Carteleira de cinema no Fórum Metropolitano do 24 ao 26 de novembro
"De profundis",
de Miguelanxo
Prado (España-Portugal, 2006, 81 minutos, V. O. en galego), para todos os públicos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Cine e natureza. A viaxe ao fondo do mar dun pintor que sempre quixo ser mariñeiro para navegar entre as medusas, as estrelas de mar e os peixes de mil cores. Unha viaxe para descubrir a emocionante beleza e os misterios das profundidades. Proxeccións: xoves 24 ás 20:15; venres 25 ás 20:15 e 22:45; sábado 26 de novembro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.
"Mr. Nobody", de Jaco van Dormael (Francia, 2010, 142 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 7 anos, dentro do ciclo Terror e ciencia-ficción, na Sala Fernando Rey. Nemo Nobody, un home de 118 anos no ano 2092, é o último mortal nun mundo de persoas inmortais grazas aos avances científicos. No seu leito de morte, revive todas as vidas polas que puido pasar. Proxeccións: xoves 24 ás 20:30; venres 25 ás 20:30; e sábado 26 ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Debido á súa longa duración só se emitirá ás 20:30 horas os tres días.











Yang Yaning (China, 2006, 101 minutos, V. O. S. en castelán), apta para todos os públicos, na Sala Marilyn Monroe. O veterano xuíz Feng (Li Bastian) percorre as abruptas montañas do suroeste rural chinés presidindo un xulgado ambulante. Na súa tarefa de mediar entre os pequenos conflitos dos labregos acompáñao a súa secretaria e un mozo maxistrado (Lu Yulai) que se está preparando para substituílo. Proxeccións: xoves 27 ás 20:15; venres 28 ás 20:15 e 22:45; sábado 29 de outubro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.
de Lee Chang-Dong
(Corea do sur, 2010, 140 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 7 anos, na Sala Marilyn Monroe. Nunha pequena cidade da provincia do Gyeonggi, dividida polo río Han, Mija vive co seu neto, que está no colexio. É unha muller excéntrica, chea de curiosidade, que goza coidando o seu aspecto e exhibe chapeus con motivos florais e vestidos con vivas cores. O azar lévaa a asistir a cursos de poesía na casa da cultura do seu barrio e, por primeira vez na súa vida, a escribir un poema. Busca a beleza na súa contorna habitual, á que non prestara ningunha atención especial ata ese momento. Finalmente, ten a impresión de descubrir cousas que sempre viu e iso encántalle. Con todo, prodúcese un suceso inesperado que lle fai darse conta de que a vida non é tan fermosa como cría. Proxeccións: xoves 20 ás 20:15; venres 21 ás 20:15 e sábado 22 de outubro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Debido á longa duración, proxectarase só na sesión das 20:15 horas.














