Forumfolk: concerto de Projecto ['trepia]

luns, 9 maio 2011, 10:22 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Luns Projecto trepia9
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 3 euros).

Dentro do Ciclo Forumfolk, concerto de Projecto ['trepia]. Grupo que nace en Pontevedra no 2008, aglutinando nun só espectáculo música tradicional e electrónica, danza tradicional e videocreación. Trepia crea unha descontextualización deste agora, arrastrando o pasado galego en forma de paladeo. Os recursos empregados son o "sambleo" de bases, a utilización da zanfona electro-acústica e, como non, voces e percusión. Os pasos, as voces, os sons, as repeticións, a choiva, lembrarannos os tempos que vivimos e aqueles que nos contaron.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk 2011: concerto de Maghúa

luns, 11 abril 2011, 11:05 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Luns Maghúa11
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 3 euros).

Dentro do Ciclo Forumfolk, concerto de Maghúa. Este grupo comezou a súa andaina a finais do 2006, formando un grupo de mozos inquietos e preocupados por recuperar e transmitir parte do patrimonio inmaterial da nosa terra. Tocaron por toda Galicia, España, Portugal e Suíza, levando a festa con sentido, intentando achegar ao público os sons do noso pobo e provocando o baile.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk 2011: Foliada participativa

Luns 7
Fórum Metropolitano
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo Forumfolk, Foliada (concerto participativo), coa presenza de Os Gaiteiriños, Grileiros, Asociación Cultural Donaire, Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, Cántigas da Terra e Maghúa. Ramiro Neira será o mestre de ceremonias desta tarde-noite de festa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk 2011: concerto de Davide Salvado, presentando “Árnica Pura”

luns, 14 febreiro 2011, 12:10 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Luns 14
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 3 euros).

Retómase o ciclo Forumfolk neste 2011 con Davide Salvado, que nos presenta en "Árnica Pura" unha mestura interesante de estilos que el mesmo define como música orgánica e romántica. Actuará en formato de quinteto (guitarra, saxo, acordeón, batería e voz).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Nadal 2010

As 2010-12 CARTAZ cantos de nadalfestas en Galiza teñen un compoñente imprescindible: o canto. Non hai festa na que os participantes non rematen cantando. Así vén sucedendo desde séculos. O mesmo ocorreu co tempo do Nadal, ocasión propicia para converter a noite nunha manifestación de alegría colectiva e ilusión. Ao longo de xeracións foise transmitindo oralmente esta tradición, estes cantos que a Igrexa reconverteu en cantigas pagano-relixiosas que chegan até os nosos días. Coa intención de recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal, desenvolveranse obradoiros, dirixidos por Pablo Díaz e Olga Kirk, nos seguintes lugares e datas, que darán lugar ao Concerto Participativo no Forumfolk do 20 de decembro:
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal de Monte Alto, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal do Castrillón, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 12:30 h. na Biblioteca Municipal dos Rosales, con Olga Kirk e Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 19:30 h. na Asociación Tempos Novos.
- Mércores 15 ás 18:00 h. no Fórum: Obradoiro conxunto.
- Luns 20 ás 19:00 h. no Fórum. Ensaio xeral.
- Luns 20 ás 20:00 h. no Fórum. Concerto Participativo de Cantos de Reis, dentro do Ciclo Forumfolk.
Máis información neste arquivo: Cantos de Nadal 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: concerto de Riobó

Luns atta059615
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos, desempregados, 3 euros).

No ciclo Forumfolk chega o turno do grupo Riobó, un quinteto acústico composto por músicos cunha sólida traxectoria desenvolvida durante anos en diversos proxectos e formacións. Está composto por Begoña Riobó (violín) de cuxo apelido recolle o seu nome, Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzuki) e Fernando Pérez (frautas e requinta) á que suman a experiencia de múltiples traballos discográficos con outras agrupacións e centos de actuacións en directo nos escenarios máis importantes de todo o mundo. O fin deste novo proxecto, que estrean no Forum Metropolitano, é a música en directo, sendo fieis á orixe da música tradicional galega, que é a de servir ao baile; para este labor Riobó céntrase na interpretación de melodías tradicionais galegas, xa recollidas nos cancioneiros ou propias do repertorio dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas. Riobó recreo un modo "clásico" de facer música folk, priorizando no seu son o carácter interpretativo e armónico, fusionando o estilo dos vellos gaiteiros co carácter dos primeiros grupos folk europeos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: Tonecho Castelos e Pablo Esqueira

venres, 15 outubro 2010, 12:11 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Luns Tonecho  Pablo118
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, 3 euros).

No seu concerto de outubro o ciclo Forumfolk, adicado a presentación de novos proxectos de traballos de música tradicional e folk, o dúo formado por Tonecho Castelos e Pablo Esqueira presentará, no entorno dun café-teatro no Fórum, o seu primeiro traballo, un fermoso diálogo entre un violín e un acordeón. Este dúo creouse no ano 2008 como alternativa a formacións grandes. Partindo desta formación, curiosamente non moi habitual na música galega, presenta unha proposta folk elegante con moita complicidade inspirada en temas tradicionais e de autor, engadindo outros instrumentos e a voz ó longo do seu concerto. Para esta estrea contarán coas colaboracións de Pablo Vergara (bodhran) e as cantarieras de Queiroa (Sada).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: “Coplas para Icía”, concerto de Xabier Díaz

Luns 13
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, 3 euros).

En "Coplas para Icía" (2007), Xabier Díaz (A Coruña, 1969), rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do extenso traballo de campo que el mesmo leva a cabo entre os anos 1990 e 2000, tendo como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias, acordeonista e tamén membro da Compañía Nova Galega de Danza. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“FOLK FUSIÓN” de Bellónmaceiras Quinteto, no Forum

luns, 19 abril 2010, 11:05 | Category : música
Tags : , ,

O luns 19, dentro do ciclo Forumfolk, BELLÓNMACEIRAS QUINTETO: "FOLK FUSIÓN". Será ás 21:00.
Entradas: 5 € (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, 3 €)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk 2010: concerto de Tiruleque

venres, 26 marzo 2010, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Hoxe ás 21 horas o Fórum Metropolitano acolle o concerto da banda Tiruleque dentro do ciclo Forumfolk 2010. Tiruleque parte das fontes da tradición musical galega, mais combínaas con outras moitas influencias para producir un son moi persoal afastado de etiquetas. Reinterpretan a tradición e recorren a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais, botando man da riqueza dos instrumentos que esta música nos ofrece. A banda coruñesa está formada actualmente por Antón Bueno (contrabaixo, gaita e coros), Álex Fente (acordeón e coros), Pablo Pintor (clarinete, gaita, pito galego, triángulo e voz), Fernando Román (saxo, clarinete, gaita e coros), Miguel Horjales (caixa, percusións e coros) e Luis García (bombo con pratos, percusións e coros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: Foliada de Entroido

xoves, 11 febreiro 2010, 23:00 | Category : concertos, música
Tags :

FoliadaForumSouto
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórumfolk 2010: Iván Villar e Nelson Quinteiro, Contra2

domingo, 24 xaneiro 2010, 21:00 | Category : concertos, danza, música
Tags : , , ,

contra2

Mañá luns 25 de xaneiro ás 21 horas no Fórum Metropolitano arranca unha nova edición de Forumfolk coa actuación de Iván Villar e Nelson Quinteiro, Contra2. O seu espectáculo Danza e contradanza é unha proposta innovadora de canto e danza tradicional galega arredor da voz e o corpo. A través da voz, mesturada en directo con escenas sonoras e efectos musicais e de son, faise un percorrido polo mundo tradicional dos oficios, o amor, o desamor…que se ve plasmado nunha nova danza tradicional fusionada con pinceladas doutro tipo de movementos.


Fragmento presentado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Tedes máis información sobre a función e os artistas no espazo dedicado a Fórumfolk deste blog. O prezo das entradas é de 5 € (3 € para maiores de 65 anos, usuarios de carné xove e desempregados).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe no Fórum, concerto participativo de Cantos de Nadal

martes, 22 decembro 2009, 11:00 | Category : concertos, música
Tags : ,


Actuación da Asociación Donaire no concerto de Cantos de Nadal 2008

A partir das 20 horas dentro do ciclo Forumfolk, concerto de Cantos de Nadal, con entrada libre. Vén e canta connosco!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de Donaire no ciclo Forumfolk

luns, 25 maio 2009, 10:30 | Category : concertos, música
Tags : , ,

donaireO Forum Metropolitano presenta no seu concerto de maio do ciclo Forumfolk Con Canto Donaire, unha proposta musical que inicia o grupo de pandereteiras Donaire tratando de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando. Estas seis rapazas que proveñen das Mariñas e a Mariña lucense, conflúen na Coruña cun interese común de grande peso: a nosa música de raíz. Dende o seu inicio foron dirixidas por Olga Kirk e actuaron en escearios moi diversos onde alcanzaron numerosísimos premios en todos os festivais e concursos do país, o cal lles levou a cantar por toda a xeografía galega. Participaron ademais na gravación de dous CDs, Cantos vellos para rapaces novos (2001) e Dálle donaire ao corpo (2006). Nesta nova andaina estas seis mulleres intentan encaixar dende as raíces da tradición, as súas diferentes tesituras vocais, gustos musicais e experiencias vitais, como se se tratase das pezas dun puzle, para chegar a variados resultados estético-musicais en cada peza. Compoñen Donaire Helga Vázquez R., Iria Penabad, Graciela Carral, Rocío Carral, Olga Kirk e Lucía Vázquez Q. Para poder expresar a súa inquietude musical contarán coa axuda de Gutier Álvarez (zanfona e programacións), Pablo Díaz (clarinete e percusións), Pablo Aller (guitarra), Ismael García (percusións e gaita) e Natalia Pérez (percusións). O seu concerto terá lugar hoxe luns 25 de maio ás 21 horas no Fórum Metropolitano. O prezo das entradas é de 5 euros (3 euros con carne xove, + 65 anos e desempregados).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: ARRÁS

venres, 24 abril 2009, 15:49 | Category : concertos, música
Tags : ,

O vindeiro luns 27 ás 21 horas o auditorio do Forum Metropolitano acollerá no marco do seu ciclo Forumfolk a presentación do traballo discográfico Asumindo riscos, o primeiro disco do grupo folk ARRÁS no que o grupo condensa as diversas tendencias musicais e sonoras que o caracterizan. ARRÁS nace a finais do ano 2004 como un grupo de amigos estudantes que deciden facer a música que lles gusta. Sen dúbida a ideosincrasia do grupo refléxase na súa música, un auténtico "potaxe galego" froito das diversas influencias dos seus integrantes. Manteñen unha liña de traballo definida; a base do seu repertorio son as composicións propias, que en ocasións o grupo mestura en perfecta sintonía coa música tradicional e popular. ARRÁS foi gañador do VI Concurso Folk organizado por Radio Obradoiro grazas ao cal levaron a súa música ao longo destes anos por algúns dos máis representativos escenarios e festivais galegos (Teatro Principal de Compostela, Teatro de Viveiros, Viveifolk, Festival folk de Guísamo, Festival folk da praia de Ézaro, Festa do Queixo...) e compartiron escenario e vivencias con grupos de renome: Kepa Junquera, Cristina Pato, Leilía, Susana Seivane, Brath, Faltriqueira... ARRÁS está formado por seis compoñentes de diversa procedencia, todos eles curtidos no mundo da música dende moi novos e unidos cun obxectivo común: desfrutar coa boa música. O prezo das entradas é de 5 euros (3 euros para xente nova con carné xove, maiores de 65 anos e desempregados).

A banda: Manu Abraldes: baixo eléctrico e acústico; Rocío Jiménez: voz; David Bellas: gaitas, saxos tenor e soprano e frautas; Pablo Gómez: piano, teclados e voz; Michel Ribadulla: guitarras acústica e eléctrica; Dani Díaz: batería e percusión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google