sala Fernando Rey. Dous mozos motoristas de Los Ángeles emprenden unha viaxe cara a Nova Orleáns.  Atravesan todo o país coa intención de descubrir América. Despois de lle vender cocaína a un home de Los Ángeles, Billy e Wiatt (alias Capitán América) asisten á festa do Mardi Gras. Axiña reinician a viaxe e vanse atopando con personaxes estrafalarias, entre elas un rancheiro e a súa familia, ou un viaxeiro de autoestrada dunha comuna hippie, antes de seren arrestados nun pobiño por parar sen un permiso. Proxeccións: xoves 15 ás 20:30; venres 16 ás 20:30 e 23:00 h.; e sábado 17 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Tocar madera”, de Sudhum Teatro

venres, 9 decembro 2011, 10:00 | Category : teatro
Tags : , ,

Fórum Tocar maderaMetropolitano
Sábado 10 ás 20:30 h.
Domingo 11 ás 19:00 h.

Entradas: 8 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 6 euros).

"Tocar madera" é un espectáculo sobre o Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC), trastorno pertencente ao grupo das desordes de ansiedade, en, a través da mestura de linguaxes escénicas o espectador adéntrase no complexo mundo interior de personaxes que, moitas veces, nos lembran a nós mesmos. Por Sudhum Teatro. Con Luis Andrés Gomes, Natalia Narbón, María Toledo, Pedro Martín, Nicolás Gaude e Irene Ballester, baixo a dirección de Gustavo del Río.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum do 8 ao 10 de decembro

mércores, 7 decembro 2011, 10:00 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Sorstalansag (Sen destino)", Sen destinodeA pantera cor-de-rosa Lajos Koltai (Hungría, 2005, 136 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Dereitos humanos. Narra a propia experiencia do novelista húngaro e Premio Nobel Imre Kertész, quen, aos seus 14 anos, foi deportado ao campo de concentración de Auschwitz. É un relato de formación á inversa, di, posto que conta a vida dun mozo cuxo destino lle foi confiscado. Proxeccións: xoves 8 ás 20:15; venres 9 ás 20:15; sábado 10 de decembro ás 17:15 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

"The pink panther", de Blake Edwards (Estados Unidos, 1963, 113 minutos, V. O. en castelán), dentro do ciclo Títulos de sempre, na Sala Fernando Rey. Un ladrón alcumado "A pantasma" causa pavor nas festas de alto copete pola súa afección a roubar xoias. A tal pantasma non é outro que o adiñeirado e sedutor Sir Charles Litton, quen viaxou ata unha estación invernal na que se aloxa a bela princesa Dala para apropiarse dunha xoia de gran valor chamada "A pantera rosa". A pantasma intentará roubarlla, pero non sospeita que ten como veciño de habitación o inspector Clouseau e a súa amante, a esposa de Clouseau, Simone. Proxeccións: xoves 8 ás 20:30; venres 9 ás 20:30; e sábado 10 ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Vice-versa”, da Compañía Vítor Hugo Pontes, no Ciclo Todo Público

Sábado Vice-versa3
Fórum Metropolitano
17:00 e 19:00 h.
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).

Dentro do Ciclo Todo Público, representación de "Vice-versa", pola compañía Vítor Hugo Pontes (Portugal). Canto tempo falta para ser maior? Aguantar cun dedo debaixo dun pé durante cinco minutos, é moito tempo? Esta é unha historia sen pés nen cabeza... ou con dous brazos, varios dedos, xeonllos, pernas e un nariz, nun proceso que vai acompañando o desenvolvimento do concepto de tempo e crecimento durante a infancia. Con Oana Faria e Mafalda Faria. Dirixida a un público maior de 3 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum Metropolitano do 1 ao 3 de decembro

mércores, 30 novembro 2011, 10:00 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Some voices", Some voicesde Simon Taxi driverCellan Jones (Reino Unido, 2000, 103 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Dereitos humanos. Ray sae do psiquiátrico para vivir co seu irmán maior. A súa nova vida sofre un brusco cambio ao namorarse dunha rapaza embarazada que se move en ambientes pouco recomendables. Proxeccións: xoves 1 ás 20:15; venres 2 ás 20:15 e 22:45; sábado 3 de decembro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"Taxi driver", de Martin Scorsese (Estados Unidos, 1976, 114 minutos, V. O. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Títulos de sempre, na Sala Fernando Rey. Un dos films máis sórdidos e impactantes dos 70. Travis Bickle, veterano de Vietnam e home solitario e introvertido, padece insomnio, o que lle permite conseguir un traballo como taxista nocturno en Nova York. Co tempo, chega a coñecer todos os ambientes da cidade, desde as mansións residenciais aos barrios máis sórdidos. Nunha ocasión, namórase dunha rapariga chamada Betsy ante a mesmísima oficina dun candidato á presidencia. A partir dese día sempre detén o seu coche no lugar indicado, coa esperanza de ver á súa amada. A pesar dos seus desvelos, só obtén resultados cando decide presentarse voluntario na campaña do político para quen ela traballa. Proxeccións: xoves 1 ás 20:30; venres 2 ás 20:30; e sábado 3 ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Caperucita Roja”, por La Baracca (Italia)

venres, 25 novembro 2011, 10:15 | Category : infantil, teatro
Tags : , , , , ,

Sábado Caperucita Roja26
Fórum Metropolitano
19:00 h.
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).

Dentro do Ciclo Todo Público, representación de "Caperucita Roja", pola compañía La Baracca (Italia). Un lobo e unha nena ou unha loba e un neno? O importante é vivir a historia das historias, a historia na que o medo e a coraxe van da man. Baracca pon en escena a súa visión e a súa versión do conto clásico. Con Carlota Zini e Bruno Cappagli, baixo a dirección de Fabio Galanti. Dirixida a un público maior de 4 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google